Falar de Florencio Delgado Gurriarán é falar de Valdeorras, de Córgomo, dos seus viños, os seus camiños e a súa terra, pero tamén é facelo de compromiso intelectual co galeguismo, de reivindicación do exilio cultural galego e de "poesía ao servizo da causa", dúas perspectivas que conflúen no poeta ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.
Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903- Fair Oaks, 1987) "foi o poeta da paisaxe, de Valdeorras, cunha poesía que ten un vínculo importante coa terra", destaca, en declaracións a Europa Press Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega.
Criado no seu Córgomo natal por unha familia "moi preocupada pola educación", foi un autor "moi galeguista e moi apegado á terra", recalca Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que o considera "un autor fundamental na primeira metade do século XX", xa que "comezou a escribir moi novo" dentro da chamada Xeración do 25, que renovou a literatura galega cara a "estruturas máis modernas".
A Guerra Civil levouno ao exilio, onde se asentou en México e descubriu na diáspora unha liña de actuación literaria, cultural e política. "É un dos grandes representantes do exilio, escribindo e actuando pensando nos exiliados como el, algo que poucos autores fixeron", debuxa Valentín García. Foi, así, "un representante dos exiliados galegos de forma consciente e por vontade propia", sen "decaer nunca na súa defensa da lingua e da cultura galega" mesmo dende o outro lado do océano.
"El, como poeta, naquela situación tan dramática de Guerra Civil e de exilio forzado, de reconstruír a súa vida e os seus vínculos coa terra alén do mar, opta por poñer a poesía ao servizo da causa", destaca Rosario Álvarez nunha entrevista a Europa Press, na que recoñece que, probablemente, o autor non pensara "uns anos atrás" nesa posibilidade.
Para dedicarlle este ano as Letras Galegas, en Delgado Gurriarán "xúntanse dous perfís", apunta Rosario Álvarez, o de poeta en lingua galega, que "percorreu toda a súa vida", e o de "activista cultural" e "home comprometido coa cultura e con Galicia no seu conxunto desde o exilio".
Este segundo aspecto, indica a presidenta do CCG, pesou "moito" á hora de elixilo como homenaxeado. "Exíliase en México e, desde alí, desenvolve de maneira continuada no tempo un traballo como intelectual comprometido. Segue sendo alguén especial dentro da cultura galega e, ao mesmo tempo, encárgase de promover, de actuar como activista cultural, dentro do galeguismo", destaca.
En todo este proceso, Delgado Gurriarán mantería o contacto coa "Galicia interior" e, especialmente, coa súa terra natal. De feito, destaca Rosario Álvarez, Valdeorras é "un compoñente moi importante nesa poesía que ten un vínculo especial coa terra, coa paisaxe, na que el naceu".
Para o lector actual, Rosario Álvarez incide na emotividade dos seus poemas, tanto aqueles que compón en Galicia, "na inmediatez da paisaxe", como os que produce desde "fóra", onde "fala da súa terra e tamén da 'Galicia infinda'". "El emociónase igualmente con esa paisaxe que lle fala", apunta.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL