O Festival de Cans, cuxa edición terá lugar este ano do 1 ao 4 de setembro, pechou esta semana o prazo de inscrición para concursar nesta edición, logrando rebasar as 200 obras.
En total, foron 208 curtametraxes, videoclips e obras diversas, as que se inscribiron para buscar un oco entre as curtas finalistas. Inscribíronse un total de 69 obras de ficción, 76 videoclips, 36 obras de non ficción na categoría Furacáns, nove curtametraxes de animación e 18 obras de diferentes formatos, que van das webseries ás videocreacións.
As obras inscritas, ademáis de desde Galicia, chegaron desde cidades do Estado como Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valencia e de diferentes países, onde desenvolven o seu traballo moitas e moitos creadores galegos, como Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Alemania e mesmo Brasil.
Por vez primeira na súa historia, o festival superará a cifra dos 10.000 euros en premios, facendo un esforzo por non reducir en ningún caso esta aportación tan necesaria para premiar o labor de creadoras e creadores, que están a atravesar momentos moi difíciles nos últimos meses. Agora mesmo, desde a organización comezarase un rigoroso proceso de visionado das obras, e un traballo para seleccionar aquelas que estarán na competición oficial.
Nestes momentos, desde a organización trabállase con prudencia, para adaptar o festival en función da evolución da pandemia, que agora mesmo está sendo esperanzadora. Malia as duras condicións impostas no ámbito da cultura e as dificultades para traballar con estrictas reduccións de aforo, o Festival de Cans continúa buscando apoios e patrocinios, e lanza un ano mais a campaña “Apadriña ou amadriña un jalpón”, para patrocinar os `jalpóns´de proxecións mais emblemáticos do certame.
Todas aquelas empresas, institucións ou persoas que queiran colaborar co festival e axudar a sacar esta edición adiante, poden contactar co festival no correo electrónico: [email protected], ou ben por mensaxe interna a través de calquera das redes sociais do evento.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
La nueva rectora ha informado que la Universidade de Vigo ya ha cerrado el 75% de sus titulaciones para el próximo curso universitario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL