Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira e a muller máis lonxeva do municipio, cumpriu este xoves 103 anos. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.
A centenaria homenaxeada celebrou o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos. Nesta data tan especial, a rexedora e a tenente de alcalde achegáronse a felicitala e transmitirlle os parabéns e agarimos en nome de todo o municipio.
Carmen Álvarez naceu o 17 de novembro de 1919 en Torroña, trasladándose a vivir a Burgueira cando casou con José, veciño coñecido por ser o carteiro nesta parroquia. Traballou toda a vida no campo, tivo 3 fillos e, segundo lembran na súa familia, foi unha muller de gran memoria: cando ía ata Comercial Blanco para facer a compra, levaba sempre a lista de memoria e, ademais, facía todos os cálculos mentalmente, sen ter que recorrer á axuda da calculadora.
Despois dunha existencia chea de traballo e esforzo, actualmente a ‘avoa de Oia’ supera o século de vida gozando do cariño da súa gran familia.
El objetivo de Raíces y Trayectorias es “crear referentes femeninos” y “construir un legado” para las nuevas generaciones
Este sistema consiste en una plataforma tecnológica corporativa para ordenar los accesos de la ciudadanía a sus citas en el centro de salud
La Fiscalía acusa al exfuncionario y a su mujer de intentar "esconder" el dinero llevándolo a una cuenta de un banco de Suiza
El incendio se originó a primera hora de este domingo en un galpón en la playa de Tulla, en la parroquia de Beluso
A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL