• Emotivo relevo Vigo
  • Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Edificio Porta do Sol
  • Nuevo O Porriño
  • Villa Romana Vigo
  • Aniversario mágico
  • Fiesta venezolana Galicia
  • Parque Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

Fillas de Cassandra reivindican "un espazo seguro nas festas para as mulleres" co seu tema "Tola"

Fillas de Cassandra reivindican "un espazo seguro nas festas para as mulleres" co seu tema "Tola"

FIllas de Cassandra no Festival Arbo Rock // GLORIA MONTENEGRO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
30/07/2023

“O perreo ata abaixo, pero a autoestima no ceo”. Así di o retrouso do novo tema que veñen de lanzar Fillas de Cassandra o pasado venres 28 de xullo. “Tola” é un tema bailable, en forma de reggaeton, e que reivindica a noite e os locais de festa como espazos propios e seguro para as mulleres. A peza, habitual nos directos da banda, suma 5.000 reproducións nas plataformas de Spotify e Youtube.

MaríaSOA e Sara Faro alíanse de novo con Berto -produtor do seu LP “Acrópole”- para sorprender ao público co seu lado máis bailable e urbano, sen perder parte da súa esencia: a reivindicación, propia e colectiva, dos éxitos acadados e dos espazos conquistados. “Tola” é un tema anterior a “Acrópole” que mudou en varias ocasións, desde a súa concepción e até a súa publicación, ata acadar a edición final que se lanzou este venres.

Másnoticias

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

Vigo recuperará una de sus tiendas más queridas con un emotivo relevo

08/11/2025
Caballero dispara contra la Xunta por Medicina: "Es surrealista, quieren seguir como hace 100 años"

Caballero se indigna al conocer que León sí tendrá Medicina: "Es un escándalo"

08/11/2025

O resultado, unha canción que se pode inserir no contexto do lecer nocturno e cun discurso do que se poden apropiar as mulleres, e cun retrouso no que salienta unha sentencia: “o perreo ata abaixo pero a autoestima no ceo”.

“Queriamos facer un tema distendido, cun ritmo bailable, e que puidese formar parte do ocio nocturno, un ambiente que moitas veces é hostil para as mulleres e que queremos sentir coma un espazo seguro”. Así, “Tola” parte da propia experiencia das autoras e de tantas mulleres que, en discotecas ou recintos vinculados ao ocio nocturno, sofren actuacións machistas. A letra, neste sentido, é explícita: “non te pegues tanto, non quero movida”, “non te raies tío, non. Perreo sola”,“impórtame unha merda que te boten fóra”.

“Con 'Tola' o que pretendemos é reapropiarnos dese termo que moitas veces se emprega contra as mulleres. Nós o que queremos é bailar, ser rebeldes, gozar, perrear, estar soas, coas amigas, sen máis. Queremos que 'Tola' motive e dea forzas ás mulleres a cantar, bailar e experimentar desde outro lugar”, apuntan María e Sara.

Revelación musical viguesa

As viguesas María Pérez (MaríaSOA) e Sara Faro son Fillas de Cassandra, creadoras e protagonistas dunha proposta rotunda, marcada por unha potente sonoridade capaz de chegar e conectar con todos os públicos, como así demostraron xa nos seus directos ao longo dos últimos meses.

O dúo toma como referencia o mito de Cassandra, muller á que se lle negou á voz, e lembran que elas son porque antes houbo quen loitou, quen deu vida. É así como nace Fillas de Cassandra. A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que o dúo tece as súas composicións, que beben tanto da música e das coplas tradicionais coma da música clásica ou do pop, e que agroman dun xeito natural acompañadas dunhas contundentes bases electrónicas.

O pasado mes de febreiro publicaron nas principais plataformas dixitais “Acrópole”, un álbum conceptual no que Fillas de Cassandra viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual, ao que devolven unha ollada feminista e contemporánea a través da música. O traballo, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual, fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo Lisístrata.

Nas últimas semanas, nas que Fillas de Cassandra está a percorrer numerosos escenarios, o dúo sorprendeu ao público co lanzamento de dous novos temas: Tataravoa, unha muiñeira electrónica producida por Galician Army, e o seu novo sinxelo: Tola

Temas: Fillas de CassandramúsicaVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Caballero dispara contra la Xunta por Medicina: "Es surrealista, quieren seguir como hace 100 años"
Extra

Caballero se indigna al conocer que León sí tendrá Medicina: "Es un escándalo"

Caballero, al conocer que León impartirá Medicina en 2026: "A Vigo, la Xunta le niega una facultad. Es un escándalo". Vigo finalmente no tendrá

PorEuropa Press
08/11/2025
Abre el plazo para usar el Bono Comercio 2024 de la Xunta, que premiará a los más rápidos
Extra

Agotado por completo en Galicia el Bono Activa Comercio en tan solo dos días

¿Tenías pensado utilizar el Bono Activa Comercio de Galicia? ¡Tarde, ya está agotado! Vigo, una vez más, es la ciudad con más negocios adheridos

PorMetropolitano
08/11/2025
Transportes presenta su nuevo mapa concesional del autobús y así conecta Galicia
Extra

Transportes presenta su nuevo mapa concesional del autobús y así conecta Galicia

Transportes eleva a 34 los corredores del nuevo mapa concesional de autobús tras el rechazo de las CCAA. Estas serán las conexiones de Galicia

PorEuropa Press
08/11/2025
El TSXG determina que no es motivo de despido el "no" de un trabajador a pasar de fijo continuo a discontinuo
Extra

El TSXG ratifica la condena a un hombre por abusar de una mujer dormida en Vigo

El hombre, de Vigo, fue condenado a 4 años de cárcel como autor de un delito de abuso sexual con penetración

PorEuropa Press
07/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X