• TSXG Guns N'Roses
  • Nuevo supermercado Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Vertido Ría de Vigo
  • Navidad A Guarda
  • Navidad Vigo
  • Nuevo mirador
  • Mercado Arte Vigo
  • Magosto Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O Festival de Cans 2020 acollerá a estrea da película "A illa das mentiras", de Paula Cons

O Festival de Cans 2020 acollerá a estrea da película "A illa das mentiras", de Paula Cons
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/07/2020

A estrea do filme "A illa das mentiras”, antes de que a súa distribución chegue ás salas de cinema, servirá para abrir a XVII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 2 ao 5 de setembro. A agardada longametraxe da debutante Paula Cons, comparte ademais protagonismo este ano coa homenaxe a Chano Piñeiro e a súa figura, que o festival prepara para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do seu pasamento. Á figura do creador de clásicos do audiovisual galego coma "Mamasunción" ou 'Sempre Xonxa” adicáselle o cartaz do certame deste ano, a través da figura icónica do seu personaxe Caladiño.

Parte da programación da XVII edición do Festival de Cans presentouse hoxe na compostelá tenda NikisGalicia, cuxo equipo deseña cada ano os cartaces do Festival e apoia a súa celebración. Nesta edición, a seguridade e, de maneira moi especial, trazar un ‘escudo protector’ sobre os maiores de Cans, é o primeiro obxectivo do Festival, que reducirá considerablemente o seu aforo e eliminará os concertos nocturnos, para adaptarse ás medidas de seguridade

Másnoticias

El PP exige dimisiones tras la manipulación de una foto eliminando a su portavoz en Salceda

El PP exige dimisiones tras la manipulación de una foto eliminando a su portavoz en Salceda

01/11/2025
Éxito de público en el arranque de D'Gusta Porriño, la ruta de tapeo más emblemática del área

Éxito de público en el arranque de D'Gusta Porriño, la ruta de tapeo más emblemática del área

01/11/2025

"A illa das mentiras"

'A illa das mentiras’, primera longamentraxe de Paula Cons, acaba de recibir esta semana unha extraordinaria noticia, ao confirmarse a súa participación no Festival de Shanghai, un certamen considerado de Clase A e un dos más importantes do mundo. Este recoñecimento supón un gran aval para o filme, uns días antes da súa chegada á plataforma de pago Filmin, na última semana de xullo.

‘A Illa das mentiras’ recupera a historia do naufraxio do vapor Santa Isabel, en 1921, con centos de emigrantes con destino a Bos Aires abordo, fronte á Illa de Sálvora. Cons, que asina tamén o sólido guión da película, creou a partir desta historia un filme cunha trama abafante, que vai envolvendo a todas as persoas que habitan a illa e levando ós seus personaxes ata o limite.

O fime ten un reparto coral, onde as mulleres da illa, interpretadas por Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca, levan o peso da trama. Outros dos protagonistas do filme son Dario Grandinetti e Aítor Luna, ademais dun nutrido elenco de actrices e actores galegos. Unha gran parte deste elenco estará presente en Cans, no acto de apertura do Festival previsto para o xoves 3 de setembro no Salón do Circulo Recreativo Cultural. Nesta ocasión, seguindo as restrictivas normas de aforo, só 120 persoas poderán aceeder á sala, á través dunha preinscrición previa que o certamen anunciará uns días antes do pase.

Para o director do Festival, Alfonso Pato, é “unha honra abrir o festival cunha persoa tan querida para nós coma Paula Cons. O pasado ano xa nos avanzou as imaxes da súa película na Nosa sección 'Fillxs de Cans’. Tivemos fe cega na película e nas súas posibilidades desde o primeiro visionado".

Paula Cons foi contundente: “Non se me ocorre mellor sitio para facer esta presentación que Cans, porque vai ser a primeira vez que esta película se vexa no seu fogar natural que é unha pantalla grande, así que vai ser unha presentación cargadísima de emoción, de electricidade”. Cons, que asegura que ao equipo da película “faille tanta ilusión levar a película a Shangai coma ao Festival de Cans”. Por iso, aclarou, “tanto dende o equipo de ‘A illa das metiras’ coma dende o Festival fixemos un esforzo moi grande para poder presentar aquí, en pantalla grande, esta película tan fondamente galega”.

A actriz Victoria Teijeiro, unha das protagonistas da película incidiu durante a presentación en que ’A illa das mentiras’, malia contar unha historia acontecida en 1920 “é moi actual, unha historia de mulleres, e de xente que tiña que amigrar para traballar, que sufriu un naufraxio…”.

Aforo reducido e venda de entradas

A presidenta da Asociación Cultural Arelas, Keka Losada, explicou que “foi un gran esforzo chegar ata aquí. Queremos facer un certame moi especial, con prudencia e responsabilidade, con moi poucas entradas esta vez". Malia as dificultades, Losada lembrou que "hai moitas persoas que apoian Cans ano tras ano e que sabemos que van estar aí"

As entradas poderán mercarse na tenda online do festival de Cans (preme aquí), as 200 únicas entradas de mañá e outras 200 de tarde que o certame sacará á venta este ano para ver as curtametraxes a concurso. Só sairán á venda en packs con camisola, con prezos que van variar entre os 20 e os 25 euros, e que incluirán tamén accesos á coloquios e ás actuacións musicais para o público sentado.

Nesta edición só poderán acceder ás proxecións, coloquios na Leira, e aduacións persoas que teñan unha entrada, debido á necesidade de ter un control do aforo. Todas as persoas deberán cumprir as normas vixentes de uso de mascarilla, hixiene e distancia mento social.

Sobre o cartaz, Fabián Moldes, director de Produción de Nikkis Galicia, explicou que é unha homenaxe a Chano Piñeiro, a través do personaxe emblemático de Caladiño, que representa á Galica máxica e soñadora, coa súa bicicleta voadora”.

Temas: A LouriñaFestival de Cansfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia
Enfoque

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

Es el mejor estreno independiente de la semana en Galicia solo superada por Chainsaw Man - La Película: El arco de Reze

PorUxía Pérez
01/11/2025
'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar
Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X