• Histórico negocio Vigo
  • Navidad de Vigo
  • Demoliciones Vigo
  • Festivos locales Galicia
  • Impuestos Vigo
  • Festival Vigo
  • Macro feria Portugal
  • Fiesta Samaín
  • Tardeo Remember Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Vigo acollerá un "barrio creativo" no Casco Vello que incluirá unha sede do CGAC

Vigo acollerá un "barrio creativo" no Casco Vello que incluirá unha sede do CGAC
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/01/2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte na gala dos Premios da Cultura Galega celebrada en Vigo que o Goberno galego poñerá en marcha no primeiro semestre de 2020 un proxecto de barrio creativo no ámbito do Casco Vello Alto de Vigo e unha sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) para a exposición e a creación artística. Dúas medidas, dixo, que formarán parte dun paquete de iniciativas para impulsar a cultura na cidade.

Na gala celebrada no teatro García Barbón, Feijóo precisou que a cidade olívica contará cunha serie de locais, propiedade do Consorcio do Casco Vello e cedidos á Xunta, para poñer en marcha unha proposta de espazos para iniciativas no eido das industrias creativas e o turismo cultural. Ademais dunha sede do CGAC que funcionará como espazo de exposición e creación artística que permitirá a difusión de artistas locais, que contarán cun espazo para a promoción da súa actividade.

Másnoticias

El PP denuncia el “atraco” del agua en Vigo y lamenta subidas en la factura de la luz

Denuncian el "sablazo" de impuestos en Vigo, con uno de los recibos del agua "más caros" de España

30/10/2025
Vigo despide su gran festival de música de cámara con cuatro citas entre pasado y futuro

Vigo despide su gran festival de música de cámara con cuatro citas entre pasado y futuro

30/10/2025

O titular do goberno galego destacou que grazas á oficialización e auxe do Camiño Portugués da Costa o número de peregrinos incrementouse na cidade. Non en van, en menos de 4 anos desde a súa oficialización esta ruta converteuse na terceira con maior afluencia –máis de 22.000 peregrinos-, só por detrás do Camiño Francés e do Camiño Portugués.

Homenaxe á Movida viguesa

Ao longo dos Premios, que este ano renden homenaxe á Movida viguesa, un movemento social, artístico e cultural que abriu as fiestras a aires máis renovadores naquela Galicia dos anos 80, Feijóo quixo trasladar os parabéns a todos os galardoados, dándolles as grazas por seguir enriquecendo e universalizando a nosa cultura. “Unha cultura sen sectarismos nin exclusións que reflicte fielmente a maneira de ser dos galegos: un pobo curioso e aberto que ve na cultura propia unha valiosa ponte para mostrar o noso ao mundo e para, ao mesmo tempo, aprender e inspirarnos do alleo”, dixo.

Deste xeito, o presidente da Xunta referiuse, primeiramente, ao proxecto Galego en Londres, desenvolvido por un grupo de alumnos de lingua e cultura galegas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, e que supón un gran pulo ao coñecemento da lingua e cultura da nosa terra no mundo. Así como a traxectoria de Amancio Prada, “outro exemplo de que a nosa terra carece de fronteiras”; de Alonso Montero, “unha figura esencial das nosas letras e na Galicia contemporánea”; e da escultora Soledad Penalta, avantaxada discípula de Isaac Díaz Pardo.

Feijóo puxo en valor tamén o proxecto 21 días co galego, da profesora de lingua e literatura galega do IES da Pobra do Caramiñal, Pilar Ponte Patiño, cuxo obxectivo é animar aos mozos do instituto a expresarse en galego durante tres semanas, actuando así a prol do idioma nun tramo de idade vital para o futuro da lingua.

No acto, o responsable do Executivo galego invitou a todos a ver "O sabor das margaridas", non só por ser a primeira serie integramente en galego, incluída no catálogo de Netflix, senón tamén pola súa interesante trama, pola súa estética e pola beleza das paraxes naturais onde se ambienta.

Logo de salientar a restauración do Pórtico da Gloria e, con el, a recuperación do sorriso máis fermoso do Románico: o sorriso de Daniel, como un dos fitos máis importantes con respecto á nosa cultura e ao noso patrimonio, Feijóo tivo tamén palabras de recoñecemento para o traballo de Monicreques de Kukas, a compañía profesional de teatro de obxectos máis antiga de Galicia e cuxas obras presentan un carácter didáctico e social e, ademais, contribúen á normalización do galego coa difusión nesta lingua dun fascinante universo creativo particular.

Temas: VigoXunta de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El PP denuncia el “atraco” del agua en Vigo y lamenta subidas en la factura de la luz
Enfoque

Denuncian el "sablazo" de impuestos en Vigo, con uno de los recibos del agua "más caros" de España

La OCU sitúa el recibo del agua de Vigo como el más caro de Galicia y por encima de otras ciudades de España como Madrid, Zaragoza o Gijón

PorUxía Pérez
30/10/2025
Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo
Enfoque

Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo

El centro de Vigo acogerá la particular "inauguración" de uno de sus negocios históricos. Una nueva etapa con este nuevo espacio

PorSara Rodríguez
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

Vigo acoge la escala inaugural en Europa de uno de los barcos más sostenibles del mundo

El barco del Grupo Grimal logra, gracias a su diseño y la tecnología, reducir hasta un 50% las emisiones de CO2 por unidad transportada

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025
Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales
Enfoque

Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales

Nuevo paso para la ampliación del Parque Tecnológico y Logístico de Vigo. Esta nueva área permitirá la instalación de nuevas empresas

PorMetropolitano
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X