É un dos momentos máis agardados do Entroido na provincia de Pontevedra. O enfrontamento de Entroido entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro, en Salceda, encheu de festa troula, música e moita retranca o Carnaval salcedense. Esta particular loita entre barrios, prevista para a tarde do martes tivo que ser adiada pola chuvia para este sábado, no que un ceo algo nubrado permitiu gozar ao máximo deste espectáculo.
Centos de persoas encheron a contorna da Casa do Concello á espera dun evento único na área metropolitana de Vigo. Son xa máis de 130 anos os que ambos barrios levan coa súa particular regueifa. Nin o franquismo nin a meteoroloxía puido cunha festa que xa é todo un clásico.
Este ano o encargado de abrir este desfile con moitas similitudes aos de Rio de Janeiro foi o barrio de A Feira. Arredor das 17:00 horas, descubríase o segredo mellor gardado nestas últimas semanas, a temática elixida. Nesta ocasión, os veciños feirenses decantaronse por Rusia. A carroza que abría o desfile tiña como principal protagonista a Vladimir Putin a bordo dun tanque que botaba "bombas" de confeti ás centos de persoas que se achegaron a Salceda a gozar dun dos principais eventos do Entroido salcedense.
Poco despois, chegaba o turno de Castro Barreiro, que apostaron polo universo de Roald Dahl coa personaxe de Willy Wonka e a súa fábrica de chocolate. As referencias de todo o que aconteceu no libro que o cineasta Tim Burton levou ao cine protagonizou esta comparsa que puxo o lado máis doce do clásico enfrontamento entre os dous barrios de Salceda de Caselas.
A loita non finalizou no centro de Salceda de Caselas. Arredor das sete da tarde, toda a comitiva do Entroido iniciu a camiñata cara o cruceiro de Fontedapedra, a parte máis espectacular e trouleira deste enfrontamento, que despois continúa toda a noite coa festa que cada barrio organizou en cada torreiro de festas.
O Entroido de Salceda despídese este domingo 10 de marzo co desfile de carrozas e comparsas con saída da Devesa (16:00 horas), cunha nova edición de coplas de Entroido na Praza do Concello 18:00) e coas actuacións de Os Espantarratos (20:00) e a Orquesta Sur (21:00) na Praza do Concello.
El área de Vigo marca el récord de precipitaciones en Galicia este sábado, pero la previsión apunta ya a una mejoría del tiempo
El primer premio está dotado con 600.000€ al número, por lo que el ganador que ha comprado un décimo se lleva 60.000€
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Las Rías Baixas, elegidas por los usuarios de la revista como el mejor destino de playa en España, imponiéndose a los otros cuatro finalistas
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL