• Alerta calor Galicia
  • Venta entradas Castrelos
  • Rescate niño Vigo
  • Nuevo festival Vigo
  • Roteiro do Mexillón
  • Piscinas Salceda
  • Galicia Fest
  • Cierre tráfico Balaídos
  • Samil Vigo
  • Toy Story Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Vigo acollerá en marzo o I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia

Vigo acollerá en marzo o I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
07/12/2023

O campus de Vigo acollerá no mes de marzo a primeira edición do Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia, ParatradIT-2024_UVigo_T&P. O evento terá lugar entre os días 20 e 22 tanto en modalidade presencial na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo como en modalidade virtual. O simposio terá unha dobre vertente, unha científica dedicada ao diálogo investigador arredor de tres eixes científicos principais e outra esencialmente divulgativa, concentrada en seis obradoiros formativos que achegarán o alumnado á práctica profesional da tradución.

Dirixido e organizado por Óscar Ferreiro Vázquez, Emmanuel Bourgoin Vergondy, José Yuste Frías, Ramón Méndez González e Karl Schurster, membros do Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P), este é o primeiro evento científico dunha serie que, ao longo dos próximos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas que afectan á tradución entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia, tanto en pantalla como fóra dela, dende a perspectiva teórica, didáctica e profesional da paratradución. O obxectivo do simposio, no que tamén colabora o Grupo de investigación Tradución y Discurso Especializado (Tradies) da Universidad de Córdoba, é promover o diálogo entre o uso das linguas e das novas tecnoloxías dixitais con achegas e debates científicos nas cinco linguas do congreso: español, galego, francés, inglés e portugués.

Másnoticias

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

19/06/2026
La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

18/06/2026

Como explican os organizadores, a «paratradución» é “a noción tradutolóxica que fundamenta a Escola de Vigo nos Estudos de Tradución, que foi recentemente obxecto dun número monográfico publicado pola prestixiosa revista canadense de Excelencia A+ MƐTA. Journal des traducteurs. Translators’ Journal que leva por título De la paratraduction ⁄ On paratranslation.

Tres eixes temáticos e seis talleres

Os tres eixes científicos arredor dos que xira o congreso, e para os que o prazo de envío de contribucións está aberto ata o 26 de febreiro, abranguen diversos campos temáticos de investigación en tradución e interpretación e no ensino de linguas dende a perspectiva das novas tecnoloxías e ferramentas dixitais aplicadas na actual cibercultura das pantallas. O primeiro eixe céntrase na tradución e interpretación na era dixital, o segundo abrangue a pedagoxía e didáctica dixitais das linguas e, finalmente, o terceiro aborda as intelixencias artificiais no tratamento automático das linguas.

No que se refire ás conferencias plenarias, a organización ten confirmadas tres: La paratraducción de los márgenes del texto en la recepción en España de las obras decimonónicas francesas, que será impartida por Manuela Álvarez Jurado, da Universidad de Córdoba; Faire sens à un niveau global à partir de références culturellement localisées : exemples de quelques défis de la traduction des jeux vidéo, da man de Sébastien Genvo, da Université de Lorraine; e, finalmente, AI in Translation: A critical approach to translator training and professional ethics, que ofrecerán José Ramón Calvo Ferrer e José Ramón Belda Medina, da Universitat d’Alacant.

Ademais, impartiranse seis obradoiros prácticos centrados noutros tantos ámbitos directamente relacionados coa docencia impartida no Doutoramento Internacional Tradución & Paratradución (T&P), o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia– e o Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). Estes talleres son: Introdución á actividade investigadora: primeiros pasos, publicacións e congresos; Taller de tradución e adaptación de manga; Xoga ben as túas cartas! Taller creativo de tradución de xogos de mesa; Aos mandos da tradución: conceptos básicos da localización de videoxogos; Como se fai un libro traducido? e, finalmente, Fiscalidade e protección social para tradutores. Estes obradoiros serán impartidos por profesionais de cada ámbito, moitos deles galardoados polo seu traballo, que “axudarán ao alumnado a coñecer máis a fondo algunhas das posibles saídas laborais que lles agardan tras completar os seus estudos de grao e posgrao”, explican os organizadores.

Inscricións

A asistencia ao congreso sen presentar comunicación será de balde para todo o público, mentres que a asistencia con certificado custará 15€. Para aqueles que queiran presentar ponencia, ata o 5 de xaneiro os prezos adaptaranse ás circunstancias de cada persoa, cun abano que varía entre os 60 e os 120 €. A asistencia aos obradoiros terá un prezo de 20 € para estudantes e persoas en situación de desemprego, 50 € para membros da rede Vértice e 70 € para o resto de profesionais do ámbito da tradución e a interpretación. A partir do día 5 as persoas interesadas poderán seguir inscribíndose nas diferentes modalidades, pero os prezos serán superiores.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un incendio corta la Alta Velocidad en Galicia tras la caída de un árbol entre Ourense y Taboadela
Enfoque

Un incendio corta la Alta Velocidad en Galicia tras la caída de un árbol entre Ourense y Taboadela

...

PorAlfredo Teja
22/06/2026
Alarma en Baiona, desaconsejan el baño en la playa de Santa Marta
Enfoque

Las aguas de Baiona ya "no suponen un riesgo", la playa vuelve a la normalidad tras un vertido

...

PorMetropolitano
22/06/2026
La Xunta pone en alerta 246 concellos de Galicia por calor con máximas de hasta 40 grados
Enfoque

La Xunta pone en alerta 246 concellos de Galicia por calor con máximas de hasta 40 grados

...

PorAlfredo Teja
22/06/2026
El primer día del verano deja un espectacular amanecer en las Illas Cíes, el paraíso de Vigo
Enfoque

El primer día del verano deja un espectacular amanecer en las Illas Cíes, el paraíso de Vigo

...

PorSara Rodríguez
22/06/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario
Enfoque

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

PorMiguel Alonso
19/06/2026

Casas, ánforas y un asentamiento milenario, la Universidade de Vigo destapa los secretos del castro de Punta Cantodorxo, en O Grove

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X