A Deputación de Pontevedra recollerá no marco de FITUR o premio que vén de conseguir a provincia como Mellor Destino SICTED de toda España nos XII Premios de Calidade Turística en Destino, outorgados polo Ministerio de Turismo. A provincia convértese deste xeito no único territorio galego entre os 19 destinos galardoados nesta edición do certame.
A presidenta Carmela Silva sinalou que “somos o destino de maior calidade de España deste ano, polo que cómpre dar os parabéns a todas e todos por este recoñecemento ao labor que realizamos desde a institución”. A responsable provincial agradeceu por iso o sector privado da provincia, “polo seu compromiso e bo facer e por apostar por sumarse a este distintivo de calidade turística nos destinos”, e ratificou a aposta provincial polo turismo de calidade. “Seguimos avanzando porque a nós impórtanos o sector turístico, traballamos por el, e este recoñecemento ao mellor destino de calidade turística é un recoñecemento que nos impulsa a traballar aínda máis e mellor”.
O pasado ano a Deputación xa acadara o galardón á mellor persoa xestora do SICTED grazas ao plan de formación de calidade implementado pola institución, que impulsou que máis de 300 establecementos turísticos da provincia (302) xa teñan acadado o distintivo. Ademais, a Deputación está a traballar con arredor doutros 50 establecementos que están a piques de recibir o SICTED. Cómpre lembrar que Pontevedra é a provincia con maior número de establecementos adheridos. Para seguir sumando novos establecementos, a Deputación acaba de renovar a súa aposta polo servizo de implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, cun orzamento próximo aos 240.000 euros e durante 27 meses.
O premio á provincia de Pontevedra como Mellor Destino SICTED de España nos XII Premios de Calidade Turística en Destino entregarase o vindeiro xoves 20 de xaneiro ás 11:00 horas no marco da feira FITUR e recollerao a presidenta da Deputación.
La Fiscalía solicita 4 años de prisión para ella como presunta autora de delitos de administración desleal y apropiación indebida
Trágico accidente en las carreteras de Galicia. Un joven de Soutomaior ha perdido la vida, su acompañante se encuentra en el hospital
Tres heridos, uno de ellos excarcelado, en una colisión entre dos vehículos en Tomiño. El accidente tuvo lugar la pasada madrugada
Dos hombres y una mujer fueron detenidos por la Policía tras ser pillados intentando robar en una vivienda en Balaídos. Dio el aviso un vecino
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL