• Concierto O Porriño
  • Festa do Marisco
  • Radares
  • Apertura en Vigo
  • Pisos Casco Vello
  • Nuevas fechas Galicia Fest
  • Cine aire libre Vigo
  • Photocall O Porriño
  • Rodaje Vigo
  • Fiesta en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Galician Freaky Film Festival: benvidos á revolución do mundo friki

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
24/10/2018

O Galician Freaky Film Festival comeza este xoves 25 ás 19:00 horas na sala Videodrome (rúa Velázquez Moreno, 44) coa sesión “Humor Freak Vol. I", composto por sete curtametraxes e continuará, a partir das 21:00 horas, cun concerto de Joao Tomba ao que lle seguirá o seguinte e último bloque: “Sesion Typical Spanish” de catro curtas que explorarán con humor os tópicos españois.

Deste xeito, na primeira das sesións poderanse ver obras como La verdad, de Fernando Llor, no que o protagonista terá que revelar un gran segredo a súa moza xusto antes de deixala; Bienvenido al infierno, de Simón Fariza Miralles, que relata, con moito humor, o temido momento no que un rapaz ten que coñecer a familia (pouco convencional) da súa moza ou Loot, de Pablo Medina, unha curtametraxe que inclúe a tres atracadores de bancos, unha caixa forte, un novato para abrila e unha realidade que se rexe polas regras dos videoxogos.

Másnoticias

Detenida en Vigo tras agredir a la policía que la cacheaba tras robar un bolso

02/09/2025

Sidra artesanal, grandes verbenas y una gran "foliada" en esta conocida fiesta de Vigo

02/09/2025

O resto das curtas deste bloque son El sueño beato, de David Pantaleón; Nini, de Álvaro Sanz Pascual; Estribillo, de César Tormo e Yayoflautas, de Jesús Martínez.


É do teu interese: Todo o que poderás facer esta fin de semana no Galician Freaky Film Festival


Xusto despois do concerto de Joao Tomba terá lugar a última sesión desta xornada inaugural, “Sesion Typical Spanish” composta por títulos como El taconeo, de Suso L. Capilla, unha curta centrada nun afamado cantante que se verá desbancado dun tablao flamenco por La Bella Dolores ou El escarabajo al final de la calle, de Joan Vives Lozano, no que Amadeo recibe unha inquietante premonición: quédanlle sete días de vida.

Ademais tamén se proxectarán outras dúas obras máis: Amancio, vampiro del pueblo, de Alejo Ibáñez e Coplillas por Bombay, de Jaume Miranda.

Actividades paralelas

Ademais das proxeccións, nesta nova edición terán lugar diferentes actos paralelos entre os que destaca a mostra de “art horror” de Josef Méndez, un artista vigués que, pouco despois do festival, voará ata Alemaña para estar no Weekend of Hell, o festival de horror máis quente de Europa, segundo o propio eslogan do evento.

Por suposto, o gaming tamén terá un oco na primeira edición do Galician Freaky Film Festival. Así, dende o xoves 25 e ata o sábado 27 estarán na sala dúas máquinas arcade para que todos os amantes dos videoxogos antigos poidan volver uns intres ao pasado e gozar coma rapaces unha vez máis.

Finalmente, tamén estará dispoñible unha cervexa propia do festival e feita especialmente para a ocasión cortesía da marca artesá Nós.


É do teu interese: Consulta todas as curtas que poderás ver no festival


Votación popular

Os gañadores das curtametraxes á concurso decidiranse mediante unha votación popular do máis orixinal: un aplausómetro feito ad hoc para o festival polo que, ao remate de cada obra, o público deberá botarlle ganas e implicarse ao máximo se quere que o filme pase a estar entre os favoritos da primeira edición do certame.

Sen dúbida, está todo preparado para vivir unha primeira xornada inaugural que só será o principio de tres días repletos de moito gamberrismo en forma de sesións de cine, gaming e concertos que servirán para reivindicar o mundo friki e consolidar o evento coma un referente na cidade.

Prezos populares

Como xa é tradición, o Galician Freaky Film Festival quere ser un punto de encontro de cinema e cultura freak aberto a todos e cuns prezos populares. Por iso, cada sesión de cine custará 2 euros, mentres que o concerto de Joao Tomba terá un prezo de 4 euros que inclúe o pase para o bloque “Sesion Typical Spanish”.

As entradas poderanse mercar dende media hora antes do comezo de cada sesión na propia sala Videodrome e, para todos aqueles que non se queiran perder nada, haberá un abono especial de 10€ que da acceso a todas as actividades e as curtas desta primeira edición do festival. Para reservalo, basta con poñerse en contacto coa organización a través do Facebook ou de Instagram.

Temas: CineGalician Freaky Film FestivalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X