A Real Academia Galega abre no colexio vigués de Xela Arias unha Primavera das Letras - Metropolitano
domingo, 11 de abril 2021
No Result
View All Result
Metropolitano
Alertas WhatsApp
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano
Portada Gafapasta

A Real Academia Galega abre no colexio vigués de Xela Arias unha Primavera das Letras

A Real Academia Galega abre no colexio vigués de Xela Arias unha Primavera das Letras
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/03/2021

A Real Academia Galega celebrou este martes no CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo) a presentación da Primavera das Letras de Xela Arias da man da súa familia e da comunidade educativa do colexio onde a autora estudou a partir dos sete anos. O proxecto dixital fornecerá os nenos e nenas de diversos recursos lúdicos e didácticos, descargables e interactivos, para achegalos á figura da escritora, editora e tradutora á que a institución dedica as Letras Galegas 2021. Coa posta en marcha desta páxina web específica para o público infantil, a Academia complementa nas vésperas do aniversario de Xela Arias –nada o 4 de marzo de 1962– a súa oferta de xanelas virtuais sobre a súa vida e obra.

“Para a Real Academia Galega, este encontro de presentación da Primavera das Letras, que facemos todos os anos cos rapaciños e rapaciñas que están descubrindo o mundo, as palabras e tamén a significación da literatura, é unha festa”, expresou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. “Nesta ocasión a figura de Xela Arias convoca todo o cariño, toda a sorpresa, toda a alegría que ten sempre a palabra da poeta nas novas xeracións, que son unha sementeira de esperanza”, engadiu.

A Real Academia Galega mantén a web primaveradasletras.gal dende o ano 2016 co apoio da Deputación da Coruña. A que é xa a sexta edición arrinca cunha ficha biográfica sobre Xela Arias e unha actividade interactiva sobre Vigo. A estes contidos sumaranse nas vindeiras semanas outras propostas para achegarlles aos nenos e nenas o mundo da poesía, da edición e da tradución a través da obra da protagonista das Letras Galegas 2021; e tamén para coñecer a súa Sarria natal, o seu compromiso co coidado ambiental ou a súa afección pola música, explicou Fina Casalderrey.

Placa de recordo no patio

O colexio recordará tamén para sempre que Xela Arias foi parte del, como sinala a placa que se descubriu no patio momentos antes de comezar a presentación de Primavera das Letras. “No CEIP Sárdoma-Moledo estamos moi orgullosos de que Xela Arias sexa a persoa homenaxeada das Letras Galegas 2021. O seu pai, Valentín Arias, tamén foi mestre da nosa escola durante moitos anos polo que estamos dobremente contentos”, expresou a directora do colexio, Pilar Vila Nieto. “Ambos os dous fixeron unha firme defensa da escola pública, da igualdade, do respecto polo medio ambiente e do noso idioma. Estamos seguros de que os nenos e nenas que hoxe temos nas nosas aulas tamén serán persoas que loiten, cada unha á súa maneira, por facer un mundo mellor”, concluíu.

A inauguración de Primavera das Letras contou coa colaboración dunha representación de alumnas e alumnos do colexio, que representaron distintos momentos vitais de Xela Arias e lles puxeron voz a varios dos seus poemas. Parte deles pertencen a Darío a diario, o libro que a poeta dedicou ao seu fillo. Hoxe Darío Gil Arias pon en valor no marco deste proxecto o labor da súa nai como profesora e tradutora, dous perfís menos coñecidos que a súa faceta como poeta, pero tamén moi importantes para o futuro do idioma, expón no vídeo de presentación de Primavera das Letras. “Son os profesores os que moitas veces fan que a cultura penetre nos rapaces e, deste xeito, non só non se perda senón que se comece a recuperar, como estamos a ver agora cos neofalantes”, reflexiona.

Tags: Letras Galegas
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?
Snorkel, rafting o kayak: así son las nuevas actividades de la Uvigo abiertas para todos
Deportes

Snorkel, rafting o kayak: así son las nuevas actividades de la Uvigo abiertas para todos

PorMetropolitano
10/04/2021

Será posible realizar una excursión en kayak a San Simón que incluye buceo de superficie para conocer las leyendas de los naufragios de Rande

Más noticias

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo
Gafapasta

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

La actriz viguesa recordó emocionada a su compañero Guillem Jiménez en "Olvido y León", fallecido en el pasado mes de marzo

PorCarlos I. Castrillón
10/04/2021
"Cuñados", o filme con Touriñán e De Lira que opta a ser a comedia española do ano
Gafapasta

"Cuñados", o filme con Touriñán e De Lira que opta a ser a comedia española do ano

A película dirixida por Toño López e producida por Portocabo poderá verse dende este 9 de abril en máis de 120 cinemas de España

PorMetropolitano
09/04/2021
Muere el alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela
Gafapasta

Eterno Xosé Manuel Pazos en Cangas: piden que o Auditorio Municipal leve o seu nome

Un total de 26 asociacións galegas do ámbito cultural e social asinan a petición impulsada pola Mostra de Teatro de Cangas

PorMetropolitano
29/03/2021
Arte con cabeza e con corazón: un debate que se torna en exposición no centro de Vigo
Gafapasta

Arte con cabeza e con corazón: un debate que se torna en exposición no centro de Vigo

A mostra está composta por 16 traballos conxuntos do alumnado e profesorado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

PorMetropolitano
27/03/2021

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *






LO ÚLTIMO

El arte vuelve a llenar las salas principales del Museo MARCO con la muestra "4 Proyectos"

El arte vuelve a llenar las salas principales del Museo MARCO con la muestra "4 Proyectos"

10/04/2021
Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

10/04/2021
El Gobierno prevé que el túnel de A Cañiza reabra "a finales de este mes"

El Gobierno prevé que el túnel de A Cañiza reabra "a finales de este mes"

10/04/2021
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de Vigo y su área metropolitana. ¿El objetivo? Que los 600.000 vecinos y vecinas descubran cómo disfrutar de su localidad y de todos los concellos del área.

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© 2020 Metropolitano.gal.

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Alertas WhatsApp

© 2020 Metropolitano.gal.

X