O Concello retirou este venres a escultura de bronce de Manuel Castro do seu emprazamento na rúa do Príncipe, onde "reside" desde hai case dez anos, para acometer a súa reparación e reforzar a estrutura do brazo que suxeita o xornal, co obxectivo de mitigar posibles danos futuros despois do acto vandálico que o deixou sen a extremidade superior o pasado 10 de maio.
Despois da súa "actualización", o tronco da escultura de Castro estará unido co dedo a través dunha barra de aceiro no interior do brazo que o fará “practicamente imposible de romper”, en verbas do rexedor vigués, Abel Caballero.
O ataque tivo lugar hai un mes. Axentes da Policía Local de Vigo, de patrulla polo centro de madrugada, descubriron o dano á altura do antebrazo da obra e recuperaron a parte amputada. Co obxectivo de evitar outro eventual deterioro a causa do vandalismo, o Concello decidiu robustecer a estrutura de bronce cunha actuación “moi consistente”.
Sobre a vixilancia para evitar este tipo de sucesos, Caballero asegurou que o Goberno local ten previsto “tomar algunha medida antivandalismo adicional”, sen dar máis detalles. O alcalde asegurou que “a instalación de cámaras ten que ser con permiso e estar moi controlada, porque pode atentar contra a intimidade”, mais, evitou desvelar cal será a solución municipal. Si advertiu aos vándalos: “Que saiban que imos ir a por eles”.
El Gobierno autonómico tilda de "auténtico esperpento" las declaraciones de Óscar Puente sobre los trenes y Ryanair
La mujer fue encontrada en una vivienda de Vilagarcía boca abajo y "entre abundante sangre". La Policía Nacional investiga lo sucedido
Una caída de los servidores informáticos de Adif paraliza la alta velocidad. Afectó a trenes tanto de salida como de llegada a Madrid
El Teatro Principal acogerá una charla-coloquio en la que se desvelará quién acompañará a Samantha Hudson en la presentación de la gala
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL