• Navidad Náutico Vigo
  • Gaming Vialia Vigo
  • Huelga Atención Primaria
  • Vigo en Nueva York
  • Espectáculo Celta
  • Accidente A-55
  • Hotel Boutique
  • Navidad top Portugal
  • Seguridad Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un investigador da UVigo, na primeira guía sobre investigación con realidade virtual no ámbito sanitario

Un investigador da UVigo, na primeira guía sobre investigación con realidade virtual no ámbito sanitario
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/01/2025

Un total de 107 expertos e expertas de 14 países, entre os que se atopa o investigador do grupo HealthyFit e profesor da Facultade de Fisioterapia Pablo Campo, traballaron ao longo dos últimos dous anos na primeira guía clínica sobre investigación con realidade virtual, estendida ou aumentada no ámbito sanitario. Dirixida a definir unha serie de pautas que permitan estandarizar os estudos sobre a aplicación destas tecnoloxías no eido clínico, a guía Rate-XR é un documento de consenso, recollido nun artigo no Journal of Medical Internet Research, que busca achegar un “marco de traballo para estandarizar a investigación nun campo de rápido crecemento”, como salienta este investigador da UVigo, único fisioterapeuta entre os cinco españois convidados a formar parte deste grupo de expertos e expertas.

Liderada por Michel E van Genderen, do Erasmus Medical Center de Rotterdam, esta iniciativa tiña como obxectivo establecer “as pautas xerais para estandarizar este tipo de intervencións e, sobre todo, dotalas de seguridade”, explica Campo. Dando continuidade a unha iniciativa previa, centrada unicamente na realidade virtual, os promotores e promotoras desta publicación implicaron nesta iniciativa 107 expertos e expertas, principalmente dos ámbitos da medicina e da psicoloxía, que traballaron durante os últimos anos nun “documento de consenso” que puidese servir como guía para o deseño de investigacións neste ámbito e que á súa vez contribúa “a que toda a produción científica que se vaia xerando poida ser homoxénea e comparable entre si”. Do mesmo xeito, apunta Campo, esta proposta pode ser tamén “un documento marco que sirva como ferramenta de apoio aos comités de ética que teñan que autorizar este tipo de investigacións” e, máis a longo prazo, “unha guía para poder aplicar este tipo de tecnoloxías en contornas de saúde”.

Másnoticias

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025

No artigo, recóllense un conxunto de ítems xerais e específicos, centrados en aspectos como a introdución da aplicación deste tipo de tecnoloxías, os métodos de análise, o deseño das probas, as intervencións ou os aspectos de seguridade e ética, co propósito que poidan servir tanto para o deseño das investigacións, como para o desenvolvemento dos protocolos ou o rexistro das intervencións. “Fundamentalmente, o que se busca é blindar a seguridade e enmarcar especificamente cando se deben e non se deben utilizar este tipo de tecnoloxías”, salienta Campo, quen lembra que, “ao final, do que estamos a falar é de traballar cunha ferramenta nova e cunha poboación sensible”. De aí que esta publicación poña o foco nos aspectos éticos, na importancia de levar a cabo “exposicións controladas e curtas”, na necesidade de garantir que as intervencións non deriven en problemas como o “cibermareo” ou na necesidade de avaliar a satisfacción das e dos participantes, partindo dunha “atención centrada na persoa”, pola cal a definición das tarefas a realizar teña en conta os seus gustos e preferencias.

A traxectoria do grupo HealthyFit neste campo

Como subliña Campo, os beneficios no eido clínico destas tecnoloxías constitúen unha temática de investigación “moi recente”, tendo en conta que “o primeiro dispositivo comercial de entretemento” vía a luz en 2016. Nese senso, os estudos desenvolvidos nos últimos anos polo grupo de investigación HealthyFit sobre o deseño e aplicación de programas de actividade física con realidade virtual inmersiva motivaron a inclusión deste investigador neste grupo de expertos e expertas. Non en van, lembra, trátase dunha liña de traballo iniciada en 2018 por este grupo de investigación da UVigo e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e que deu lugar ata a data “a preto de 40 publicacións, entre artigos, comunicacións en congresos e capítulos de libros”.

Ao longo destes anos, o grupo que dirixe o catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José María Cancela desenvolveu estudos sobre os beneficios, tanto físicos como cognitivos, de programas de exercicio físico con realidade virtual inmersiva con diferentes colectivos, colaborando con entidades e asociacións de pacientes de párkinson, alzheimer, esclerose múltiple ou dano cerebral adquirido, así como con persoas maiores, nunha liña de traballo pioneira que foi recoñecida en 2022 nos Premios RIES do Clúster Saúde de Galicia, co premio revelación en saúde. Así mesmo, o grupo traballa neste momento nun programa de fisioterapia con realidade virtual dirixido a menores en tratamento oncolóxico, xunto co Servizo de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, e levaba a cabo recentemente un estudo sobre as “melloras na calidade de vida e benestar emocional” que o exercicio terapéutico baseado neste tipo de tecnoloxías podía supor para pacientes con esclerose lateral amiotrófica (ELA), publicado na revista Applied Science, indexada no primeiro cuartil do Journal Citation Report (JCR).

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El naval de Vigo ya prepara el próximo buque de la Armada
Enfoque

El naval de Vigo ya prepara el próximo buque de la Armada

...

PorCarlos I. Castrillón
07/11/2025
La Diputación aprueba inicialmente el presupuesto más alto de su historia, 238,6 millones de euros
Enfoque

La Diputación aprueba inicialmente el presupuesto más alto de su historia, 238,6 millones de euros

...

PorUxía Pérez
07/11/2025
Reducen el nivel de alerta por el vertido de aceite de palma en la ría de Vigo
Enfoque

Reducen el nivel de alerta por el vertido de aceite de palma en la ría de Vigo

...

PorMetropolitanoy1 Otros
07/11/2025
Sigue la investigación por el homicidio de un hombre en Vigo y la detenida pasará a disposición judicial
Enfoque

Sigue la investigación por el homicidio de un hombre en Vigo y la detenida pasará a disposición judicial

...

PorEuropa Press
07/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X