• Nueva bebida Vigo
  • Pop up vintage Vigo
  • Futuro chiringuito Vigo
  • Calleja Rías Baixas
  • Makrofesta Tomiño
  • Playa fluvial
  • Andaina nocturna Mos
  • Altas temperaturas
  • Vídeo Pedida de mano
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Coñece o menú da segunda xornada do Play-Doc

Una playlist para disfrutar del concierto de Rubblebucket en Tui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Uxía PérezPorUxía Pérez
27/04/2018

A nova edición do Play-Doc xa é unha realidad. Este xoves, o Teatro Municipal de Tui acolleu a primera xornada dun dos eventos do sétimo arte referentes en Galicia. A cerimonia, conducida polos directores do festival, Ángel Sánchez e Sara García, permitiu facer un esbozo da programación que terá lugar ata o vindeiro 1 de maio. O acto, que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fixo un guiño a esa gran festa do cinema doméstico do martes coa proxección de imaxes gravadas en Súper 8 e amenizadas coa "banda sonora en directo" dun conxunto formado para a ocasión por Ricardo Dias Gómez, baixista de Caetano Veloso, Jeremy Gustin, espectacular batería, e Alex Toth, trompetista e fundador de Rubblebucket.

Para este venres, o Play-Doc ofrece un programa cheo de pratos fortes. Arranca a sección competitiva con The Waldheim Waltz da realizadora austríaca Ruth Beckermann, a retrospectiva do cineasta brasileiro Aloysio Raulino e dous cineastas galegos de referencia, Oliver Laxe e Lois Patiño, chegan ao festival para compartir o seu proceso de creación. Despois dunha xornada inaugural brillante o xoves, arroupada coa presenza de convidados e patrocinadores, o festival de Tui afronta a xornada do venres tomando o pulso ao mellor cine de hoxe e descubríndolle ao público xoias de culto, como Anna, o filme co que arranca o día en Tui, ou a obra mestra de Dennis Hopper Out of the blue.

Másnoticias

Tui rinde su particular homenaje a los peregrinos con una gran escultura de piedra

Tui rinde su particular homenaje a los peregrinos con una gran escultura de piedra

13/06/2026
El icónico puente internacional de Tui-Valença se llenará con mercado, conciertos y gastronomía

El icónico puente internacional de Tui-Valença se llenará con mercado, conciertos y gastronomía

12/06/2026

Ambos títulos forman parte do ciclo (Anti)heroínas. Anna (1975) de Alberto Grifi e Massimo Sarchielli, é un documental italiano sobre unha adolescente drogadicta e embarazada de oito meses á que rescatan das rúas baixo o pretexto de facer un experimento social. Tras a súa estrea en Berlín, esta pertubadora e controvertida película, tivo un exitoso percorrido por festivais para despois permanecer oculta, por razóns pouco claras, durante máis de catro décadas. Restaurada en 2012, volveu a saír á luz para deixar tras de sí unha estela de asombro e polémica. É unha das catro películas que compoñen o ciclo (Anti)heroínas xunto a : La Noire de…(Ousmane Sembène, 1966), Out of the Blue (Dennis Hopper, 1980) e Streetwise (Martin Bell, 1984). Protagonizadas por mulleres, menores de idade, marxinadas e alienadas socialmente, comparten todas unha intensa cualidade de cápsula do tempo, non só por permanecer ocultas ou pouco coñecidas durante décadas, senón tamén por ser un vivo reflexo dos seus respectivos contextos históricos, socio-políticos e económicos.

O venres 27 máis (Anti)heroínas coa que está considerada a mellor película de Dennis Hopper Out of the Blue (1980), un dos relatos máis contundente sobre a era do punk rock. Este drama nihilista, que toma o seu título da canción My My, Hey Hey (Out of the Blue) de Neil Young, céntrase nunha adolescente obsesionada con Elvis Presley e o punk rock. A película está maxistralmente interpretada por Linda Manz e polo propio Hopper, quen exhibe unha das súas actuacións máis salvaxes e descontroladas. A pesar de causar unha grande sensación no Festival de Cannes en 1980, onde competiu pola Palma de Oro, a película apenas tivo distribución e caíu practicamente no esquecemento.

Oliver Laxe e Lois Patiño, en proceso

Tan interesante é ver unha película como achegarse ao proceso de creala, apunta a programadora de cine galego, Beli Martínez. O venres 27 de abril é momento para público e cineastas atoparense e o festival programa dous encontros con dous referentes do cinema galego: Oliver Laxe e Lois Patiño. A sección Tres Procesos -o terceiro vértice será Eloy Enciso- é un encontro aberto co público, no que os directores amosan imaxes dos seus novos traballos, aínda en construción, e dararnos a coñecer eses filmes e secuencias que dalgún xeito inspiran e acompañan nun momento decisivo. Oliver Laxe traballa no seu último proxecto: Aquilo que arde, o seu achegamento persoal ao fenómeno do lume en Galicia, e Lois Patiño, en Tempo Vertical, narración ao redor do misterio de tempo, espazo e movemento que acontece nunha vila galega.

Ruth Beckermann en competición

A consagrada realizadora austriaca Ruth Beckermann visita o 14º Play-Doc con The Waldheim Waltz e precedida de excelentes críticas, con este documental premiado no Festival de Berlín e que chega a Tui na era de Trump, dos feitos alternativos e da postverdade. A veterana realizadora céntrase na figura do seu compatriota Kurt Waldheim, ex secretario de Nacións Unidas (1972-1981) que ocultou dous anos da súa biografía como criminal de guerra, e para abordalo parte do seu propio e inxente arquivo de imaxes. Xunto a The Waldheim Waltz, participan na sección competitiva en 2018: Going South” (Dominic Gagnon), “Lamaland” (Pablo Sigg), “Terra Franca” (Leonor Teles) e “Les Unwanted de Europa” (Fabrizio Ferraro). As cinco películas, todas deste ano, estréanse en España en Play-Doc.

O xurado desta edición, recén chegado a Tui, está formado polo crítico e programador arxentino Roger Koza, a directora de programación da Cinemateca Francesa, Caroline Maleville, e a directora de programación de MUBI, cinemateca global en liña, Chiara Marañón.

Aloysio Raulino

A primeira retrospectiva dedicada ao brasileiro Aloysio Raulino (1947-2013) fóra do seu país ten lugar en Play-Doc 2018. O seu colega, colaborador e investigador Paulo Sacramento introducirá ao público neste realizador nas marxes, brillante fotógrafo e cineasta singular hoxe recoñecido como unha voz única na cinematografía de Brasil. O festival de Tui acolle a obra dun cineasta de culto cuxo traballo constitúe unha xoia agachada. O venres 27 proxéctanse as súas curtas: Arrasta a bandeira colorida (1970), Lacrimossa (1970), Jardim Nova Bahia (1971), Teremos infância (1974) e Tarumã (1975).

Raulino encarna dalgún xeito o espíritu dos cineastas de vangarda dos anos vinte e trinta, cando todo parecía por descubrir no cinema e impúñase a invención de novas olladas e formas de produción. Preocupación social, poesía e certa dose de surrealismo danse a man nos seus filmes. Sinala Paulo Sacramento que “se ben hai pobreza e carencias retratadas en todos os seus títulos, en ningún deles existe o menor sinal de miseria”. O cine de Brasil redondeará a súa presenza en Play-Doc 2018 coa homenaxe a Ozualdo Candeias, precursor do “cine marginal”, a partir do domingo 29.

Temas: O Baixo MiñoPlay DocPlay Doc 2018Tui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación
Enfoque

De Siria, Colombia e Perú ás aulas da Universidade de Vigo, cinco historias de superación

PorUxía Pérez
12/06/2026

A UVigo amosa con exemplos claros a importancia da bolsas de protección internacional, das cales publicouse unha nova convocatoria

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

13junTodo el día14Feria de Abril de VigoFIESTAS | VIGO

13junTodo el día14Sons do Casco 2026 en BaionaMÚSICA EN DIRECTO | BAIONA | GRATIS

17jun20:00Gira Cadena Dial en VigoCONCIERTOS | SAMIL | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X