• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

O cinema emprega a figura da bruxa para perpetuar estereotipos sexistas e a arte para combatelos

O cinema emprega a figura da bruxa para perpetuar estereotipos sexistas e a arte para combatelos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/02/2022

Representada ao longo da historia como un ser malvado, a figura da bruxa foi tamén empregada, desde unha mirada feminista, como símbolo dunha muller perseguida e capaz de rebelarse. Ambas visións atópanse presentes a día de hoxe na forma na que esta figura é abordada nos proxectos audiovisuais, como puido constatar Rebeca López Villar na investigación que levou a cabo para a súa tese de doutoramento, centrada na representación desta figura, tanto no cine e nas series de televisión, como en pezas de videoarte. A súa análise de 80 películas e series e de 34 videocreacións, realizadas entre os anos 2000 e 2019, permitiu á artista e investigadora comprobar como na industria cinematográfica estes personaxes “conservan características negativas e sexistas” e amósanse como unha figura que “dá medo, é moralizante e axuda a fixar determinados estereotipos sexistas”. Pola contra, no eido das artes plásticas, explica, a figura da bruxa emprégase cunha “maior carga política e feminista”, co propósito de “desarticular discursos sexistas”.

“Atopamos que as diferenzas entre os proxectos artísticos e os puramente cinematográficos son considerables”, recoñece López Villar, que combinou a investigación teórica coa práctica artística na súa tese Representaciones de la Bruja en la creación audiovisual contemporánea (2000-2019): videoarte, cine y televisión, que levou a cabo no programa de Creación e Investigación en Arte Contemporánea baixo a dirección da profesora de Belas Artes Susana Cendán. Co obxectivo de observar posibles diferencias no xeito de abordar esta figura, que constitúe, como sinala, “un concepto cambiante, cheo de significados e, ás veces, contraditorio”, López Villar analizou as pezas audiovisuais desde unha perspectiva tanto literaria, como antropolóxica e sociolóxica, coa idea de afondar tanto na súa representación como “personaxe de ficción”, como nas crenzas e supersticións ligadas á súa figura e os conceptos asociados a esta, como “a fealdade e perversidade”. A estas sumou á súa vez, unha “perspectiva feminista”, tanto na análise teórica como na práctica artística, que lle permitiu abordar esta figura como “un símbolo de protesta ou revolución”.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

A “posición política” das artistas

Como explica López Villar, das 80 longametraxes e series de televisión incluídas nesta análise, so dez foron realizadas por mulleres, cuxa presenza na “creación de contido e dirección de películas e series” centradas na figura da bruxa “é considerablemente menor que a masculina”. Pola contra, 28 das 34 obras artísticas analizadas foron creadas por mulleres, o que lle permitiu comprobar, sinala, como cando as artistas “toman as rendas, atenden a problemáticas pouco tratadas polos creadores masculinos”.

Nese senso, as videocreacións estudadas, realizadas por artistas como Ana DMatos, Marta Serna, Jesse Jones, Chiara Fumai, María Cañas ou a profesora de Belas Artes Marina Núñez, así como por “creadoras emerxentes” formadas na facultade, como Laura Murillo, María Cores, Natalia Umpiérrez, Nuria Figueiredo ou Nuria Ferreiro, “traballan, xeralmente, coa perspectiva feminista da bruxa”. Trátase, sinala, de obras que “cuestionan o establecido” e que dan a volta “á idea da muller perseguida nos procesos de bruxería históricos”, eliminando as “características negativas” asociadas a esta e subliñando “trazos como a independencia, a sororidade, o poder ou o coñecemento”.

A arte, “emprega a bruxa para falar de subversión e tomar unha posición política”, sostén a autora desta tese, que sinala “o importante papel que xogaron os movementos feministas” das décadas de 1960 e 1970 á hora de mudar “a consideración da bruxa”, converténdoa nese “símbolo de resistencia”, o que contribuíu a que, engade, “cada vez son máis as autoras e autores que prescinden do negativo e subliñan o carácter feminista” deste personaxe.

Unha industria na que se “reafirma” unha sociedade patriarcal

Pola contra, no caso da industria cinematográfica, “aínda que comezamos a ver unha evolución”, a representación desta figura conserva na maioría dos casos “características negativas e sexistas, como ocorre coa maioría de representacións femininas en xeral”, sostén López Villar. Neste punto, pon de relevo que “aínda que evidentemente a arte tamén busca beneficios económicos”, a cinematográfica é “unha industria que non sempre vai permitir que aparezan en pantalla argumentos contrarios ao aceptado” e que fixo da idea da bruxa un “obxecto de consumo” que, dado “a cantidade de proxectos cinematográficos que protagoniza, parece que funciona economicamente”. De aí que, en termos xerais, conclúe, a súa representación cinematográfica contribúe “a reafirmar os piares dunha sociedade que é, en esencia, patriarcal”.

A este respecto sinala o exemplo dos remakes, xa que varias longametraxes recentes que “retoman relatos tradicionais”, como Blancanieves (2012), Into the woods (2014) ou Cinderella (2015), “non cambian absolutamente nada do argumento bruxesco”. Pola contra, tamén incide en que existen “pequenas excepcións”, que amosan “intentos de renovación”, como o filme Maleficent (2014), que “tentou colocar a feiticeira como protagonista, explicando o motivo da súa maldade”; as longametraxes The witch (2015), The love witch (2016), I am not a witch (2017) e Suspiria (2018) ou as series American Horror Story: Coven (2013) e Chilling Adventures of Sabrina (2018), que “propoñen algúns modelos bruxescos diferentes e certos elementos argumentais que difiren do común”.

Creación que permite “unha posición máis reivindicativa”

De xeito paralelo á análise teórica, a autora desta tese, que desenvolve a súa traxectoria artística baixo o nome de Rebeca Lar, levou a cabo un conxunto de obras que, como explica, “funcionan como unha forma de encher os ocos aos que a investigación non pode chegar”. Nese senso, a xa doutora, recoñece que a práctica artística permitiulle traballar “con conceptos máis subxectivos, tomando unha posición máis reivindicativa”. Como resultado deste proceso, o seu traballo deu lugar a tres exposicións individuais nos últimos anos; Quizais, the end, na galería La Doce, de Boiro, en 2020; Vermello, gritos, tebras, no espazo vigués Apo´strophe Artes ese mesmo ano; e Xuro, perxuro, conxuro, na galería compostelá Os Catro Gatos en 2018.

Temas: CineUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

...

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

...

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

...

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

...

PorIván Dacal
02/05/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X