Pouco a pouco o galego vai abríndose paso nas plataformas dixitais. A pesar de que aínda non estea recoñecido en moitas das aplicacións que se utilizan de forma habitual como WhastApp, Instagram, TikTok ou Twitch, a través do contido audiovisual si que se van abrindo portas que xa nos permiten desfrutar de series e películas en galego. Así, actualmente, algunhas plataformas de streaming están aumentando o seu catálogo na nosa lingua, mentres que outras están comezando a incluílo, ben sexa con producións orixinais, dobraxes ou subtítulos.
Unha das opcións máis coñecidas para ver series e filmes en galego é a sección "Á Carta" da TVG. Sen embargo, tamén se pode desfrutar de contido en galego na plataforma Enserie, que recolle “as mellores series” da canle galega. Así, poden verse de balde títulos como “Operación Marea Negra”, “Serramoura”, “Mareas Vivas” ou “Auga Seca”, entre moitas outras producións da pequena pantalla.
Tamén de balde, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da Xunta, a través da plataforma Galicia Le permite o visionado dun amplo catálogo de películas como “A Esmorga”, “Migas de pan”, “Somos gente honrada” ou “Cocorico”. En total, este arquivo online conta con 302 contidos para público infantil e 109 para público adulto en galego ou subtitulados. Para acceder a Galicia Le tan só é necesario rexistrarse na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e emprestar o contido, cun máximo de dúas películas durante 48 horas.
Dende hai relativamente pouco tempo, o galego comezou a estar presente tamén nas grandes plataformas de streaming como Netflix, Prime Video, HBO ou a plataforma de cinema independente Filmin. Segundo o Informe Xabarín, publicado recentemente pola Mesa pola Normalización Lingüística, as plataformas internacionais “é onde maior incidencia tiveron as campañas sociais”, conseguindo un 1,89% en Netflix, que se posiciona coma a única que cumpre os mínimos legais. En conxunto, entre Netflix, Prime Video e HBO o galego está presente nun 0,92% do catálogo xeral e só conta con opcións dobradas ou subtituladas en Netflix e Prime Video. Pola súa banda, a plataforma española Filmin conta cun 0,30% do seu catálogo con versións subtituladas ou dobradas en galego.
A comezos do ano 2022, Netflix, o xigante das plataformas de streaming, anunciou que se engadirían ao seu catálogo preto de 70 títulos subtitulados ou dobrados ás tres linguas cooficiais, é dicir, galego, catalán e éuscaro. Actualmente, as películas que se poden escoitar en lingua galega en Netflix son principalmente de xénero animación para un público infantil. No caso dos filmes con subtítulos na lingua de Rosalía de Castro o catálogo aumenta consideradamente cun gran número de series e películas como The Witcher, Emily en París, Enola Holmes, Blonde, Caleidoscopio, Resident Evil, Hustle ou Dahmer: Monster: The Jeffrey Dahmer Story, entre outras.
A continuación, deixámoste unha lista coas películas en galego que poden desfrutar os subscritores de Netflix:
Tamén dende o ano pasado, Prime Video, o servizo de streaming de Amazon, incorporou ao seu catálogo a lingua galega, con películas e series dobradas e subtituladas. Do mesmo xeito que Netflix, a posibilidade de ver películas subtituladas en galego é maior, con subtítulos dispoñibles en producións como Una Historia de Crímenes, Spencer, La Abuela, Lola índigo. La Niña, Sonic Prime, O Contratista, Mañá é hoxe ou Xogo de Asasinos, entre outras.
Entre as plataformas internacionais, HBO Max é a que menos contido audiovisual ofrece en galego, cunha única película dispoñible en lingua galega. Así, os subscritores deste servizo poden ver en galego o filme Auga Seca (2020), que tamén se pode atopar na páxina Enserie da TVG.
Pola súa parte, Filmin, a plataforma española de cinema independente e de autor, inclúe no seu catálogo a colección "Novo Cinema Galego", que recolle un total 32 títulos entre películas, documentais e curtametraxes. Moitas das películas que forman parte desta colección están dispoñibles en versión orixinal en galego e a maioría contan con subtítulos en galego.
Aberto á participación do alumnado dos tres campus da UVigo, o premio entregarase nunhas xornadas que se celebrarán co gallo do 25N
La divertida webserie, resultado de un taller del Curso de Medios Audiovisuais, se estrena este viernes en el Aula de Cine
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL