• Alerta calor Galicia
  • Chayanne en Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Restaurante Mexicano Vigo
  • Vigo Mundial 2030
  • Vialia Vigo
  • Templo Budista Galicia
  • Fiestas Nigrán
  • Obras en Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un simposio da UVigo pon o foco novas tecnoloxías e o impacto da IA na tradución e interpretación

Un simposio da UVigo pon o foco novas tecnoloxías e o impacto da IA na tradución e interpretación
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/03/2024

Profesionais da produción audiovisual, en xeral, do sector estratéxico da industria do videoxogo, en concreto, xunto con docentes, persoal investigador e estudantes danse cita dende este mércores e ata o venres no I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia, ParatradIT-2024. En total, 240 persoas de 15 países están inscritas nun simposio que se celebra de xeito presencial na Facultade de Filoloxía e Tradución e tamén en modalidade virtual.

O acto de apertura, que tivo lugar esta mañá, deixou patente que, ao longo destes tres días, o foco estará posto nas novas tecnoloxías dixitais e o impacto da intelixencia artificial na tradución e interpretación. Como explicaba o profesor José Yuste, organizador do simposio xunto con Óscar Ferreiro, Emmanuel Bourgoin e Ramón Méndez, membros do Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P), “o congreso está dedicado a fortalecer as sinerxías entre a tradución e a paratradución, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais aplicadas ás linguas e o seu coñecemento científico, por outro”. Farase especial fincapé “no que está tan de moda dende hai uns meses, aínda que existe dende hai máis de 30 anos: a intelixencia artificial”.

Másnoticias

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

24/07/2026
La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

La UVigo ya tiene cubiertas el 90% de las plazas de grado que oferta para el curso 2026/27

23/07/2026

Así, as diferentes conferencias e relatorios abordarán o seu impacto “na tradución e interpretación, no ensino o no tratamento de linguas á hora de crear novas narrativas audiovisuais como a narrativa transmedia, é dicir, cando se fragmenta un universo narrativo global entre linguas e culturas diferentes empregando un abano de medios complementarios do máis variado para conseguir o que se busca en toda sociedade da información e da comunicación: a inmersión total do espectador en pantalla e fóra dela, co fin de crear o único obxectivo da sociedade do espectáculo na que vivimos, que é unha experiencia de entretemento global, coordinada e unificada a través de múltiples plataformas dixitais”.

Tres días, 240 asistentes e 72 comunicacións

Como detallaba no acto de inauguración o profesor Óscar Ferreiro, o congreso, no que tamén colabora o grupo de investigación Tradies da Universidade de Córdoba, conta con 240 persoas inscritas de todo o estado Español e doutros 15 países, como Italia, Francia, Alemaña, Marrocos, Arabia Saudí, Rusia, Portugal, China, Xapón, Nixeria ou EEUU. Ao longo dos tres días presentaranse 72 comunicacións, cun total de 95 relatores, ao que hai que sumar tres conferenciantes plenarios, arredor de 121 asistentes e 30 participantes nos seis obradoiros complementarios ao congreso.

Estas cifras son froito do intenso traballo realizado polo equipo do congreso, entre o que os organizadores quixeron destacar o papel do alumnado do programa de doutoramento en Tradución e Paratradución. “Se este evento culmina na creación dunha comunidade paratradit”, destacaba Ferreiro, “para nós será un logro, sobre todo tendo en conta que é a primeira edición”.

Reflexionar de maneira transdisciplinar o transmedia

O profesor José Yuste, investigador principal do grupo Tradución & Paratradución (T&P), explicaba na apertura do simposio que esta é a primeira “dunha serie de edicións que, ao longo dos anos, estudarán as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas, vixentes para traducir entre as linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia tan de moda, tanto en pantalla como fóra dela, dende a perspectiva teórica, didáctica e profesional da paratradución”. Precisamente dende a noción de paratradución, “que creamos hai 20 anos aquí en Vigo, queremos convidar a reflexionar de maneira transdisciplinar o transmedia como un cambio de paradigma en ciencias humanas e sociais”.

Como recalcaba Yuste, é “o paso do que chamamos a (r)evolución dixital á dixitalización completa dunha cibercultura en constante converxencia, que non cesa de cuestionar as especiais relacións que se establecen entre as institucións culturais, os medios de comunicación e o público en termos de fluxo, desmediatización e mediatización de contido entre linguas e culturas diferentes mediante o que é o noso traballo, actos de tradución e de paratradución realizados en cocreación e transcreación permanente onde os vellos medios analóxicos interactúan cos novos medios dixitais a través de textos e, sobre todo, de paratextos cada vez máis complexos”.

A vicerreitora de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Maribel del Pozo, tamén facía fincapé en que este congreso “representa un espazo onde a diversidade lingüística e cultural se entrelaza coa innovación tecnolóxica e a creatividade humana e no que se debaterá sobre os desafíos e oportunidades únicas para construír pontes entre as diversas formas de expresión e comunicación que enriquecen o noso panorama cultural e social”. A vicerreitora adiantaba que nas diferente sesións se explorarán “non só técnicas e ferramentas que facilitan a tradución e interpretación, senón tamén o seu papel no eido da transmedia, onde as historias e as mensaxes atravesan moreas de plataformas e formatos. Adentrarémonos nesa intersección entre a tradución, a adaptación e a creación de contidos nun diálogo entre tradición e vangarda que definen o noso tempo, sobre todo coa irrupción da intelixencia artificial (que non creo que sexa intelixencia, artificial si que é) que é un cambio de paradigma enorme”.

Finalmente, no acto de inauguración interviñeron tamén o decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, José Montero, e a directora xeral de Acceso y Centro Intergeneracional de la Universidad de Córdoba, Ana Belén Martínez López, que recalcou a importancia que teñen este tipo de encontros “para achegar a academia ao mundo profesional e viceversa”, algo “moi necesario no mundo da tradución e a interpretación”.

Tras o acto de apertura, o congreso botou a andar coa conferencia plenaria de José Calvo, profesor titular da Universitat d'Alacant, que se centrou na intelixencia artificial en tradución cun enfoque crítico para a formación de tradutores e a ética profesional. Como destacaba, “a crecente accesibilidade a ferramentas de IA está transformando os paradigmas da tradución e a interpretación” e neste escenario, é “necesario” examinar o efecto da tradución automática na calidade e autenticidade das traducións e analizar os desafíos que presenta a IA en aspectos clave como a calidade, a recepción e a ética. Fixo especial fincapé en como estas ferramentas afectan á percepción e ás actitudes do estudantado de T&I, destacando a necesidade dunha adaptación curricular que incorpore competencias relacionadas coa IA e outras tecnoloxías emerxentes, pero cun enfoque crítico e ético.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo se adelanta a Madrid y estrenará en primicia un taquillazo internacional
Enfoque

Vigo se adelanta a Madrid y estrenará en primicia un taquillazo internacional

...

PorSara Rodríguez
27/07/2026
Caballero detalla qué vehículos podrán acceder y circular por las Zonas de Bajas Emisiones de Vigo
Enfoque

Arranca la cuenta atrás para las Zonas de Bajas Emisiones en Vigo tras la aprobación definitiva

...

PorEuropa Press
27/07/2026
El Cunqueiro estrena una nueva técnica para tratar cardiopatías y convierte a Vigo en referente en España
Enfoque

El Cunqueiro estrena una nueva técnica para tratar cardiopatías y convierte a Vigo en referente en España

...

PorAlfredo Teja
27/07/2026
Vigo completa su hazaña y expulsa a los franceses en una Reconquista para el recuerdo
Enfoque

Vigo aprueba definitivamente sus festivos para el año 2027 con cambios y un "macropuente"

...

PorAlfredo Teja
27/07/2026
El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria
Enfoque

El UM26, el monoplaza de competición de la UVigo, arranca la temporada en Austria

PorMetropolitano
24/07/2026

El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

GRACIAS

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia
Enfoque

Metropolitano.gal arranca el verano como referente en Vigo y el tercer medio con más audiencia en Galicia

PorMetropolitano
24/07/2026

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X