• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un estudo liderado pola UVigo realza o posible vínculo entre o clima e a evolución dos dinosaurios

Un estudo liderado pola UVigo realza o posible vínculo entre o clima e a evolución dos dinosaurios
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/05/2024

Os dinosauros, a diferenza dos seus curmáns réptiles máis próximos, como os crocodilos, desenvolveron a capacidade de regular a súa temperatura corporal. Pero como e cando apareceron estas adaptacións son dúas preguntas sen resposta na evolución destes animais prehistóricos. A elas achega algunhas respostas un artigo publicado hoxe mércores na revista 'Current Biology', froito do traballo dun grupo internacional, liderado por Alfio Chiarenza e Sara Varela, investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

A termorregulación é unha importante característica biolóxica herdada polo único grupo de dinosauros vivos: as aves, e grazas a ela, estas constitúen o gran grupo animal que vive na actualidade que mellor se adapta ás diferentes condicións climáticas da Terra. Como relatan os científicos, algúns dinosauros desenvolveron a capacidade de vivir e aniñar en rexións polares frías, o cal deu lugar á intrigante cuestión sobre as orixes do seu sangue quente.

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Rosalía, Almudena Grandes o Buero Vallejo, los otros "protagonistas" del inicio de la PAU en Galicia

Rosalía, Almudena Grandes o Buero Vallejo, los otros "protagonistas" del inicio de la PAU en Galicia

02/06/2026

“A homeotermia (mantemento dunha temperatura corporal constante) e a endotermia (xeración de calor corporal) deben ter evolucionado, polo menos, en dous grupos de dinosauros que habitaban esas contornas frías máis duras: os ornitisquios herbívoros (entre os que se atopan o Estegosaurio e o Triceratops) e os terópodos, na súa maioría carnívoros (como o Tiranosaurio rex e o Velociraptor), entre os que tamén se atopan as aves”, explican Alfio Chiarenza e Sara Varela, investigadores do equipo Mapas Lab.

No artigo publicado en Current Biology, e como resultado de combinar datos fósiles con árbores filoxenéticas e modelos paleoclimáticos, o equipo investigador demostrou que os ornitisquios e os terópodos diversificáronse nunha ampla gama de climas, ocupando tamén ambientes máis fríos, mentres que os sauropodomorfos herbívoros de pescozo longo mostraron un prolongado conservadorismo climático asociado a ambientes máis cálidos. Segundo os autores do estudo, este feito suxire que estes últimos mantiveron unha fisioloxía de sangue frío máis fortemente dependente de temperaturas externas máis elevadas.

A análise realizada mostra ademais que a diverxencia nas preferencias climáticas dos dinosauros coincidiu co chamado evento Jenkyns, un episodio de quecemento global do Xurásico Temperán hai 183 millóns de anos aproximadamente, que foi seguido pola diversificación de moitas liñaxes de dinosauros, incluíndo a aparición dos dinosauros emplumados. Probablemente producíronse outros cambios claves nas preferencias climáticas durante o Máximo Térmico do Cretácico, un episodio posterior da temperatura (hai 90 millóns de anos aproximadamente), o que apunta a un papel crítico da adaptación durante eventos hipertermais no pasado xeolóxico.

Un vínculo entre o clima e a evolución dos dinosauros

Os resultados obtidos nesta investigación achegan novos coñecementos sobre a orixe da regulación térmica única das aves, suxerindo que a evolución do seu metabolismo activo probablemente comezou a principios do Xurásico, un período crucial para a evolución dos pequenos dinosauros emplumados. Un metabolismo activo podería supoñer unha vantaxe para acelerar o desenvolvemento das especies con plumas máis pequenas, ás que lles resultaría máis fácil sobrevivir que aos seus antepasados máis primitivos, grandes e de desenvolvemento máis lento, especialmente tras crises ambientais como a de Jenkyns.

“Estes achados poñen de relevo un posible vínculo entre o clima e a evolución dos dinosauros, ofrecendo novas pistas sobre as orixes dinosauranas das aves e a ampla diversidade de estratexias termofisiolóxicas adoptadas polos dinosauros mesozoicos”, apunta Sara Varela, investigadora Oportunius e coordinadora do equipo Mapas Lab da UVigo. Así, este estudo, no que participaron investigadores do University College of London, a Universidade de Vigo, a University of Bristol e o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid (MNCN-CSIC), “contribúe a unha comprensión máis matizada da evolución dos dinosauros e da interacción entre o planeta e a súa diversa ecoloxía", conclúe Alfio Chiarenza, primeiro autor do artigo.

Temas: dinosauriosUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf
Enfoque

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen
Enfoque

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra
Enfoque

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

...

PorMiguel Alonso
03/06/2026
La AN propone juzgar por homicidio imprudente al capitán del Pitanxo y a dos directivos de la armadora
Enfoque

Piden nueve años de cárcel para el capitán y los responsables de la armadora del 'Villa de Pitanxo'

...

PorEuropa Press
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X