Netflix impulsará a presenza do galego, o catalán e o eúscaro no seu catálogo en 2022, ao subtitular unha selección de series e películas internacionais xunto coa dobraxe de varios títulos infantís e familiares.
Os títulos publicaranse de forma paulatina a medida que estean dispoñibles no servizo, de maneira que a selección deste ano estará no catálogo de forma completa a finais de 2022. Así, nos próximos meses e ata finais de ano, irase incorporando á plataforma unha selección que inclúe preto de 70 títulos en galego, catalán e eúscaro. Netflix asegura que incluirá títulos novos cada ano.
Segundo fontes da compañía estadounidense, a obra audiovisual que se engadirá ao longo de 2022 representa unhas 600 horas de películas e series internacionais subtituladas, e unhas 60 horas de contido para o público infantil e familiar dobradas nas tres linguas (un total dunhas 200 horas de subtítulos e unhas 20 horas de dobraxe en cada idioma).
Desta forma, os subscritores de Netflix en 190 países poderán acceder a series e películas en catalán, galego e eúscaro como 'Emily en París' ou próximas estreas, como 'The Mother', 'Garra', 'Sandman' e 'Pinocho', de Guillermo del Toro.
"Seguimos esforzándonos por levar as mellores historias a todo o mundo. Este é un paso máis que estamos a dar para fomentar a presenza do catalán, o galego e o eúscaro no noso servizo. Aumentaremos o número de series e películas internacionais subtituladas a estas linguas, ademais da dobraxe de varios títulos infantís e familiares, para que os nosos subscritores poidan gozalos en 190 países. Esta selección estará dispoñible ao longo de 2022 e seguirá crecendo durante os próximos anos", explicou un portavoz de Netflix.
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine
El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía
O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL