• Ecochiringuitos de Galicia
  • Ikea Vigo
  • Navidad barrio Vigo
  • Pasarela Rías Baixas
  • Quiosco de Vigo
  • San Silvestre Vigo
  • Halloween en Navidad
  • PortAmérica
  • Encendido Baiona
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Vigo, escenario en abril da primeira Olimpíada da Enerxía que se organiza en España

Vigo, escenario en abril da primeira Olimpíada da Enerxía que se organiza en España
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/01/2025

A Universidade de Vigo será esta primavera escenario da primeira Olimpíada da Enerxía que se organiza en España, un novo proxecto de divulgación científica organizado desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT. Será en abril e participarán alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos superiores de Formación Profesional de 17 institutos de toda Galicia.

“Con esta Olimpíada queremos contribuír ao coñecemento do sector enerxético, prestando especial interese en identificar o papel que ten na vida das persoas, no noso día a día, dispor dun subministro fiable, seguro, sostible e compatible co medio de enerxía térmica e de enerxía eléctrica”, explica na web do evento a directora da escola, Elena Alonso, ao que engade que, ao mesmo tempo, búscase espertar curiosidade e interese sobre o sector enerxético e combater a desinformación sobre o mesmo. “É un sector do que diariamente hai noticias en prensa e redes sociais e queremos contribuír para que as persoas que participen no proxecto comprendan a información e mesmo poidan identificar datos ou informacións e aseveracións erróneas”, engade a directora.

Másnoticias

Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

25/11/2025
El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

24/11/2025

Este mes arranca a formación nos institutos e…

A diferenza doutras probas deste tipo, a Olimpíada da Enerxía non se limitará a unha simple competición, xa que, tal e como afirma Alonso, a olimpíada ten un forte compoñente formativo, polo que xa se puxo a disposición do profesorado dos centros participantes recursos didácticos específicos para que poidan empregalos na aula.

Dispoñibles na propia web, estes recursos didácticos están clasificados en cinco liñas temáticas: enerxía, sociedade e clima; enerxía térmica; enerxía eléctrica; economía circular/eficiencia enerxética e mulleres enerxéticas. Para cada un dos temas hai vídeos explicativos co persoal investigador responsable de cada un destas liñas, unidades didácticas, presentacións, xogos, glosarios de termos, kits de ArduIno para desenvolver as distintas probas…

... a competición final será o 9 de abril

Tras esta primeira parte, totalmente formativa e que se desenvolverá de xaneiro a abril, chegará a competición propiamente dita, o 9 de abril nas instalacións da escola, e na que se incluirá un conxunto de seis probas: dúas obrigatorias para todos os centros educativos e outras dúas optativas, a escoller entre un conxunto de catro. As dúas probas obrigatorias son unha proba individual teórica -exame tipo test ou de respostas curtas- e Mulleres enerxéticas, unha actividade na que os distintos equipos terán que elaborar un conxunto de fichas sobre o papel e/ou contribución das mulleres no sector enerxético, fichas coas que se fará unha pequena exposición o día da Olimpíada.

As probas alternativas desenvolveranse tamén en equipo e inclúen a automatización e programación dun sistema de placa solar fotovoltaica con axuda dun Kit Arduino; a exposición dun tema cos recursos e material que irán preparando ao longo destes meses; outra sobre fake news e un debate no que defender e argumentar unha decisión sobre o tema proposto.

Múltiples premios, incluído ás mellores alumnas

Concederanse premios aos centros educativos, premios por probas e uns premios especiais ás mellores alumnas e, a maiores, todo o alumnado participante recibirá diploma e medalla de participación e un pequeno agasallo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

A la venta uno de los clásicos quioscos de Lotería de Vigo con décadas de historia
Enfoque

A la venta uno de los clásicos quioscos de Lotería de Vigo con décadas de historia

...

PorAlfredo Teja
25/11/2025
Galicia presenta los futuros "ecochiringuitos" para sus playas, con "do mar ao furancho" como apuesta
Enfoque

Galicia presenta los futuros "ecochiringuitos" para sus playas, con "do mar ao furancho" como apuesta

...

PorÁngel Vila
25/11/2025
As obras no novo centro de saúde situado nos xulgados da rúa Lalín comezarán este ano
Enfoque

Alertan de una "estafa" en la Atención Primaria de Vigo con el Olimpia Valencia

...

PorEuropa Press
25/11/2025
Nueva oportunidad para disfrutar de las visitas teatralizadas a Pereiró: abren las inscripciones
Enfoque

Vigo podría "resucitar" su Halloween por Navidad

...

PorAlfredo Teja
25/11/2025
El Celta celebra el inicio de una nueva era: Afouteza, proyecto de interés autonómico de Galicia
Enfoque

El Celta y la UVigo acuerdan impartir títulos universitarios con docencia en Balaídos y Afouteza

PorUxía Pérez
24/11/2025

El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X