• Aldi en Vigo
  • Precio entradas Castrelos
  • CC Gran Vía Vigo
  • Cambio pacientes Povisa
  • Novedades Balaídos
  • Sons do Casco 2026
  • Vigo SeaFest
  • Trenes Turísticos
  • Malú Vigo entradas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
15/10/2025

Un equipo internacional participado pola Universidade de Vigo realizou un estudo que tivo como obxectivo analizar “que ocorre cos excesos de auga doce (evaporación menos precipitación) que se producen nos océanos e que, debido ao cambio climático, serán cada vez máis frecuentes”. Nel, demostran como nas últimas décadas téñense intensificado estes excesos e como migran cara a terra, cara os continentes.

No estudo participou persoal investigador da Universidade de Vigo, da China University of Geosciences de Wuhan, das universidades de Oxford e Reading (Reino Unido) e da de Princeton (EEUU). Por parte da UVigo participou o catedrático Luis Gimeno, membro do grupo de investigación do campus de Ourense Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-CIM); do Grupo de Investigación do Sistema Climático UVigo-Cesga e da Unidade Asociada da UVigo ao CSIC chamada Grupo de Física da Atmosfera e do Océano. Esta colaboración internacional é froito e súmase á dilatada e recoñecida traxectoria investigadora de EPhysLab en diagnose e modelización do clima.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

Dentro do obxectivo xeral de estudar que ocorre cos excesos de auga doce que se producen nos océanos, esta investigación céntrase en afondar en como migran estes excesos, onde chegan e como poden afectar á precipitación sobre os continentes. Os seus resultados foron publicados nun artigo titulado Excess water availability in northern mid-high latitudes contiguously migrated from ocean under climate change na revista internacional Science Advances.

Sobre a pertinencia e relevancia de abordar esta temática, os autores do estudo sinalan nel que “a dispoñibilidade de auga terrestre sustenta os medios de vida, o desenvolvemento socioeconómico e os ecosistemas” pero, advirten, “a pesar de comprender as contribucións da humidade oceánica aos extremos hidroclimáticos terrestres, aínda non está claro se os excedentes de dispoñibilidade de auga terrestre migran directa e contiguamente desde o océano nin a influencia do cambio climático neste proceso”.

Pasado, presente e futuro

No traballo, o equipo internacional analizou computacionalmente a evolución espazo-temporal dos excedentes de dispoñibilidade de auga de océano a terra, empregando para iso diversos modelos de simulación climática tanto de carácter histórico (abranguendo desde o ano 1921 a 2020) como de proxeccións de futuro (ata o ano 2100). “En palabras sinxelas, no estudo calcúlanse rexións oceánicas onde a precipitación sobre elas excede a evaporación, e despois como ese excedente de auga se propaga espacialmente ata alcanzar rexións continentais, sendo posteriormente responsable de precipitacións nestas áreas continentais. Isto faise para clima pasado e presente e para escenarios de futuro”, resume o investigador da UVigo.

Entre as conclusións do estudo realizado, Luis Gimeno indica que “observouse que nas últimas décadas, especialmente nas latitudes medias e altas do hemisferio norte (por riba de 48°N), estes excesos de auga doce oceánica amosaron unha maior persistencia, extensión e intensidade que os excesos de auga doce desenvolvidos unicamente sobre terra”. Tamén se observou, engade, que estes excesos de auga doce oceánica migraban cara a terra e que estas migracións están asociadas a distintos patróns de teleconexión atmosférica moi coñecidos no Atlántico e no Pacífico”.

Así mesmo, empregando distintos modelos CMIP6, que son os modelos climáticos utilizados no último informe do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático (IPCC), na investigación observouse “unha intensificación destes procesos de migración co cambio climático, o que aumentará notablemente a súa influencia sobre os patróns de precipitación sobre os continentes, tanto por causas dinámicas (relacionadas con cambios na circulación da atmosfera) como termodinámicas (relacionadas co aumento da humidade na atmosfera)”. Estes cambios nos patróns de migración, comenta o físico da UVigo, “poden ter unha grande influencia nos patróns rexionais de precipitación e seca a longo prazo”.

A participación do catedrático Luis Gimeno centrouse neste estudo na avaliación dos mecanismos de transporte de humidade e a diferenciación do mecanismo proposto neste traballo (propagación espacial do excedente de precipitación menos evaporación) doutros mecanismos de escala espacial e temporal menor, como os ríos atmosféricos, jets de niveis baixos e ciclóns tropicais. Ademais, participou na interpretación global dos resultados.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Inditex ya presenta en pleno centro de Vigo su nueva tienda 'flagship'
Enfoque

La flagship de Oysho en Vigo ultima su apertura y su antigua tienda ya tiene nuevo inquilino

...

PorÁngel Vila
05/06/2026
Reabre en pleno centro de Vigo un popular local con "terraza al mar", tres ambientes y música
Enfoque

Reabre en pleno centro de Vigo un popular local con "terraza al mar", tres ambientes y música

...

PorAlfredo Teja
05/06/2026
En marcha una nueva macroárea comercial en Vigo con Aldi y 14.000 metros de tiendas
Enfoque

Vigo allana el futuro del centro comercial que albergará Aldi, Jysk y Pepco

...

PorAlfredo Teja
05/06/2026
Proyectan en Salceda un gran Centro de Negocios con oficinas, coworkings y salas de reuniones
Enfoque

Proyectan en Salceda un gran Centro de Negocios con oficinas, coworkings y salas de reuniones

...

PorPaula Carballo
05/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jun(jun 3)18:0007(jun 7)21:30Festa da Coca de RedondelaFIESTAS | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X