O BNG vigués propón a creación dunha “biblioteca móbil” para promover a lectura e levar a cultura a todos os barrios e todas as parroquias de Vigo. A medida adoptase ante “a falta de vontade política do goberno local de poñer en marcha a Rede municipal de bibliotecas”, unha rede na que a fronte nacionalista destaca que eles mesmos iniciaron coa apertura da Biblioteca Neira Vilas.
O portavoz do BNG no Concello, Xabier Pérez Igrexas, anunciou esta proposta fai unhas semanas ao mesmo tempo que criticou que se estean a anunciar como bibliotecas espazos que son salas de lectura. “A inauguración da sala de lectura de Navia é máis unha oportunidade para seguir a desenvolver a rede municipal de bibliotecas que o Bloque quixemos iniciar coa biblioteca Neira Vilas no Calvario”, explicou. Igrexas cargou contra a difusión interesada que se está a facer por parte do Concello entre bibliotecas e salas de lectura afirmando que “o que hai en Navia é un espazo moi diáfano pero que só está dotado de mesas e cadeiras, cero libros e cero persoas bibliotecario, e cero oportunidades, polo tanto, de que nese barrio se promova a lectura para democratizar o acceso á cultura precisamente a través dos libros”.
O edil nacionalista tamén referiu a pérdida que supuxo suprimir a biblioteca coa que fora deseñada a recuperación da Casa do Patín de Bouzas e que foi substituída, como no caso de Navia, por apenas unha sala de lectura, e a desaparición do programa estival “Os Libros ao Sol” que consistía na instalación dunha biblioteca no paseo da praia de Samil.
O BNG aposta por “potenciar de verdade o acceso ao libro” a para iso propoñen como “medida complementaria e, sobre todo, como paliativo diante deste deliberado desinterese polo libro do actual Concello, que se poña en marcha unha biblioteca municipal móbil”. Este servizo podería funcionar sobre unha “biblio-furgoneta” como a que xa existen noutras cidades a nivel internacional, e debería depender da Biblioteca Neira Vilas. A idea sería que este espazo percorrese os diferentes barrios e parroquias da cidade, aproveitando a celebración de feiras e mercados ou outros eventos públicos.
Con esta proposta, Igrexas subliña que as nacionalistas queren “combater a política de desertización cultural que practica o Concello de Vigo e que ten no desprezo ao libro e á lectura o seu síntoma máis preocupante”.
La Xunta oferta 1.664 plazas en esta convocatoria de las oposiciones educativas, que se celebrarán el 21 de junio
La orquesta El Combo Dominicano ofrece un puesto de trabajo para incorporarse "inmediatamente". También desveló sus actuaciones en abril
El presidente de la Diputación de Pontevedra avanza además que se prepara una subida del impuesto a Audasa
El Concello de Vigo aprueba la instalación de tres nuevas áreas para hacer deporte gratuito: estarán en Navia, Samil y Jacinto Benavente
Co desenvolvemento dun sistema IoT de monitoraxe ambiental e unha plataforma satelital FlatSat
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL