O Rosal acollerá os vindeiros venres 17 e sábado 18 de setembro as súas primeiras Xornadas de Cine. Un proxecto que naceu a proposta de Xoán Gándara e que está organizado por el mesmo e pola Concellería de Cultura que ten por obxectivo achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais. Ademais, a iniciativa conta tamén coa colaboración de dous realizadores vinculados por motivos persoais e familiares ás Eiras, como son Sonia Méndez, directora do documental ‘A poeta analfabeta’, e Gon Caride, que ven de obter dous premios pola súa película ‘Deux Options’ na última edición do Festival de Cans.
Nesta primeira edición proxectaranse dous documentais e tres curtametraxes creados por realizadoras e realizadores galegos, como a viguesa Noemí Chantada, a guardesa Arancha Brandón, o tudense Víctor Coyote, a propia Sonia Méndez e o Grupo San Roquiño, de Goián. Todas e todos eles estarán presentes na proxección dos seus traballos, o que vai permitir aos asistentes participar nun coloquio no que se poderá falar sobre os filmes en particular ou sobre o cine galego en xeral.
O programa arrancará o venres 17 ás 20:30 horas coa proxección da curta do Grupo San Roquiño ‘O Coidado Nato’ e ‘A Poeta Analfabeta’, dirixida por Sonia Méndez. Xa o sábado 18, a partir das 20:30 horas poderá verse ‘A Typical Morning’, unha curta dirixida por Arancha Brandón; ‘Xoves de Comadres’, de Noemí Chantada; e ‘Os Traballadores do Contrabando’, un documental de Víctor Coyote.
As proxeccións terán lugar nos xardíns da Abadía das Eiras con entrada gratuíta ata completar aforo. En caso de chuvia, a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal. Dende a organización destas I Xornadas de Cine do Rosal quérese facer un agradecemento especialmente aos propietarios da casa rural da Adabía das Eiras “pola súa disposición e facer posible a celebración destas primeiras xornadas neste fermoso espazo”, como salientou o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL