• Nuevas rampas Vigo
  • Encontronazo Caballero y vecina
  • Bono Activa Comercio
  • Masterchef en Galicia
  • Ikfem de Tui
  • Pisos Vigo
  • Nuevo local Vigo
  • Nueva tapería Vigo
  • Termas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un congreso reunirá en Vigo especialistas do munda da enxeñaría sostible e xeotecnoloxía ambiental

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
04/04/2025

O 6º Congreso Internacional EGRWSE-2025 reunirá no mes de xuño en Vigo expertos e expertas de todo o mundo para explorar solucións innovadoras fronte ao cambio climático e avances en economía circular e prácticas de enxeñería sostible. O evento, organizado polo Grupo BiotecnIA da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade de Illinois en Chicago e o Instituto Nacional de Tecnoloxía de Jalandhar, presentouse oficialmente na mañá deste venres na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo, entidade patrocinadora do evento xunto co Concello de Vigo.

Como explicaba Claudio Cameselle, catedrático do Departamento de Enxeñaría Química e responsable da organización, o 6th International Conference on Environmental Geotechnology, Recycled Waste Materials and Sustainable Engineering terá lugar entre o 11 e o 14 de xuño na Escola de Enxeñería Industrial e na sede da Zona Franca de Vigo. Será a primeira vez que esta simposio se celebre en España e “ofrecerá unha plataforma única para avanzar no coñecemento da xeotecnoloxía ambiental e a enxeñaría sostible, promovendo a colaboración e o intercambio cultural entre os participantes internacionais”. Ata o momento, o comité organizador xa recibiu 316 comunicacións e 180 artigos de investigadores de 38 países, o que “supera todas as nosas expectativas, duplicando as nosas previsións”. Respecto da asistencia, o prazo de inscrición está aberto, pero como adiantaba Cameselle, agárdanse entre 200 e 220 especialistas e estudantes de países de países de África, Europa, Oceanía, América e Asia, dende Noruega ou Nixeria ata Camerún, China, EEUU, Xapón, Corea ou Rusia. “Isto supón unha participación 2,5 veces superior a calquera edición anterior”.

Másnoticias

Foto: UVigo

Estas son todas las graduaciones del Campus de Vigo este mes de junio

04/06/2025

Un novo libro debulla a historia de Teis a través de máis 150 topónimos

03/06/2025

Un momento clave na loita contra o cambio climático

No acto de presentación deste venres, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, incidiu na importancia de colaborar e tecer redes con eventos deste tipo, “porque xuntos somos máis fortes, estamos nun curruncho de Europa e somos un país pequeno, pero temos que fortalecernos facendo causa común entre o público e o privado, entre a administración e a academia, e con este congreso estamos predicando co exemplo”. Tamén subliñou Reigosa a oportunidade que ten Vigo para converterse nunha cidade de congresos, “temos que sacarlle partido a todo o potencial” que ten a cidade e para iso “contamos cunha Universidade forte, unha escola como a EEI que é un referente internacional, e grupos de investigación potentes como o que dirixe Claudio Cameselle”.

David Regades, delegado do Estado no Consorcio Zona Franca, felicitou á organización por traer a Vigo un evento que, “no momento no que estamos, vai supoñer un debate enriquecedor” que permitirá analizar “solucións innovadoras fronte ao cambio climático”. Neste sentido, detallou que a xeotecnoloxía ambiental é “un campo interdisciplinar que busca solucións sostibles para problemas ambientais e faino mediante o uso de tecnoloxías avanzadas e materiais innovadores” e avanzou que o congreso será “un fito para España e para a cidade e suporá novos avances para expertos e investigadores en temas que están determinando o mundo que queremos deixar”.

Neste aspecto de multidisciplinariedade incidiu tamén a tenente de alcalde e docente da UVigo, Ana Mejías, nunha intervención na que puxo o foco nas novas correntes negacionistas do cambio climático. “Hai forzas que se intentan impoñer e reman noutra dirección” e neste contexto é o mundo académico, científico e tecnolóxico o que “asume o rol de ser tractores e impulsores para que se impoña a cordura e a racionalidade para seguir traballando para mitigar o impacto que a actividade humana ocasiona no planeta”. A este respecto, sinalou que encontros coma este, con especialistas de todo o mundo, serven para tecer colaboracións e unir esforzos de xeito transversal. Tamén José Fariña, director da EEI, agradeceu ao comité organizador “o esforzo que supón traer a Vigo” un congreso coma este “que axuda a poñer a escola e a cidade no mapa”.

Unha edición máis mutidisciplinar e aberta

O congreso EGRWSE botou a andar en 2018 da man dos profesores Krishna R. Reddy, da University of Illinois Chicago e Arvind K. Agnihotri, do NIT Jalandhar, India. Tras dúas edicións en India e cadansúa en EEUU, Turquía e Polonia, neste 2025 será a primeira vez que se celebre en España. Como explica Cameselle, as cinco edicións previas “foron eventos altamente exitosos, abordando investigacións de vangarda en enxeñaría sostible, uso de materiais reciclados en industria e infraestruturas ou a presentación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento sostible en infraestruturas, enerxías renovables e enxeñaría ambiental, dentro do contexto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas”.

Sobre esta nova edición, Cameselle recalca que, aínda que o congreso está moi orientado aos residuos sólidos, solos ou xeotecnoloxía, “decidimos ampliar o foco cara outras solucións interesantes como as biotecnoloxías e as solucións baseadas en procesos biolóxicos e naturais, e incluso cara a educación, para transmitir todo este coñecemento innovador aos centros educativos”. Será, engadía o docente, “unha excelente oportunidade para presentar investigacións orixinais, debater sobre problemas globais urxentes e participar en intercambios significativos para promover prácticas de desenvolvemento sostible”. Neste sentido, engadía que ademais de obradoiros e presentacións a cargo de “destacadas figuras en economía circular, resiliencia climática e desenvolvemento sostible”, haberá tamén oportunidades de colaboración e networking con profesionais, investigadores e estudantes.

Por outra banda, Cameselle tamén resalta as oportunidades de difusión, xa que os traballos presentados publicaranse en tres libros de actas da man da editorial Springer Nature e serán indexados nas principais bases de datos científicas: Web of Science e Scopus.

Cursos, comunicacións e visitas

No primeiro día do simposio, o 11 de xuño, desenvolverase na sede da Zona Franca un curso de especialización en sostibilidade e resiliencia destinado a profesorado e profesionais interesados na docencia, formación e aplicación destes conceptos no ámbito académico. O día 12 o congreso trasladarase á EE Industrial con presentacións maxistrais e invitadas e sesións técnicas paralelas. O terceiro día continuarán as presentacións maxistrais e invitadas e terá lugar a sesión de pósteres. O derradeiro día resérvase para un percorrido técnico pola ría e as illas Cíes como exemplo de prácticas sostibles e resilientes.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Grupos de Emergencias
Enfoque

Muere una persona tras chocar con su coche contra un autobús en Salvaterra

...

PorMetropolitano
04/06/2025
Foto: UVigo
Enfoque

Estas son todas las graduaciones del Campus de Vigo este mes de junio

...

PorMetropolitano
04/06/2025
Enfoque

Convocan concentraciones en toda Galicia el 12 de junio ante las "inaceptables" listas de espera

...

PorEuropa Press
04/06/2025
Enfoque

Familias del CEIP Chans Bembrive se quejan del estado del centro, del que se hará cargo el Concello

...

PorEuropa Press
04/06/2025
Enfoque

Un novo libro debulla a historia de Teis a través de máis 150 topónimos

PorMetropolitano
03/06/2025

A vinculación coa auga marca os topónimos desta parroquia vigueses. O libro, xa dispoñible, pódese descargar gratis

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X