Queda inaugurado o Entroido: así foi o Venres de Foliada de Tomiño

Publicidad

Chegou no medio dun frío que obrigaba a bailar para quecer o corpo, pero o Venres de Foliada de Tomiño chegou onte como cada ano para inaugurar o entroido metropolitano.

O primeiro desfile da nosa contorno abriuse co estrondo das espectaculares treboadas do Baixo Miño. Tras elas, vinte agrupación foron desfilando polas rúas do centro urbano do municipio baixomiñoto baixo a atenta mirada de centos de persoas. O Entroido 2018 é xa unha realidade.

Agrupacións de Ponteareas, Mos, Salceda de Caselas, Vigo, Gondomar, Tui, Nigrán, Marín e até Pontevedra presentaban as creacións artísticas despois de meses de duro traballo. Tamén as locais, moi aplaudidas, como Revolución Show, Asociación Comparsa Luces de Tomiño, Comparsa Estrelas da Noite, Asociación Cultural Ciklón e Festa do Árbol enchían as rúas de cor, música e baile.

Ao longo de tres horas de desfile as temáticas tocaron case todos os temas posibles, dende o mundo animal e da selva até os contos clásicos como Brancaneves, pasando polo xogo e os casinos de Las Vegas e o universo de artistas como Vincent van Gogh. En total, máis de 1.500 persoas que puxeron o mellor de si mesmas para arrancar unha das festas tradicionais máis importantes de Galicia.

Ver galería de fotos

Co “Venres de Foliada” quedou xa inaugurado o Entroido 2018 que agora continuará os seus pasos este mesmo sábado nos diferentes concellos da nosa contorna, con especial atención ao desfile de carrozas e comparsas de Vigo. Dará comezo ás 18:00 horas. O resto de programación de todos e cada un dos concellos da área de Vigo pódela consultar nesta ligazón.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil