Este venres, 16 de febreiro, a Carpa da Praza de Massó acollerá una festa de vascalleiros, figuras tradicionais no entroido bueués. A tradición na que estes personaxes invadían as rúas pedindo chulas ou filloas volve da man da A.VV. A Morada, o grupo de pandereiteiras “De Cabras” e o apoio do Concello de Bueu.
A cita arrancará ás 17.00 horas coa actuación musical de sete pandereteiras do grupo infantil - xuvenil, unha serie de xogos populares e, como non, chulas e filloas. Ademais, a rapazada que vaia co disfrace de vascalleiro poderá gozar dunha “ruta” gratuíta por varios locais bueueses que colaboran co relanzamento desta tradición onde poderán consumir chulas ou filloas: Bar Pyramis, Pili Cabaleiro, Copy.es, Mercaprecio, Nene´s, Gominolas Isa e Librería Miranda.
Ese mesmo día, a partir das 21.00 horas, a carpa da Banda do Río acollerá un Entroido Swing, con festa temática ganster e cabaret. Comezará cunha clase aberta de Lindy Hop coa asociación Swing On e a continuación, concerto de The Alley Stompers ás 22.30 horas.
Este evento está organizado polo Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Asociación de Baile Swing On, a Asociación de Jazz de Bueu e a hostalaría da Banda do Río.
Pola súa banda, o Bueu Atlético Balonmán celebra ás 21.00 horas o XXXVII Festival de Comparsas no Centro Social do Mar, que terá ademais dúas novas edicións (o 23 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e o 24 de febreiro de novo en Bueu).
O sábado, 17 de febreiro, a partir das 16.00 horas hai un concurso gastronómico de Entroido na carpa da Banda do Río, organizado pola Asociación veciñal. Ás 20.00 horas, nese mesmo lugar, desenvolverase un pasarrúas e actuación da Asociación de Percusionistas Aperta, que se organiza entre o Concello de Bueu e a hostalaría do barrio.
En canto aos desfiles de Entroido, o sábado 17 de febreiro, sairá o do Enterriño da Sardiña, a partir das 17.00 horas polas rúas da vila dende a Praza Massó, con entrega de premios e queima no mesmo lugar. Aínda que estaba previsto para este mércores, finalmente o Comité de Entroido tomou a decisión de adialo por mor das condicións climatolóxicas.
Por último, o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro terá lugar o domingo 18 de febreiro, tamén ás 17.00 horas, con queima do paxaro na carpa da Banda do Río e posterior actuación das comparsas de Bueu. E pola noite, verbena de disfraces na mesma carpa ás 21.00 horas co grupo Los tres latinos.
noviembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
A Universidade de Vigo acada un grao de cumprimento dos indicadores do 98% e recibe o selo T con tres estrelas
noviembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
No hay eventos programados
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL