O vindeiro sábado, 19 de marzo, e o domingo, día 20, o Multiúsos Mercado de Sabarís acollerá o I Festival Poético do Concello de Baiona, que nace baixo o nome de “Baiverso”. Os asistentes a este evento, onde a poesía e a música serán as principais protagonistas, poderán gozar da variada oferta cultural programada para a ocasión pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.
O sábado, a partir das 18:00 horas, a cita será coa escritora Mª Xosé Queizán, coa poeta Cynthia Menéndez, e con Law + GazzFunkdation, que ofrecerán unha enérxica e elegante fusión jazz-funk. Ás 19:00 horas poderase gozar do concerto poético de “Cinta Adhesiva”.
O domingo ás 11:30 horas está previsto un taller de “lettering” para o que é necesario facer reserva previa no 986385921 ou en xuventude@baiona.gal . Ás 12:30 horas, en sesión vermú, a nota musical correrá a cargo da actuación de “Xardín Desordenado” e “Graciela Baquero”
O I Festival Poético do Concello de Baiona “ Baiverso” enmárcase dentro do "Mes da Poesía”, un programa de actividades que se desenvolve ao longo do mes de marzo para conmemorar o día 21 de marzo, Día Internacional de la Poesía, a data escollida pola UNESCO para conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade.
A iniciativa completarase coa "Ruta da Poesía", na que se poderá desfrutar da lectura de diversos poemas de autores actuais máis representativos da sección de poesía do catálogo da Biblioteca Pública Municipal de Baiona a través dun roteiro lieterario.
Este mércores 16 de marzo, ás 17:00 horas, na biblioteca, na rúa Manuel Valverde 4-6, terá lugar un obradoiro de poesía e pintura. A partir de poemas e contos lidos e contados, os nenos elixiran elementos dos poemas e os pintarán. Posteriormente intentarase crear un texto orixinal en imaxes con eles. O obradoiro terá unha duración aproximada de 60 minutos e está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 años.
O vindeiro mércores 23 de marzo, ás 17:00 horas, realizarase o Obradoiro de Poesía. “Platero y Yo e outros poemas”, no que se xogará co léxico e as imaxes. Posteriormente, intentarase crear un texto orixinal cos cativos e cativas participantes. O obradoiro terá unha duración aproximada de 60 minutos e está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 años.
O mércores 30 de marzo, ás 17:00 horas, realizarase un obradoiro de poesía para adultos.
Para poder participar nos distintos obradoiros ofertados é necesaria a inscrición previa ata completar o aforo na Bibioteca Pública Muinicipal ou a través do 986 35 59 43.
Nigrán estrena la nueva etapa de los emblemáticos cines de A Ramallosa con la primera jornada de su festival Cinema a Pedal
Alcabre se prepara para disfrutar de sus fiestas. Una estrella del Celta será protagonista de la celebración junto a orquestas como El Combo
O Porriño calienta ya motores para una nueva edición de Porrigalia 2025, su gran fiesta de los Juegos Olímpicos
Piratas de Nabia refuerza su oferta de ocio de verano con más rutas, experiencias a bordo y descuentos especiales para toda la familia
Las titulaciones con la nota de corte más alta son los dobles grado en Matemáticas y Física y en Ingeniería Informática y Matemáticas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL