Alertas
viernes, 12 de agosto 2022
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Cada dous meses, un libro: así é o proxecto Reseñas da Universidade de Vigo

Cada dous meses, un libro: así é o proxecto Reseñas da Universidade de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
28/10/2020

Máis aló das aulas, sexan presenciais ou virtuais, a Universidade ofrece outras múltiples alternativas formativas tanto para ampliar coñecementos como para mellorar as capacidades docentes e investigadoras. O proxecto reseñas naceu precisamente para dar a coñecer algúns destes recursos entre a comunidade universitaria e estimular o bo uso e o manexo das fontes de información e servizos que ofrece a Biblioteca Universitaria.

A idea naceu en 2018 impulsada polo persoal da Biblioteca de Torrecedeira como un espazo de lectura, pensamento e reflexión aberto a toda a comunidade universitaria, no que cada mes se propoñía un libro de lectura e, arredor disto, toda unha serie de actividades. Nesta terceira edición o formato cambia, obrigado pola situación de crise sanitaria, pero continúa coa súa programación. Así, como explica Aser Ángel Fernández, técnico especialista da Biblioteca Torrecedeira, cada dous meses presentarase “a crítica ou descrición dun libro de interese para a comunidade universitaria e a cidadanía”. A idea é que destas propostas “poidan xurdir novas lecturas e documentos complementarios que fomenten a reflexión e a formación continua daquelas persoas que nos acompañen”. Porén, non está previsto organizar instalacións e seleccións expositivas de libros de xeito físico nas salas da biblioteca, como era habitual nas edicións anteriores. As reseñas poden consultarse nas redes sociais da Biblioteca de Torrecedeira ou no seu blog.

Másnoticias

O Marisquiño también se come: guía completa de las zonas y propuestas gastro del festival

O Marisquiño también se come: guía completa de las zonas y propuestas gastro del festival

11/08/2022
O Marisquiño ya es una realidad en Vigo: así disfrutaron los más pequeños del festival de cultura urbana

O Marisquiño ya es una realidad en Vigo: así disfrutaron los más pequeños del festival de cultura urbana

11/08/2022

Temáticas

Nesta edición de reseñas abordaranse, cada dous meses, temas como a historia e a economía mundial, os adiantos científicos, a epixenética, os clásicos da literatura, a filosofía ou a pedagoxía. “Temos a ledicia de poder contar coas achegas desinteresadas de persoas como o profesor de grego Óscar Soto, a bibliotecaria de Filoloxía e Tradución Ana María Bande, o alumno do Programa Universitario de Maiores Carlos Lloréns e mesmo do profesorado da Universidade de Vigo”, explica Aser Ángel Farnández. Neste espazo de encontro, engade, “ofrecemos a posibilidade de gozar coas observacións das preparacións histolóxicas ao microscopio Pareidoilas, da profesora Rosa Álvarez Otero, do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, as análises da profesora Araceli González Crespán, do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, ou as apreciacións do profesor Andrés Sanjuan, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, investigador do Grupo IN1 Inmunoloxía do Cinbio.

Seis reseñas para un curso

A primeira cita deste curso é con Loxandra, de María Iordanidou, escritora nada en Constantinopla a finais do século XIX. Nesa mesma cidade transcorre a historia que relata o libro, a historia da súa familia que xira arredor da súa avoa, Loxandra. O autor desta primeira reseña é o profesor de Grego Óscar Soto, que explica que a obra recolle “unha vida de novela dunha protagonista fenomenal”. Iordanidou retrata “unha saga familiar na que moitos, os que tivemos a sorte de vivir unha infancia nunha familia extensa, podemos vernos reflectidos, polo menos en parte: avós, tíos, curmáns, pais, irmáns, parentes achegados ou distantes, xente que vai e vén, mais que toda xira ao redor coma planetas dun astro central, a figura case omnipotente da avoa e xermolo desa extensa saga, na que é fácil perderse, porque son moitos os personaxes e con nomes de sonoridade moi distinta á que estamos afeitos”. Sen embargo, para Soto “xa non hai Loxandras nin existe o seu mundo”, un mundo que é unha “metáfora da continuidade, porque a sensación que transmite a lectura é a dun mundo inmutable e idéntico dende hai séculos”.

A seguinte cita, con reseña17 será para decembro e xaneiro e ten como protagonista La edad de la ira, de Pankaj Mishra, da man da bibliotecaria da Biblioteca de Filoloxía e Tradución, Ana María Bande. Entrando en 2021, a reseña18 de febreiro e marzo centrarase en El ojo del Observador. Johannes Vermeer, Antoni van Leeuwenhoek y la reinvención de la mirada, un volume asinado por Laura J. Snyder. O encargado de facer a reseña é Aser Ángel Fernández, bibliotecario da Biblioteca de Torrecedeira. A esta cita súmase a exposición Pareidoilas, da profesora Rosa Álvarez. En abril e maio o volume escollido é La epigenética. Cómo el entorno modifica nuestros genes, da man de Andrés Sanjuan, profesor do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía e investigador do grupo IN1 Inmunoloxía do Cinbio. Xa en xuño e xullo chegará o reseñas20 con Los cuentos de los hermanos Grimm tal como nunca te fueron contados, introducidos por Araceli González Crespán, profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá. A programación remata co reseñas21 en agosto e setembro con Las arquitecturas del deseo. Una investigación sobre los placeres del espíritu, de Jose Antonio Marina, da man de Carlos Lloréns, estudante do Programa de Maiores.

Temas: literaturaUniversidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis
Exposiciones

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis

...

PorÁngel Vila
02/08/2022
Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”
Gafapasta

Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”

...

PorMetropolitano
29/07/2022
La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral
Gafapasta

La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral

...

PorCarlos I. Castrillón
11/07/2022
A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego
Gafapasta

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

...

PorMetropolitano
09/07/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

Dous profesores da UVigo, nominados aos Premios Educa a Mellor Docente de España

PorMetropolitano
04/08/2022

Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X