Viaxar a outros lugares sen saír da casa a través dos libros. Unha opción que sempre está con nós será estas semanas máis fácil de aplicar. As bibliotecas galegas veñen de abrir todo o seu catálogo dixital para permitir que os que non sexan socios poidan tamén desfrutar dos libros electrónicos durante o estado de alarma de balde.
En concreto, os usuarios poderán desfrutar duns 4.500 títulos da plataforma GaliciaLe da Xunta de Galicia, que se suman á megaplataforma estatal do Goberno de España, eBiblio, que tamén abre os seus contidos.
Así, todos os que non dispoñan de carné de biblioteca tan só deberán rexistrarse mediante este formulario. Tras cubrilo, recibirán as claves para acceder á plataforma. Estas estarán operativas ata que finalice o estado de alarma. Unha vez de volta á normalidade, os usuarios dispoñerán de 30 días para recoller o carné na biblioteca e, así, poder seguir usando a plataforma. Estas claves permitirán acceder tanto a GaliciaLe, o catálogo en galego da Xunta, como a eBiblio, o catálogo en castelán do Ministerio de Cultura.
GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais.
En eBiblio Galicia os lectores poderán atopar ficción para público adulto, incluíndo narrativa, poesía e teatro, obras xerais sobre ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, arte e humanidades, obras xerais relacionadas con cuestións de saúde, autoaxuda e desenvolvemento persoal, formas e actividades relacionadas co lecer, viaxes, deportes e informática de interese xeral. Tamén, ficción orientada ao público infantil e xuvenil, incluíndo narrativa, poesía e teatro, obras de non ficción para o público infantil e xuvenil, incluíndo todo tipo de materias (arte, música, historia, ciencia e tecnoloxía, lecer, deportes, etc.) e audiolibros, versións íntegras da obra escrita, narradas por profesionais e gravadas en formato audio.
Os usuarios poderán descargar aplicacións tanto para iOs como para Android para poder descargar os empréstitos.
Aberto á participación do alumnado dos tres campus da UVigo, o premio entregarase nunhas xornadas que se celebrarán co gallo do 25N
La divertida webserie, resultado de un taller del Curso de Medios Audiovisuais, se estrena este viernes en el Aula de Cine
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL