Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar este sábado 5 de xuño, cun programa de actividades que comezou este venres e se vai desenvolver até o sábado 19 de xuño.
O próximo venres, 11 de xuño, ás 16:30 horas, na Sala Municipal de Exposicións será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM. Ás 17:00 horas no anexo desta sala haberá unha obra de teatro de monicreques para público infantil. “Títeres en Tu casa” representará “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños.
“Enerxía e Clima” é o título das seguintes actividades previstas tamén na Sala Municipal de Exposicións dende ás 19:00 horas. Está prevista a charla obradoiro “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectarase o documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.
O sábado, 19 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas está prevista a actividade “O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición. Comezará coa proxección do documental “En todas as mans” e ás 13:00 terá lugar a charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.
Amais, o Concello de Tui está a traballar coa Sociedade Galega de Historia Natural nun proxecto para pór en valor o patrimonio natural e etnográfico da contorna realizando diversas actividades coma o proxecto de restauración ecolóxica dun ecosistema degrado.
El TSXG confirmó la pena de la Audiencia Provincial al acusado por maltratar a su pareja y un delito de lesiones
El objetivo de Raíces y Trayectorias es “crear referentes femeninos” y “construir un legado” para las nuevas generaciones
Este sistema consiste en una plataforma tecnológica corporativa para ordenar los accesos de la ciudadanía a sus citas en el centro de salud
La Fiscalía acusa al exfuncionario y a su mujer de intentar "esconder" el dinero llevándolo a una cuenta de un banco de Suiza
A dotación económica dos VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica ascendeu a 12.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL