Tanxugueiras lanzou este venres o seu sinxelo 'Desidia', que formará parte do seu novo disco --o terceiro--, e que verá a luz en próximas semanas. Este novo tema, que xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais, é unha reivindicación da "necesidade do autocuidado".
As 'cantareiras' Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro interpretan este tema na 'Xira Midas' e empregan nel un símil co baile para narrar o proceso de escoita e liberación da culpa para avanzar no camiño.
"Ás veces é necesario parar e escoitar o noso corpo. Entender o que nos di e o que nos pide, sen que nos teñamos que sentir culpables por non ser, non dar, non chegar ao que se nos esixe ou autoexiximos. Temos que sentirnos libres desa falsa culpa. Podemos parar, sen ser xulgadas, para poder volver, gozar de nós e dos nosos movementos e pisar máis forte aínda", sinalan.
Desidia narra o proceso do descubrimento e aceptación da necesidade real do autocuidado. A música e as letras das 'cantareiras', inspiradas na música tradicional galega e na lírica popular, profundan nese camiño.
Desde os primeiros síntomas de apatía e falta de motivación, explicitado nas frases "rematade xa esta bailiña / estou cansa, preciso deitar" que acompañan o pasodobre que segue ao refrán "Ai quedar, deixame quedar". Desde o deixamento á valentía de recoñecer a necesidade de parar; desde o punto no que os movementos do baile e dos corpos atópanse e acompañan, como metáfora, o proceso de volver estar de pé, explican.
'Desidia' está acompañado dun videoclip (dispoñible en Youtube), dirixido por Trece Amarelo e producido por PlayPlan que se rodou o pasado mes de maio en Marín, Bueu e Moraña.
Nesta nova peza audiovisual, as 'pandereteiras' ceden o seu protagonismo á coreografía e interpretación de Carla Cervantes e Justin de Jager, na que constitúe a primeira colaboración conxunta entre ambos, especializados en 'threading', un estilo de baile no que os corpos se entrelazan.
Muere un bañista en las Rías Baixas, pese a los esfuerzos realizados por los equipos de emergencias, no fue posible salvarle la vida
El incendio afectó a ambos coches, así como a una pequeña superficie de masa forestal situada en la cuneta
La Catedral de Santiago acoge este 25 de julio la Ofrenda al Apóstol. El presidente del Parlamento galego es el delegado regio
La alcaldesa de Salceda señala que es "una obra importante demandada por los clubes que utilizan la instalación"
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL