O músico e escritor Miguel Alonso presentará este venres, 10 de novembro, a súa primeira novela, “O caso Quintana”, dentro do ciclo Venres D_letras, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas. Con este ciclo pretende dárselle visibilidade aos autores galegos e, nomeadamente, á situación actual da literatura de noso. A actividade desenvolverase a partir das 20:30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
"O caso Quintana" é unha novela xuvenil de intriga, na que dúas rapazas, estudantes de Psicoloxía na USC, deberán empregarse a fondo para solucionar o misterioso asasinato dun dos profesores da Facultade e máis dunha alumna. A novela é debedora dos clásicos do xénero; mesmo as protagonistas semellan un Sherlock Holmes e un Doutor Watson de noso, desenleando os fíos que levarán á resolución final do caso.
Ademais da súa faciana literaria, Miguel Alonso é un recoñecido músico, con varios discos publicados.
O ciclo Venres D_letras terá continuidade no mes de decembro coa presentación de «As receitas de Rosaura», da escritora ponteareá Isabel Blanco dirixido a un público infantil.
Es el mejor estreno independiente de la semana en Galicia solo superada por Chainsaw Man - La Película: El arco de Reze
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL