Alertas
miércoles, 10 de agosto 2022
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Creou unha muller as cantigas do Pergamiño Vindel?

Creou unha muller as cantigas do Pergamiño Vindel?
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
15/11/2017

A investigadora e docente da Universidade de Poitiers (Francia), onde dirixe o Centro de Estudos Latino-Americanos, Ria Lemaire, e a catedrática xubilada de Literatura Portuguesa da Universidad Estadual de Campinas (Brasil) Yara Frateschi Vieira, comparten paixón pola literatura medieval, á que dedicaron a meirande parte dunha traxectoria profesional, que as acredita como dúas das maiores expertas internacionais na materia. Lemaire e Vieira compartirán os seus coñecementos cas e cos asistentes ao Simposio Internacional ‘E irei madr’a Vigo’, que se celebrará os vindeiros 23 e 24 de novembro en Vigo, organizado polo Departamento de Filoloxía Galega, con motivo da estadía na cidade do manuscrito que contén as cantigas de amigo de Martin Codax.

Pero, foi realmente o trobador galego o autor das sete cantigas de amigo recompiladas no Pergamiño Vindel? “A teoría da creación das cantigas por mulleres vai ser aplicada, si, ás sete cantigas do Pergamiño Vindel. É esa abordaxe nova a que vai permitir tamén analizar, en definitiva, a personaxe da muller nas cantigas de amigo a partir desta teoría. Non como un dos temas dentro do conxunto dos temas presentes nas cantigas e imaxinados por homes escritores, senón como personaxe/protagonista dun moi antigo xénero literario: o da cantiga xuvenil das mozas namoradas”, explica Ria Lemaire, que ofrecerá no simposio un relatorio titulado As personaxes femininas nas cantigas de amigo.

Másnoticias

Antonio García Teijeiro súmase ao valo literario de Beiramar cun verso dedicado ao mar

Antonio García Teijeiro súmase ao valo literario de Beiramar cun verso dedicado ao mar

14/06/2022
Delgado Gurriarán: de valdeorrés namorado da súa terra a estandarte do exilio cultural galego

Delgado Gurriarán: de valdeorrés namorado da súa terra a estandarte do exilio cultural galego

17/05/2022

A especialista holandesa sinala que o título da súa intervención fai alusión á maneira como tradicionalmente se presentaba na historia da literatura medieval á personaxe feminina da cantiga de amigo na que “ela era simplemente parte dun conxunto temático, ao lado de temas como o amor, o mar, a natureza, entre outros, no corpus das 500 cantigas de amigo conservadas nos dous cancioneiros do século XVI, todas escritas segundo os historiógrafos desa literatura por poetas masculinos”.

Trobadores que espremen sentimentos femininos e mozas que bailan danzas xuvenís

Fronte ao discurso oficial que defende que os poetas/trobadores “terían espremido nesas cantigas sentimentos tipicamente femininos, que elas cantan con voz triste e chorona e ás que o seu amor infeliz e insatisfeito fai delas figuras tristes, vítimas pasivas de infidelidades masculinas e sempre á espera de regresos de amantes ansiosamente desexados”, Ria Lemaire construíu na súa tese de doutoramento en 1988 unha teoría propia.

“As 100 cantigas de amigo dialogadas, paralelísticas, presentadas e clasificadas xunto con 400 cantigas monologadas e aparecidas como cantigas de amor masculinas, no corpus das 500 cantigas de amigo, pertencen, en verdade, ao xénero antiquísimo indo-europeo das bailadas xuvenís das mulleres novas. Danzas xuvenís de rondas de mulleres só e, por ese motivo, só podían ser elas, orixinalmente as súas compositoras e poetas que memorizaban e improvisaban o son e a letra bailando”, explica Lemaire. Para a especialista en literatura medieval este traballo de “arqueoloxía do saber (Michael Foucault), un saber feminino, obnubilado pola historia oficial”, esixirá ás e aos investigadores esforzos de multilingüismo importantes, cuxos resultados darán tamén resposta a preguntas sobre afinidades e diferenzas entre as tradicións doutras zonas de Europa. No caso de Lemaire a súa experiencia e coñecemento provén da análise comparativa da súa tradición xermánica (flamenga, holandesa e alemá) coa súa formación académica (francesa e ibérica e brasileira), o que lle fai apreciar paralelismos entre as tradicións oriúndas desas linguas e culturas.

As cantigas, un todo que revela algunhas ‘marcas’ formais

A súa capacidade de comunicar a súa forza poética a lectoras e lectores situados a unha enorme distancia temporal e espacial e os misterios ligados a súa orixe, transmisión e contexto cultural, foron as dúas características que máis impresionaron, primeiro, e atraeron despois a Yara Vieira da lírica galaico-portuguesa, á que dedicou a maior parte da súa traxectoria profesional. “Cando finalmente coñecín Galicia, sentín que estaba na casa, a familiaridade da lingua e a cultura, así como a acollida por parte dos colegas, estimuláronme a estudar a poesía galega contemporánea, que descoñecía, máis tamén a afondar no estudo da lírica medieval”, explica Vieira, que abordará no simposio internacional o Estudo literario das cantigas de Martin Codax.

“Na miña intervención procuro facer unha revisión das principais lecturas interpretativas do cancioneiro codiciano. Un dos aspectos que máis chamou a atención dos críticos, ao longo dos anos, foi a suposta ‘unidade’ das sete cantigas: fálase, por tanto, dun ‘único poema’ ou dun ‘poema musical’; hai estudosos que alteran a orde en que as cantigas foron transmitidas nos testemuños existentes a fin de recuperar unha liña narrativa, por veces relacionada coa biografía do poeta; outros defenden a existencia dunha secuencia narrativa”, detalla Yara Vieira, que tamén sinala, que se propuxeron formas alternativas de cohesión do cancioneiro, como a representación dunha unidade por medio de sintagmas subxacentes, nunha estrutura formal semellante á dun vilancete, unha antiga composición poética de carácter campesiño (Reckret), ou a composición, segundo a organización da dispositivo retórica: exordio, argumentación, refutación e epílogo (Ferreira).

“O conxunto das cantigas, considerado como un todo, revela, efectivamente, algunhas ‘marcas’ formais, como alternancia da composicións con respecto ao número das estrofas, presenza ou ausencia de referencias mariñas, etc. Alén diso, aínda que as cantigas estean limitadas polo esquema restritivo do paralelismo é evidente que Martin Codax aproveita as ‘brechas’ que o modelo abre- por exemplo o primeiro dístico+refrán :Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo? / e ai Deus, se verrá cedo!- para nelas imprimir as súa sinatura, singularizando un cadro trivial, composto polo amigo ausente e a amiga, que agarda o seu retorno; na súa formulación orixinal e expresivamente feliz, mentres, o lugar onde ocorre a escena- Vigo-, é posto de relevo, adquirindo protagonismo formal e semántico”, detalla Vieira.

Felices de poder ver o Pergamiño Vindel “en carne e óso”

Lemaire e Vieira terán ocasión con motivo da súa participación no Simposio Internacional ‘E irei madr’a Vigo’ de ver por primeira vez o Pergamiño Vindel. “Cando quixen aproveitar unha estadía en Nova York para ver o manuscrito, non estaba dispoñible. É un motivo máis para sentirme feliz e honrada de viaxar a Vigo para falar sobre el no simposio”, asegura a directora do Centro de Estudos Latino-Americanos da Universidade de Poitiers. Pola súa banda, Yara Vieira afirmar que “fico moito feliz de poder ver agora ‘en carne e óso’ ese documento de importancia crucial para a historia do texto e da música medieval galego-portuguesa, principalmente cando se atopa de volta ao se habitat natural, no Museo do Mar en Vigo”.

Temas: cantigas de amoliteratura galegaMartín CódaxPergamiño Vindeltrobadores
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis
Exposiciones

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis

...

PorÁngel Vila
02/08/2022
Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”
Gafapasta

Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”

...

PorMetropolitano
29/07/2022
La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral
Gafapasta

La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral

...

PorCarlos I. Castrillón
11/07/2022
A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego
Gafapasta

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

...

PorMetropolitano
09/07/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

Dous profesores da UVigo, nominados aos Premios Educa a Mellor Docente de España

PorMetropolitano
04/08/2022

Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X