Segundo se achega o mes de maio, o Festival de Cans vai descubrindo as súas cartas. Desta vez, coñecemos que a produtora galega Chelo Loureiro será homenaxeada nesta edición co Pedigree 2018, que premia a traxectoria no audiovisual galego.
Loureiro é unha das figuras máis recoñecibles e recoñecidas do sector. Seis veces nominada aos premios Goya con filmes producidos por ela, o pasado ano pasado fíxose co galardón á mellor curtametraxe de animación como produtora de Decorado, do realizador Alberto Vázquez. Ademais, o filme Decorado, acaba de facerse tamén nos últimos días co Premio á Mellor Curtametraxe de Animación nos prestixiosos Premios Quirino de Animación Iberoamericana.
Impulsora da animación galega nos últimos anos, nomeadamente das curtas, Chelo Loureiro recibe o premio por “dar a alternativa na dirección a xóvenes directores e directoras, por ser unha incansable captadora de novos talentos e pola súa continua teima en tentar que os creadores e creadoras galegos queden a traballar na súa terra”.
Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, á actriz Isabel Blanco, unha teimuda defensora do Festival de Cans desde as súas primeiras edicións, e aos veciños Constante Romero e Chelo Casalmorto, propietarios do coñecidísimo “Cuberto de Chelo”, no que se proxectan as curtametraxes a concurso do festival.
Isabel Blanco (Berna, Suíza, 1974) é ben coñecida por todos os seguidores do audiovisual galego, (Mareas Vivas, Un franco, 14 pesetas, etc.), e unha teimuda defensora do Festival de Cans desde as súas primeiras edicións. Cans quere premiar a predisposición absoluta que sempre tivo a colaborar co festival, especialmente nas tres últimas edicións, onde como delegada en Galicia de AISGE, o seu apoio resultou determinante para o futuro do Festival xusto cando atravesaba un dos momentos máis delicados da súa historia.
Todos eles recollerán o seu premio na “Noite das Homenaxes” que se celebrará o venres 25 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación de estrela de Chelo Loureiro.
Por outra banda, a venda de entradas para as distintas proxeccións do festival continúa a bo ritmo. Tras esgotarse os pases para poder ver Casamance, la banda sonora de un viaje en menos de 48 horas, agora mesmo quedan menos de vinte entradas para poder ver as curtametraxes que forman parte de ExtraCans, a nova sección internacional. Nos próximos días, a organización anunciará as datas de venda dos tradicionais packs de entradas para ver as curtametraxes da sección oficial a concurso +camisola do festival.
diciembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
O simposio, que terá lugar entre os días 20 e 22, contará cunha vertente esencialmente científica e outra centrada na formación práctica
diciembre de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vila Nova de Cerveira
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL