“É importante que as axendas escolares, amais de ser unha ferramenta de comunicación útil entre alumnado, familias e profesorado, sirva para poñer en valor episodios da historia do municipio para que os máis novos a coñezan e poidan transmitila a vindeiras xeracións”, asegurou onte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que asistiu a entrega destas Axendas Escolares 2021/2022 ao alumnado do CEIP Plurilingüe Quintela.
De feito, a axenda escolar de Redondela, iniciativa da Concellería de Ensino que xestiona Olga García, está pensada como un instrumento útil entre a comunidade educativa e de axuda á planificación do traballo das e dos escolares.
Dado que este ano 2021 é para o Concello de Redondela 'O ano das Mulleres da Illa de San Simón' a axenda escolar inclúe nas súas primeiras páxinas as fotos de todas e cada unha das 'madriñas', as mulleres que foron quen de achegar esperanza e dignidade aos presos políticos que esperaban, na illa de San Simón, un futuro incerto.
Amais das fotografías destas “auténticas heroínas”, como as describiu a rexedora redondelá, a Axenda Escolar 2021/2022 inclúe unha breve historia destas mulleres “para que a nosa infancia e mocidade, nunca esqueza a que, con grave risco das súas vidas, teceron unha auténtica rede solidaria de axuda aos presos políticos”.
Muere un bañista en las Rías Baixas, pese a los esfuerzos realizados por los equipos de emergencias, no fue posible salvarle la vida
El incendio afectó a ambos coches, así como a una pequeña superficie de masa forestal situada en la cuneta
La Catedral de Santiago acoge este 25 de julio la Ofrenda al Apóstol. El presidente del Parlamento galego es el delegado regio
La alcaldesa de Salceda señala que es "una obra importante demandada por los clubes que utilizan la instalación"
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL