• Fiesta San Roque Vigo
  • Transformación Beiramar
  • Qué hacer en Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Nuevo local en Vigo
  • Fiestas de Bouzas
  • Nigranjazz
  • Macroverbena
  • Playa de Arealonga
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

UVigo e CRTVG crean Sinxelo, un espazo informativo pioneiro para persoas con dificultades de comprensión

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/02/2022

Os contidos que ofrecen os medios de comunicación non son, en moitas ocasións, plenamente accesibles para as persoas que teñen algunha dificultade de comprensión. Para evitar esta eiva, a CRTVG acaba de poñer en marcha unha iniciativa que, da man da Universidade de Vigo, achegará información accesible a este tipo de colectivos. Trátase do proxecto Sinxelo, un espazo informativo que permitirá que os servizos informativos da TVG emitan diariamente vídeos accesibles na súa web e redes sociais en formato de ‘lectura sinxela’ para persoas con discapacidade ou con necesidades especiais.

Nesta iniciativa están implicadas Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo e experta en tradución audiovisual e Sonsoles Facal, estudante de doutoramento e impulsora da tradución de libros infantís a ‘lectura sinxela’. Ambas, xunto co xornalista Carlos F. Amado, responsable do proxecto por parte da TVG, foron as encargadas de dar a coñecer esta iniciativa innovadora e única en España este mércores no programa A Revista da canle autonómica.

Másnoticias

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

18/07/2025

Arranca en Vigo el Congreso Galego de Astronomía e Astrofísica, con más de 50 científicos

17/07/2025

Segundo explicaron, esta proposta baséase en aplicar os criterios da ‘lectura sinxela’, un método que emprega pautas e recomendacións á redacción de textos, ao ritmo das imaxes ou ao deseño e maquetación de documentos, sempre coa finalidade de facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión. Trátase, detalla Lorenzo, “dunha adaptación do texto a todos os niveis: léxico, estrutural, estilístico, pragmático... O adaptador debe partir do léxico máis común na lingua e das estruturas máis sinxelas, fuxindo de oracións longas e de subordinadas; tamén debe evitar as metáforas, a retranca, os dobres sentidos”. Ademais, débese ter en conta a contextualización da mensaxe e explicar no texto os termos difíciles de comprender. A finalidade é, como recalca Carlos Amado, “facer accesible a información a todos os públicos”. Neste sentido, Sonsoles Facal engade que, “cando falamos de accesibilidade, xeralmente pensamos nas ramplas de acceso aos edificios, pero a linguaxe tamén é unha estrutura e, como tal, podemos deseñar nela tampas de acceso”.

Primeiro medio audiovisual en España en aplicar ‘lectura sinxela’

Coa posta en marcha de Sinxelo, a CRTVG convértese no primeiro medio audiovisual en España que aplica este nivel de comunicación con este formato aos seus contidos. Os vídeos serán realizados polos Servizos Informativos da TVG en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, que se encargará de verificar, validar e intervir tamén na adaptación dos contidos e formatos para cumprir cos estándares da ‘lectura sinxela’. A difusión dos vídeos será a través da web G24.gal e as canles dixitais YouTube, Instagran, TikTok e Facebook.

Os parámetros dentro dos que se move o proxecto están tamén marcados pola asociación Inclusion Europe, apoiada pola Unión Europea e levarán o logo Easy-to-read.

O dereito á accesibilidade universal

Esta nova proposta comprenderá inicialmente vídeos de información estatal, autonómica e local, de feito o primeiro, que se emite hoxe mesmo, céntrase no naufraxio do Villa de Pitanxo. Pero, como explica Lourdes Lorenzo, “o ideal sería adaptar tamén reportaxes e produtos de ocio para chegar a todos, para conseguir o que chamamos accesibilidade universal, que é un dereito protexido tanto pola Declaración dos Dereitos das Persoas con Discapacidade como pola propia Constitución”.

Recalca a docente que a accesibilidade é esencial para persoas con discapacidade cognitiva, pero tamén para persoas con escasas habilidades lingüísticas, por exemplo, porque acaben de chegar a un país con outra lingua ou para algunhas persoas maiores. Para todos estes colectivos, a existencia de material adaptado a ‘lectura sinxela’ supón “poder comunicarse e entender”. Neste sentido, a docente fai referencia a “textos necesarios para a vida”, como contratos de traballo, convocatorias de axudas, información bancaria ou sanitaria pero, por outra, tamén destaca a importancia de facer accesible os produtos culturais. De feito, engade, “unha persoa con problemas de comprensión lectora non pode ler directamente a Shakespeare ou a Cervantes, pero pode lelos a través de textos adaptados”.

Trátase, en definitiva, de “facilitar o acceso á información, á educación e á cultura, o que supón, así mesmo, facilitar a participación da persoa na sociedade de xeito que poida coñecer o mundo no que vive, formarse as súas propias opinións e tomar decisións con criterio propio”.

A accesibilidade, unha liña de investigación de ampla traxectoria na UVigo

Na Facultade de Filoloxía e Tradución a accesibilidade é unha liña de investigación que abordan moitos grupos. No caso de Lorenzo, leva dende 2002, xunto coa profesora Ana Pereira, traballando neste eido, inicialmente na subtitulación para persoas xordas, un eido no que “estaba todo por facer, había poucos programas e produtos audiovisuais subtitulados para este público e o que había deixaba moito que desexar en canto a calidade”. Os seus traballos ampliáronse deseguida á audiodescrición para persoas cegas e, máis recentemente, á ‘lectura sinxela’ para persoas con dificultades de comprensión, liña na que traballa con Sonsoles Facal, que está realizando a súa tese de doutoramento neste eido.

Lorenzo forma parte do grupo de Literatura Infantil e a súa tradución, coordinado pola catedrática Veljka Ruzicka, no que tamén abordan a accesibilidade para que estes materiais cheguen a nenos e mozos que teñan algún tipo de discapacidade (visual, auditiva, cognitiva...). Máis aló do seu grupo, Lorenzo pon en valor o traballo realizado polas profesoras Concha Báez, Maruxa Cabeza e Ana Fernández Soneira no estudo da lingua de signos, que as converte en “pioneiras e referentes na nosa universidade”. Tamén destaca as achegas de GALMA, o Observatorio Galego para a Accesibilidade nos Medios, “todo un equipo multidisciplinar que presta atención á accesibilidade audiovisual”. Ademais, Lourdes Lorenzo agradece o “apoio continuado” de Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, “que sempre creu neste proxecto e na accesibilidade como materia pendente que non debemos descoidar”.

Temas: TVGUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Trueno prende la chispa en Castrelos con un conciertazo a ritmo de rap, hip-hop y "tranky funky"

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Caballero lamenta el "maltrato a la educación pública" de Vigo tras dimitir la directiva del IES Valadares

...

PorMetropolitano
18/07/2025
Enfoque

Detenido un hombre que reside en la Panificadora de Vigo tras agredir a su expareja

...

PorMetropolitanoy1 Otros
18/07/2025
Enfoque

El Casco Vello de Vigo suma un nuevo espacio 'delicatessen' para amantes del embutido

...

PorAlfredo Teja
18/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM logran por primeira vez no mundo criopreservar xuvenís de mexillón

PorMetropolitano
18/07/2025

Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X