A polémica rodea o programa “Land Rober Tunai Show” emitido o pasado xoves. O presentador do programa, Roberto Vilar, anunciaba en diferentes momentos da emisión en “prime time” na TVG unha sorpresa para unha espectadora do programa. Todo comezaba cando Roberto Vilar saía do plató para reunirse cun mozo de 27 anos que quería volver coa súa exmoza, de 20 anos. O condutor do programa, baixo a premisa de “facer triunfar o amor”, propoñía á muller o reencontro co seu excompañeiro.
O resultado non foi o agardado por Vilar nin pola invitada do programa, Toñi Moreno. O propio presentador xa intuía a polémica do que estaba a acontecer. "Esto como presentador e director do programa, me plantea un dilema. Raúl quere pedirlle volver á súa moza, que está dentro. El ten todo o dereito a este acto de amor, pero tamén temos que protexer ao público. Quen somos nós para que ti entres e lle digas 'quero volver contigo?'", esgrimía ante o mozo nos primeiros momentos da emisión. A pesares de que este recoñecía a ruptura foi debido a súa negativa actitude por celos e que a moza non quería velo, Roberto Vilar continuou adiante. Pouco despois levou á rapaza a un sofá no centro do plató para explicar publicamente a súa relación sen que esta tivera coñecemento previo. Entre risas e bromas, e a pesares da evidente incomodidade da moza, Toñi Moreno chegou a dicir que “yo creo que una conversación se merece el chaval” mentres que Vilar aseguraba que “entendía” que “o home queira probar e queira intentar”.
O feito é que a moza acabou chorando ao xustificar por que non quería volver co seu ex e recomendou a Roberto Vilar que non fixeran este tipo de cousas "máis". Celos, espiar o teléfono móbil ou apartala dos seus amigos foron argumentos suficientes para que a gran sorpresa do último programa de “Land Rober Tunai Show” rematase en polémica. Foi aí cando a o presentador pareceuse dar conta. “É un atraco. Nós non sabíamos nada. Tes que perdoar que che fagamos pasar por isto...”. As reaccións xurdiron na xornada deste venres. A Marcha Mundial das Mulleres de Galiza emitiu un comunicado nas súas redes sociais denunciando que “os responsábeis do programa fixeron vivir un episodio de violencia a unha muller ao pretender que se encontrase cun ex-compañeiro baixo a premisa de ‘facer triunfar o amor”.
Marcha Mundial das Mulleres sinalaba que a moza “se viu violentada polo programa ao intentar convencela de reunirse públicamente cun home que a agredira previamente”. O colectivo apunta que os responsables de “Land Rober Tunai Show” “non valoraron en ningún momento o consentemento desta muller ante a petición dunha exparella de reunirse de novo con ela mediante o programa”. Ademais, destacan que “tampouco se aseguraron que non existían problemas entre esas persoas que pretendían reunir”.
Onte no @LandRoberTVG o programa fixo vivir un episodio de violencia a unha muller ao tentar que se encontrase cun excompañeiro para "facer triunfar o amor". O resultado foi unha muller agredida que acabara cunha relación na que xa sufriu agresións machistas exposta públicamente. pic.twitter.com/Bx5j35LrEz
— Marcha Mundial Mulleres Galiza (@MMMGaliza) April 9, 2021
As reaccións seguiron ao longo da xornada de hoxe. O colectivo de “Xornalistas Galegas” e os partidos políticos do BNG, PSdeG, Podemos ou Esquerda Unida, ademais do Colexio de Xornalistas, condenaron o episodio que se viviu no “Land Rober” e esixen á CRTVG “explicacións e controis” para que non se repitan este tipo de casos. Por outra banda, o Comité Intercentros da CRTVG pide a retirada do programa conducido por Roberto Vilar “por un caso de violencia machista” e denuncia que o acontecido “viuse agravado ao ser un programa que se emite con retardo e que previamente pasa pola sala de montaxe. Nese montaxe definitivo ademais suprimiuse o momento no que o exmozo entra no plató.
Vémonos na obriga de denunciar ante @igualdadenarede o atropelo vivido onte por unha muller no programa @LandRoberTVG.
Asistimos a unha clara violación da intimidade dunha muller e á banalización de comportamentos machistas en prime time na televisión pública.Abrimos fío 🧵👇 pic.twitter.com/K7DyaZ5Kfs
— Xornalistas Galegas (@asxornalistas) April 9, 2021
Esta tarde, no magazine que tamén conduce Vilar na TVG, o presentador pedía desculpas á audiencia polo acontecido na noite do pasado xoves. “Equivocámonos”, recoñecía o presentador para “pedir perdón” porque “foi un error do programa. Nunca tivo que chegar a pasar así”. “Cría que tiña unha historia de amor e me equivoquei completamente. Pensaba que estaba en alerta ante isto e non o estaba. Prometo a partir de agora estar máis en alerta", dixo antes de comezar a chorar.
Non hai excusas para o erro que cometemos onte. Non fixemos ben o noso traballo e todo o equipo de @LandRoberTVG queremos unirnos ás desculpas de @RobertoVilarTV. Perdón 😔 pic.twitter.com/htDO72SDpc
— LandRoberTVG (@LandRoberTVG) April 9, 2021
Ana Pontón, Noa Presas y Gustavo Barcia encabezan las tres candidaturas que concurrirán a la Asamblea del BNG. Consulta quiénes las componen
Todavía no se ha concretado la fecha, pero las familias de Vigo saldrán a las calles para manifestarse por el derecho de sus hijos e hijas
La provincia de Pontevedra es la única de Galicia en la que Aemet no ha decretado niveles de alerta por el temporal
Los Mozos de Arousa han forjado su leyenda en Reacción en Cadena a golpe de récord. Más de 400 participaciones seguidas
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL