• Futura hamburguesería Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Cierre en Churruca
  • Ruta gastro Vigo
  • Oferta Vueling
  • Fiesta náutica
  • Festa da Sidra Vigo
  • Investigación Baiona
  • Entradas Celta Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O FICBueu agarda aos cinéfilos con 128 filmes e 65 actividades

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/09/2019

O FICBueu 2019 está a piques de comezar a súa travesía. Todo está listo. Este luns 2 de setembro, a vila morracense acolleu a presentación desta nova edición que se desenvolverá do 6 ao 14 deste mes e que permitirá aos amantes do cinema gozar dun programa no que destaca a proxección de 128 filmes e 65 actividades. Como no podía ser doutra forma, o evento escribiu este o prologo desta nova entrega -xa van ser doce- a bordo dun catamarán.

O director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu explicou que o certame acadará este ano unha serie de cifras récord, ao proxectar 128 filmes dos que 70 se verán por primeira vez en Galicia e, desas, 30 exhibiranse por vez primeira en España “o que amosa a dimensión do lugar que ocupa o FICBueu dentro da industria cinematográfica”, de maneira ademais que “o público poderá achegarse a obras doutro xeito inaccesibles”, concluíu.

Másnoticias

Más de 70 cortos, ruta gastronómica y actividades infantiles, llega el festival 'friki' de Vigo

17/09/2025

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

16/09/2025

A xefa de produción do festival, María Ruiz-Falcó, repasou o amplo programa desta duodécima edición, na que haberá as catro seccións habituais (Galicia R, España, Internacional e Panorama) e dúas novas, Experimental e Nouvelle Vague, amais das destinadas ao público máis novo. Organizaranse asemade charlas con profesionais de recoñecido prestixio, como o actor Luis Zahera, o director Xacio Baño, o produtor Sergio Frade ou a directora de arte Elia Robles, canda dous encontros sectoriais protagonizados polas asociacións Proxecta e CREA.

A realización en directo de espazos radiofónicos, de ámbito estatal e autonómico, con convidados da talla de Paco Plaza, Mabel Rivera, Uxía Blanco ou María Vázquez, é outro dos eixos do FICBueu 2019, xunto co monólogo humorístico de Miguel Lago e unha decena de actuacións musicais, que encabeza Enric Montefusco. O Mercado das Curtametraxes, a Ruta das Tapas 5 Estrelas ou as propostas para a rapazada reunidas baixo o epígrafe Mini-FIC son outras das claves da programación. As entradas para as escasas actividades que non son gratuítas poden mercarse a través da web oficial do FICBueu (premer aquí). Case todas as propostas que ofrece o festival son de balde.

No acto de presentación do festival, o director da Agadic, Jacobo Sutil, apuntou que “o sector audiovisual galego vive un momento brillante”, tanto no relativo á produción como á difusión e formación de novos públicos que xeran os festivais, destacando “a potencia que está a acadar o FICBueu e o seu crecemento continuo”. Tamén a responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, salientou que “a xente á que lle gusta o cinema ten este festival na súa axenda” e lembrou que as curtas adoitan abordar temáticas sociais de plena actualidade, como o papel da muller, o colectivo LGTBI ou as migracións. Ao tempo, o FICbueu resulta “un festival inclusivo, con propostas para todos os públicos, que se celebra nunha contorna marabillosa, polo que ten todos os ingredientes para que resulte un éxito”, asegurou a deputada provincial.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, pechou a rolda de intervencións subliñando a colaboración entre administracións para impulsar “un proxecto cultural tan ambicioso como este, que cada ano evoluciona completando e diversificando a súa oferta, polo que é un pracer camiñar ao seu carón”. O rexedor sinalou asemade que “este festival foi medrando da man da xente, da súa masiva asistencia, e da capacidade de innovar que a organización demostra ano tras ano”.

Temas: BueuCinefestivales de cinefestivales de cine en Galiciafestivales en GaliciaFICBueuO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X