Alertas
viernes, 9 de junio 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

A Biblioteca Central da UVigo pon en valor as pintoras esquecidas da historia da arte

A Biblioteca Central da UVigo pon en valor as pintoras esquecidas da historia da arte
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
22/03/2023

No libro Historia da arte sen homes, Katy Hessel trata de debuxar unha realidade que, a priori, xa semella pouco esperanzadora. Os resultados da enquisa que realizou a historiadora neste traballo constatan a percepción previa: o 30% das persoas participantes foi incapaz de citar máis de tres mulleres artistas e máis do 50% explicaron que non estudaron ningunha delas na escola. Esta realidade de descoñecemento e invisibildiade é a que trata de denunciar a exposición bibliográfica que acolle estes días a Biblioteca Central da Universidade no campus de Vigo. A iniciativa xorde dentro das actividades para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e trata de poñer en valor a creatividade, a traxectoria e as contribucións artísticas das mulleres pintoras, case todas elas esquecidas ao longo da historia, como explica a subdirectora da Biblioteca Universitaria, Tita Aboal.

Ata o 10 de abril a comunidade universitaria poderá visitar a mostra, que consta de varios espazos espallados polas instalacións da Biblioteca, dende paneis informativos ata unha exposición bibliográfica pasando por autorretratos destas mulleres “ignoradas e excluídas”. Antes de entrar no edificio, un panel informativo lembra os resultados do traballo de Hessel e engade algún outro dato moi significativo, como que na National Gallery tan só o 1% das obras son de autoría feminina, unha cifra á que non chega o Museo do Prado, que se queda no 0.8%, onde só 11 das 1700 obras expostas están creadas por mulleres. Este panel tamén lembra que ata finais do século XIX as mulleres tiñan prohibido formarse como aprendices nos talleres do pintores e o mundo da arte estaba limitado case en exclusiva a fillas de artistas ou mulleres de familias nobres. En calquera caso, ás mulleres pintoras non se lles permitía estudar nin pintar o corpo humano espido e durante os século XVI e XVII só podían pintar bodegóns ou retratos. En moitas ocasións asinaban con iniciais ou con pseudónimo masculino.

Másnoticias

A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados

A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados

08/06/2023
Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia

Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia

07/06/2023

Varios espazos para poñer en valor as artistas

Unha vez no interior da biblioteca, a mostra comprende un espazo expositivo con libros sobre mulleres artistas, presidido por unha cita da poeta grega Safo de Lesbos: “Asegúroche que algún día alguén se lembrará de nosoutras”. Aquí pódense atopar tanto biografías sobre algunhas artistas amplamente recoñecidas como Frida Kahlo, Tamara de Lempicka ou Maruja Mallo e outras cuxo nome non é tan coñecido, aínda que a súa pegada no mundo da arte foi destacada, como é o caso de Geogia O`Keeffe, Remedios Varo ou Leonora Carrington. Tamén se amosan obras colectivas sobre as mulleres no mundo da artes como Amazonas con pincel, Las mujeres y las artes, Olvidadas y silenciadas, Hechiceras ou Danger! Women artist at work.

Nun espazo anexo e sobre un caballete rodeado de candeas, tamén se denuncia que a arte das mulleres é unha arte “invisible, esquecida, ignorada, desprestixiada, excluída, escondida, desaparecida e silenciada”. Mentres, no andar superior outro espazo serve para expoñen autorretratos de mulleres pintoras ao longo da historia, dende Paula Modersohn Becker, do expresionismo, Jacqueline Marval, do fauvismo, Yayoi Kusama, representante do pop-art, Lee Krasner, do surrealismo abstracto, Lavinia Fontana, do barroco italiano, ou outras representantas do barroco holandés, como Clara Peeters ou Judith Leyster.

Temas: feminismoigualdadUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

junio de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vila Nova de Cerveira

Vilaboa

Más noticias

Los Premios Martín Códax de la Música “dejan un pellizco” de galardones en Vigo y su área
Gafapasta

Los Premios Martín Códax de la Música “dejan un pellizco” de galardones en Vigo y su área

...

PorEuropa Press
08/06/2023
Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia
Gafapasta

Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia

...

PorMetropolitano
07/06/2023
Así é a impactante exposición que pon aos alcaldes do Morrazo no paredón de fusilamento
Gafapasta

Así é a impactante exposición que pon aos alcaldes do Morrazo no paredón de fusilamento

...

PorMetropolitano
06/06/2023
Iván Ferreiro presentará su libro en Vigo con una cita que fusiona literatura con catas de vino
Gafapasta

Iván Ferreiro presentará su libro en Vigo con una cita que fusiona literatura con catas de vino

...

PorMetropolitano
30/05/2023
A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados
Enfoque

A UVigo amplía a súa oferta académica con dous novos graos e catro mestrados

PorMetropolitano
08/06/2023

Grao en Deseño e o Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual comezarán a impartirse na Universidade de Vigo o vindeiro curso académico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

junio de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vila Nova de Cerveira

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X