Alertas
jueves, 7 de julio 2022
No Result
View All Result
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano.gal
Home Enfoque

Un estudo da UVigo pon luz á procura das mutacións raras da Covid-19 a pequena escala

Un estudo da UVigo pon luz á procura das mutacións raras da Covid-19 a pequena escala

UVIGO

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/04/2022

A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade. É por isto que un equipo de investigadores do proxecto Epicovigal, iniciativa que engloba 11 equipos de investigación dos sete centros hospitalarios de referencia de Galicia, dos tres institutos de investigación sanitaria, as tres universidades galegas e o Cesga, quixo comprobar se empregando unhas técnicas máis precisas, que permiten detectar mutacións raras do virus, eran quen de determinar a ruta de contaxios a pequena escala.

O investigador, que coordina o consorcio Epicovigal, explica que a comprensión detallada de como e cando se produce a transmisión da síndrome respiratoria aguda grave do SARS-CoV-2 é fundamental para deseñar medidas de prevención eficaces. Neste contexto, a secuenciación do xenoma ofrece información epidemiolóxica complementaria ás técnicas máis tradicionais como rastrexo de contactos.

Másnoticias

La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible

La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible

06/07/2022
Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural

Tres estudantes de Educación Primaria optan a ser futuros os “transformadores” da escola rural

05/07/2022

Os resultados deste estudo acaban de ser publicados pola revista Virus Evolution e, como explica o catedrático e investigador do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da UVigo David Posada, constatan que a diversidade xenómica do SARS-CoV-2 é útil para delimitar diferentes gromos dentro dunha cidade como Vigo.

Na procura das mutacións raras en 49 pacientes de Vigo

Neste estudo, o equipo formado por científicos do Cinbio, dos Servizos de Microbioloxía e  Medicina Preventiva do CHUVI e da Rice University, secuenciou corenta e nove mostras de pacientes con SARS-CoV-2 procedentes de residencias de anciáns, fogares familiares e festas de aniversario na cidade de Vigo. “Queríamos ver se con técnicas xenéticas un pouco diferentes, como se fose unha lupa de maior aumento, éramos capaces de detectar mutacións raras do virus e, a través delas, distinguir as rutas de contaxio a pequena escala”. Explica o catedrático da UVigo que “cando o SARS-CoV-2 infecta unha persoa, se multiplica nas células e pode sufrir mutacións que só aparecen nunhas poucas partículas virais dos miles de millóns que poden vir a ser no pico da infección”. Cando esa persoa infecta a outra, “esas mutacións máis raras, e que chamamos intrahóspede, poden transmitirse ou non, dependendo da súa  frecuencia, e do azar”. Neste estudo, tratouse de comprobar se, efectivamente, esas mutacións raras “pasan ou non dun individuo a outro e estudar a través delas se é posible determinar a ruta de infección a pequena escala e o colo de botella de transmisión, é dicir, cantas partículas virais son as que establecen a infección”.

Neste proceso, os científicos aplicaron técnicas xenómicas máis precisas a unha serie de casos sobre os que existía información de rastrexo, de modo que os resultados do estudo xenético puidesen ser contrastados coa información epidemiolóxica. É dicir, explica Posada, “traballamos de maneira agnóstica para coñecer como foi a ruta de contaxio e comparar os resultados co que deduciu o epidemiólogo, co obxectivo de ver se só con datos xenéticos seríamos capaces de entender quen infecta a quen”.

Os resultados obtidos constatan que “para unha cidade como Vigo, do seu tamaño e características, somo quen de distinguir entre diferentes gromos só con datos xenéticos”. Isto permitiría, por exemplo, determinar se dentro dunha residencia de anciáns con 50 persoas infectadas, todos os contaxios proceden da mesma fonte. “Lamentablemente”, engade Posada, “o que non seguirmos foi determinar dentro de cada un deses gromos a orde dos contaxios, xa que a taxa de mutación do virus non é tan rápida”, o que impediu na maioría dos casos a identificación inequívoca de eventos de transmisión directa.

O colo de botella da transmisión é moi pequeno

Outro dos resultados máis destacables do estudo é que os científicos galegos foron quen de confirmar o tamaño do colo de botella da transmisión. Non estaba claro, como explica o catedrático David Posada, se no proceso de transmisión da covid a infección se produce a partir de miles de partículas virais que pasan dunha persoa a outra, ou se, polo contrario, son poucas as que pasan e se multiplican con éxito. Finalmente, os nosos datos permiten demostrar que “os colonizadores exitosos son moi poucos”. De feito, dos miles de millóns de partículas virais que pode ter unha persoa contaxiada, se esta contaxia a outra “só transmite con éxito, é dicir, que xeran infección, unha, dúas ou tres partículas virais”, o que se coñece como colo de botella da transmisión. “Isto é compatible, aínda que non é unha proba definitiva, co predominio do contaxio mediante aerosois”.

Tags: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Más noticias

Tui renovará sus piscinas al aire libre e incluirá una zona infantil con juegos “de lluvia”
Enfoque

Tui renovará sus piscinas al aire libre e incluirá una zona infantil con juegos “de lluvia”

...

PorAlba Rodríguez
07/07/2022
El área de Vigo roza los 40ºC y el calor continuará tras dos semanas de temperaturas disparadas
Enfoque

Aviso amarillo en las Rías Baixas y concellos del Miño por temperaturas extremas de hasta 38ºC

...

PorMetropolitano
07/07/2022
Caballero pone fecha a la apertura del túnel de Lepanto que conecta Vigo con la AP-9
Enfoque

Caballero asegura que los túneles de acceso a la estación de buses estarán listos para el 31 de julio

...

PorÁngel Vila
07/07/2022
La feria vegana de Galicia logró reunir a más de 12.000 personas en Vigo en su segunda edición
Enfoque

La feria vegana de Galicia logró reunir a más de 12.000 personas en Vigo en su segunda edición

...

PorAlba Rodríguez
07/07/2022
La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible
Enfoque

La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible

PorEuropa Press
06/07/2022

El eje central de trabajo del centro es la sostenibilidad "entendida en un sentido amplio, es decir, no solo desde el punto de vista económico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X