• Fumar playas Vigo
  • Samil Vigo
  • Calor Galicia
  • Terrazas en Vigo
  • Aparcamiento Nigrán
  • Visitas Illa Tambo
  • Urbanismo Vigo
  • Hogueras Vigo San Xoán
  • Planes para solteros
  • San Xoán Porriño
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Alumnado da UVigo levará o universo de Manel Cráneo do cómic ao videoxogo

Alumnado da UVigo levará o universo de Manel Cráneo do cómic ao videoxogo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
06/10/2021

Planeta Mincha é o nome dun universo fantástico ao que o ilustrador Manel Cráneo dotou da súa propia cartografía, especies, linguas, alfabetos e músicas e a partir do que foi desenvolvendo diferentes produtos, como Destino Hërgüss, a novela gráfica que estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación toman como fonte de inspiración para deseñar proxectos de videoxogos. No marco dunha iniciativa do grupo de innovación docente ComTecArt, que busca achegar ao alumnado os procesos interdisciplinares que definen o traballo nesta industria, 15 estudantes dos dous centros traballarán ao longo do cuadrimestre no desenvolvemento da primeira fase dun xogo inspirado nese Planeta Mincha.

“Pareceume unha idea fantástica”, salienta Cráneo, artista multimedia que desenvolveu ao longo da súa traxectoria desde traballos de banda de deseñada e ilustración, ata proxectos expositivos ou musicais. De feito, como explicou no encontro que este mércores mantivo co alumnado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Planeta Mincha naceu como un “proxecto multiplataforma” que deu pé a libros infantís, novelas gráficas, proxectos de animación, merchandising e mesmo pasatempos. “De feito, fíxome moita ilusión porque xa houbera un intento de adaptación ao videoxogo, cunha demo ambientada neste universo”, salienta Cráneo, que nesta xornada puido coñecer as propostas de concepto de xogo formuladas polos tres grupos nos que se dividien os estudantes participantes na iniciativa impulsada polas docentes Beatriz Legerén e Mónica Valderrama e o profesor Luis Fernández, de Ciencias Sociais e da Comunicación, xunto cos docentes da EE de Telecomunicación Antonio Pena e Enrique Costa.

Másnoticias

A UVigo lanza un abono para acceder ás instalacións deportivas do campus de Vigo en verán

La parroquia de Vigo perfecta para hacer escalada, el Concello lanza la renovación del rocódromo de Quirós

21/06/2026
Mercadona ultima su próxima apertura en Vigo, así luce su nuevo supermercado en la ciudad

Cambios de Mercadona en Galicia, los supermercados de Vigo y Pontevedra con nuevos horarios

21/06/2026

Primeiro achegamento á banda deseñada

“O que queremos é cada ano ir innovando e buscando distintas fontes que sirvan como inspiración”, salienta Legerén dunha actividade que, tras empregar novelas ou guións cinematográficos como inspiración en edicións anteriores, neste 2021 achégase por primeira vez ao mundo do cómic coa colaboración de Cráneo, “que nos pareceu un autor bastante transgresor e cunha obra diferente daquelas coas que traballaramos previamente”. Concretamente, nesta edición o alumnado deseñará videoxogos a partires dunha “pasaxe concreta" de Destino Hërgüss, “un cómic de misterio e acción”, que, como explica Cráneo, constituíu a primeira obra inspirada no Planeta Mincha enfocada a un público adulto. De feito, o seu principal personaxe é o científico Pichuk, que previamente protagonizara unha serie de “libros ilustrados para primeiros lectores” e do que este cómica conta “o seu lado escuro”, como explica o seu autor, que destaca que ademais de ser “multiplataforma”, Planeta Mincha naceu tamén como un universo “con diferentes niveis de lectura, que se adaptan a diferentes públicos”.

O autor de Destino Hërgüss puido tamén coñecer as propostas de xogo dos tres grupos, das que destacou que “aínda que van crear a súa propia lectura, manteñen un pouco a esencia” da secuencia seleccionada. “Souberon definir moi ben a personalidade dos personaxes, sacaron detalles que parecen pequenos pero que poden dar moito xogo”, engadiu Cráneo, que valorou tamén que “conseguisen facer unha proposta interesante de xogo en moi pouco espazo de tempo, pese a que eran estudantes que non se coñecían entre eles” antes desta actividade. De aí que sinalase tamén o interese da “toma de contacto cun proxecto real” que supón unha iniciativa na que os tres grupos deberán desenvolver a primeira fase dun xogo empregando como punto de partida os assets deseñados por Luis Fernández. A idea, explica Legerén, é que, partindo da secuencia escollida, o alumnado “teña xa construído o que sería o escenario do xogo” para que centre o seu traballo “no deseño da idea, en que vai facer o xogador e en como o vai facer”.

O traballo conxunto dos estudantes de tres titulacións

Como unha experiencia “moi satisfactoria, que os alumnos empezan sempre cun pouco de dúbidas e rematan moi satisfeitos” define Legerén unha actividade que o grupo ComTecArt desenvolve por quinto ano consecutivo. “É algo enriquecedor, sobre todo porque permite que os estudantes se dean conta de que son capaces de traballar con perfís profesionais completamente distintos e colaborar para crear algo de forma conxunta”, subliña dunha actividade que, tras desenvolverse o pasado curso de xeito virtual por mor da pandemia, recupera este curso o seu carácter presencial, con encontros semanais nos dous centros.

“Como se fosen empresas” responsables de desenvolver un videoxogo, os tres grupos participantes reciben os nomes de Base Games, Counterclock Games e Pilgrim Studios e deles que forman parte estudantes de diferentes titulacións e materias. Así, o alumnado da materia Videoxogos, comunicación e desenvolvemento, do grao en Comunicación Audiovisual, encárgase “do deseño do guión e a creación de personaxes e diálogos”, como explica Legerén, mentres que os da materia Tecnoloxía multimedia e computer graphics, do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de de Telecomunicación, son os responsables de “programar o xogo” e os de Programación de Sistemas Intelixentes, desta mesma titulación, responsabilízanse de “programar con intelixencia artificial personaxes non xogadores, inimigos...”. Á súa vez, contan tamén co apoio do alumnado da materia Comunicación alternativa, do grao en Publicidade e Relacións Públicas, “que serán os responsables de levar a campaña de comunicación” destas tres “produtoras”.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

...

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

...

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

...

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

...

PorIván Dacal
02/05/2026
El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario
Enfoque

El pasado romano de un paraíso de las Rías Baixas sale a la luz: casas, ánforas y asentamiento milenario

PorMiguel Alonso
19/06/2026

Casas, ánforas y un asentamiento milenario, la Universidade de Vigo destapa los secretos del castro de Punta Cantodorxo, en O Grove

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X