A nova longametraxe de Alfonso Zaruza, Malencolía, estréase o 25 de marzo en 23 cinemas de 17 localidades galegas. Protagonizada por Melania Cruz e Xúlio Abonjo, Malencolía mestura o cinema de terror, a comedia e o desacougo vital para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego tras vivir varios anos en Berlín. No caso de Vigo, o filme proxectarase nos Multicines Norte, Cines Plaza Elíptica, Gran Vía Cines e Yelmo Travesía.
O filme, que tiña 11 candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo que se celebraron o pasado sábado, acadou dous premios, os dos actores Iolanda Muíños e Diego Anido como mellor interpretación de reparto feminina e masculina, respectivamente. Logo de ter gañado el Premio Xacobeo del Ourense Film Festival o pasao mes de outubro, hoxe preséntase no Sombra, Festival de Cine Fantástico Europeo de Murcia, onde compite na Sección Oficial.
Malencolía, producida por Maruxiña Film Company en coprodución coa Televisión de Galicia, está rodada integramente en Galicia e en galego, e con equipo 100% galego. Conta con subvención de AGADIC e o apoio da Deputación de Ourense. A rodaxe de Malencolía realizouse en diversas localizacións dos concellos de Boborás, O Irixo e O Carballiño.
Nesta a súa sexta longametraxe, o director da premiada “Ons” adéntrase por primeira vez no xénero de terror, que busca dun xeito pouco convencional, partindo da rica tradición galega oral e literaria sobre o medo para engadir elementos do estilo americano slasher de asasinos en serie e gore, e tamén boa dose de humor.
Entre os actores que volven traballar ás ordes de Zarauza destacan os protagonistas, Melania Cruz e Xúlio Abonjo, que interpretan a Sira e Pepe, unha parella que decide comezar unha nova vida nunha aldea abandonada de Ourense logo de botar moitos anos emigrados en Berlín. Chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina, que interpreta Iolanda Muiños. Completan o reparto Diego Anido, Marta Lado, X. A. Touriñán, Ricardo de Barreiro, Ledicia Sola, Tito Asorey e Deborah Vukusic. A banda sonora, composta por Xavi Bértolo, inclúe dous temas da banda Chicharrón e unha versión de "Teño Saudade" de Andrés Do Barro a cargo de Roberto Cacabelos e Raquel Vilas.
El Auditorio Municipal de Nigrán acogerá varias representaciones teatrales este fin de semana. Estos son los horarios
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
El Chiringuito Samil, que conquista al público con su propuesta musical, anuncia nuevos conciertos para la primera mitad de junio. ¡Estos!
El norte de Portugal se prepara para disfrutar de una nueva fiesta histórica. Llega la Vizela Romana, con espectáculos, mercado y música
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL