Vigo celebrará finalmente a súa Feira do Libro. A cita chegará ao centro da cidade, á rúa do Príncipe, este xoves 25 de xuño e rematará o 4 de xullo. Prevista inicialmente para marzo e adiada pola pandemia do coronavirus, finalmente a literatura galega regresará á cidade.
Será máis cativa, con menos actividades pero coa mesma intensidade e amor polas letras. A Feira do Libro de Vigo será a segunda en celebrarse tras a volta a “nova normalidade” e contará este ano con seis librarías participantes (Librouro, Cortizas, Nobel Gran Vía, Pedreira, Hobbit e A Cata Tola) así como co Centro de Documentación Feminista de Vigo e a Biblioteca Neira Vilas. Como de costume, haberá desconto do 10% nos exemplares.
Segundo explicou o presidente da Agrupación de Libreiros de Vigo, Xurxo Patiño, co gallo de manter a máxima seguridade sanitaria poranse en marcha diversos protocolos de distanciamento social e hixiene que inclúen centralizar as firmas de libros en dúas casetas, non programar actividades paralelas ou aplicar unha desinfección diaria aos postos con luz ultravioleta. Tamén haberá xel hidroalcohólico e se garantirá o distanciamento. Neste mesmo senso, o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura, Anxo Lorenzo, lembrou que “os libros e os documentos non contaxian nada, xa o di o lema da feira”.
Ao longo de dez días programaranse 55 sinaturas de libros que contarán coa presenza de escritores e escritoras como Anxo Fariña, Elba Pedrosa, Lara do ar, Isabel Blanco, D’Angelo, Najla Shami, Manuel Rivas, Francisco Castro, An Alfaya ou Ledica Costas, entre outros. As casetas estarán abertas de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e a inauguración oficial terá lugar o xoves 25 ás 13:00 horas da man da escritora María Xosé Queizán.
Durante a presentación da XLVI edición da Feira do Libro de Vigo, Abel Caballero destacou o labor dos libreiros e do sector como "importante plataforma de transmisión de cultura" e puxo en valor a situación do evento na rúa do Príncipe, diante do MARCO, "no corazón da cidade". Así, convidou a "todo Vigo" e a todos os municipios da contorna a achegarse a gozar da feira e da cultura do libro en Vigo.
Aberto á participación do alumnado dos tres campus da UVigo, o premio entregarase nunhas xornadas que se celebrarán co gallo do 25N
La divertida webserie, resultado de un taller del Curso de Medios Audiovisuais, se estrena este viernes en el Aula de Cine
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL