• Emotivo relevo Vigo
  • Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Edificio Porta do Sol
  • Nuevo O Porriño
  • Villa Romana Vigo
  • Aniversario mágico
  • Fiesta venezolana Galicia
  • Parque Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Unha invasión robótica e 500 estudantes toman a Escola de Enxeñería Industrial da UVigo

Unha invasión robótica e 500 estudantes toman a Escola de Enxeñería Industrial da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/04/2024

500 estudantes das catro provincias galegas, divididos en preto de 100 equipos, puxeron a proba a súa capacidade creatividade e os seus coñecementos de programación na sétima edición da Competición de Robots que este venres acolleu a Escola de Enxeñaría Industrial. Este concurso tense convertido xa nunha da datas máis sinaladas de todo o curso neste centro, xa que o vestíbulo, corredores e zonas comúns atéiganse de mozos e mozas que se converterán, dentro duns anos, no futuro da universidade.

E é que este é precisamente o obxectivo desta actividade, como explican dende a EEI, “achegar a Universidade ao alumnado de Secundaria e Bacharelato ademais de potenciar as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial e promover o interese dos estudantes polas disciplinas STEM, máis concretamente nos estudos de Enxeñaría”.

Másnoticias

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

08/11/2025
Caballero dispara contra la Xunta por Medicina: "Es surrealista, quieren seguir como hace 100 años"

Caballero se indigna al conocer que León sí tendrá Medicina: "Es un escándalo"

08/11/2025

A competición divídese en dúas categorías, Be Robot para alumnado de ESO e Bacharelato, e DeMO Robot, dirixida a estudantes de graos superiores, centros de formación profesional e outros interesados, xa que a participación estaba aberta a calquera persoa.

Ademais de crear vínculos co alumando preuniversitario e fomentar os estudos STEM, con esta competición tamén se promove a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos, así como a estimulación, atracción e desenvolvemento do talento habilitador ante os novos retos da industria do futuro. De feito, coa competición de hoxe culmina un traballo previo de montaxe, programación dos robots a partir dun kit básico que recibiu cada equipo previamente.

Unha moi boa acollida


En total, participaron na competición 500 alumnos e alumnas repartidos en 97 equipos, a maioría (87) na categoría Be Robot e outros 10 en Demo Robot. Dende a organización destacan aumento da participación dos centros educativos con respecto a edicións anteriores e a maior diversidade na súa orixe. Así, este ano inscribíronse 28 centros educativos, case un terzo dos cales proceden de localidades das provincias da Coruña, Lugo ou Ourense.

Novidades para unha competición máis atractiva

Nesta edición implementáronse algunhas novidades para facer máis atractiva a competición, como por exemplo, novos tapices con modificacións nos percorridos e obstáculos. En concreto, na categoría Demo Robot estreouse un circuíto cun trazado totalmente novo e un labirinto de maior complexidade, sendo ademais un labirinto modular capaz de presentar diferentes alternativas.

Ademais, as e os participantes tamén contaron cun kit mellorado, o mBot 2, un robot educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo mellorado con capacidades de conexión en rede, sensores integrados, etc.

No referido á competición, na categoría B-Robot, os equipos tiveron que medirse en dúas probas, 'Sigue a liña marchoso', que consistiu en completar un circuíto con obstáculos e lombos no menor tempo posible, e 'Velódromo Mareante', que requiriu dar tres voltas tamén no menor tempo. Na categoría DeMO Robot, as e os participantes enfrontáronse a catros probas, unha de rastrexo, outra de labirinto, outra con obstáculos e unha final de sumo que consistía en sacar ao resto dos robots rivais do tapiz.

Respecto dos premios tamén houbo novidades, xa que non só se distinguiron os tres mellores equipos de cada categoría que acadaron mellor puntuación, tanto polos resultados como pola orixinalidade, senón que tamén se recoñeceu o traballo dos centros.

Temas: RobotsUniversidad de VigoUniversidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo
Enfoque

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

...

PorSara Rodríguez
08/11/2025
Galicia llegará a todos los cines de España con el estreno de una de comedias más esperadas
Enfoque

Estos son los 13 proyectos audiovisuales rodados en las Rías Baixas que buscan conquistar al mundo

...

PorMetropolitano
08/11/2025
Aficionados de Vigo sufren agresiones en Zagreb tras la victoria del Celta
Enfoque

Aficionados de Vigo sufren agresiones en Zagreb tras la victoria del Celta

...

PorMiguel Alonso
08/11/2025
Parque de agua, una senda, medioambiente y mejor conexión, los próximos proyectos de Mos
Enfoque

Rocódromo, zona de agua y área de juegos, así será el parque infantil que ultima Mos

...

PorAlfredo Teja
08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X