A UVigo, declarada como a universidade máis transparente de España
A institución académica acada a mellor valoración en transparencia económica e financeira e contratación de servizos no informe Dyntra
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Moaña leva varios anos organizando actividades de poesía improvisada. Esta forma tradicional de improvisación en verso é un interesante recurso para fomentar a oralidade en lingua galega entre a xente nova, espertando a súa creatividade e mellorando a competencia lingüística e musical.
Desde 2017 organízase co alumnado de 2º ESO de todos os centros educativos do Morrazo un Certame Comarcal (en colaboración cos concellos de Bueu e Cangas e os centros) no que durante unha mañá centos de rapaces compiten no Auditorio de Cangas pola mellor rima. Ademais, o Concello de Moaña organizou en 2019 un curso de formación para o profesorado no que se puxo en valor o importante recurso didáctico que supón a actividade de improvisación na aula.
Este curso 2020/21 o Concello de Moaña proponse dar un paso máis e crear o Certame Moañés de Poesía Improvisada dirixido a alumnado do 5º e 6º de primaria dos colexios de Moaña. A idea do Certame naceu na reunión anual de coordinación entre a Concellería de Normalización Lingüística e as persoas Coordinadoras dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de todos os centros que tivo lugar o pasado mes de outubro de 2020.
Coa colaboración dos 7 CEIP de Moaña (Domaio, A Guía, Reibón, Seara, Quintela, Abelendo, Tirán) o Concello organiza 10 obradoiros de regueifa, un en cada grupo de 5º ou 6º, impartidos polos coñecidos regueifeiros Luís “O Carucho”, Pinto d’Herbón e Lupe Blanco que Terán lugar entre o luns 25 de xaneiro e o luns 8 de febreiro.
Despois, cada aula grava e envía vídeos do seu alumnado regueifando, dos que serán seleccionados 2 vídeos por aula para a fase final. Dada a situación derivada da Covid-19, esta fase será telemática. Os vídeos finalistas publicaranse nun apartado específico da Caranvexo TV, a televisión escolar de Moaña e o día 9 de marzo coñeceremos o vídeo gañador, decidido por un xurado formado por diversas persoas con experiencia e coñecementos no eido da regueifa, da música ou da lingua.
O premio será un roscón, tamén chamado regueifa, para todo o alumnado da aula gañadora. Esta actividade desenvólvese no marco da campaña “Moaña: 21 días en galego” na que, de forma voluntaria, o alumnado se compromete ao reto de usar a nosa lingua as 24 horas do día durante 21 días, entre o 25 de xaneiro e o 14 de febrerio.
A institución académica acada a mellor valoración en transparencia económica e financeira e contratación de servizos no informe Dyntra
La serie, cuya primera temporada se emite en HBO España, afronta sus últimos días de rodaje en la ciudad olívica
The Guardian bautiza el "Galician noir" para destacar el potencial de Galicia como plató de cine y televisión
O colexio descubriu unha placa que lembra que a autora á que se dedican as Letras Galegas estudou no CEIP Sárdoma-Moledo
O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” pasou por As Neves con restricións de asistencia, pero retransmitido polas redes sociais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal