Alertas
jueves, 7 de julio 2022
No Result
View All Result
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano.gal
Home Extra

“Deseucaliptización”, palabra do ano 2018

“Os terroristas son os que non fan cumprir a normativa”
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/12/2018

O dicionario da lingua galega ten xa raíña para o 2018 que finaliza, aínda que non a podas atopar entre as súas páxinas. “Deseucaliptización” resultou elixida por ampla maioría -3.114 dos 5.724 votos emitidos- como a Palabra do Ano 2018 no concurso organizado polo Portal das Palabras, iniciativa da RAG e Fundación Barrié.

Dende a organización destacan que este neoloxismo “reflicte un aspecto destacado na crecente preocupación social pola xestión do monte galego“. A súa escolla explícase ante o “rexeitamento social” que provoca a plantación indiscriminada de eucaliptos, aseguran dende a RAG.

Másnoticias

A Real Academia Galega dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias

Vigo súmase á homenaxe a Xela Arias polo Día das Letras Galegas

17/03/2021
Letras Galegas: A RAG homenaxea a Carvalho Calero ao pé da súa casa de Santiago

Letras Galegas: A RAG homenaxea a Carvalho Calero ao pé da súa casa de Santiago

17/05/2020

Este mesmo ano, a Alianza por un Rural Galego Vivo e Cousa de Raíces presentaron unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galicia en “defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización” coa que propoñían prohibir a plantación do eucalipto nitens co apoio de máis de 40.000 sinaturas. A ILP foi rexeitada cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de En Marea e BNG (20).

A sociedade parece ir por diante das institucións non soamente nas votacións parlamentarias senón tamén no campo académico xa que a Real Academia Galega non recolle o termo. “Aínda que non figuran non Dicionario da Real Academia Galega, axústanse ás regras de formación de palabras propias do noso idioma”, explican dende a institución galega xa que “a partir do substantivo eucalipto e mediante a sufixación, xurdiu o verbo “eucaliptizar”. Engadindo o prefixo des-, co sentido de negación ou privación, compúxose o termo “deseucaliptizar”, e de aí deseucaliptización, que sería o substantivo que indica acción”.

“Deseucaliptización” impúxose aos outros cinco finalistas, todos eles “cunha importante carga informativa relacionada con acontecementos que marcaron a actualidade dos últimos doce meses”. A segunda palabra máis popular foi, de feito, con 1.032 votos, feminismo, nun ano cheo de reivindicacións en todo o mundo da fin da desigualdade por motivos de xénero. Este ambiente tamén se reflectiu na presenza na final de sororidade, que acadou 641 votos, e apoderamento, con 316. Entre estes dous termos colocouse fariña, con máis de medio milleiro de votos nunha listaxe que pechou fascismo.

De corrupción a afouteza

O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización da nosa lingua. Desde 2014 convida a todas as persoas que o desexen a participar na elección da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas afouteza (2017), irmandade (2016) -cadrando co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).

 

Tags: RAG
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Más noticias

Vídeo | Así se convirtió Caballero en un integrante de la Panorama para cantar la Rianxeira en Coia
Extra

Vídeo | Así se convirtió Caballero en un integrante de la Panorama para cantar la Rianxeira en Coia

...

PorMetropolitano
06/07/2022
Susto en una playa de Vigo al aparecer una culebra de un metro de longitud
Extra

Susto en una playa de Vigo al aparecer una culebra de un metro de longitud

...

PorMetropolitano
06/07/2022
Extra

Panorama arrasa en Vigo y marca el lleno absoluto en las fiestas de Coia con miles de personas

...

PorÁngel Vila
06/07/2022
Emma Gutiérrez, así es la mejor trabajadora de Justicia de Vigo
Extra

Emma Gutiérrez, así es la mejor trabajadora de Justicia de Vigo

...

PorMetropolitano
06/07/2022
La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible
Enfoque

La UVigo presenta Ecobas, un centro que pretende ser un referente en economía sostenible

PorEuropa Press
06/07/2022

El eje central de trabajo del centro es la sostenibilidad "entendida en un sentido amplio, es decir, no solo desde el punto de vista económico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X