• Futura hamburguesería Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Cierre en Churruca
  • Ruta gastro Vigo
  • Oferta Vueling
  • Fiesta náutica
  • Festa da Sidra Vigo
  • Investigación Baiona
  • Entradas Celta Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O Primavera do Cine volve converter o Marco e o Instituto Camões en cinemas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/04/2019

O festival Primavera do Cine é un auténtico tributo á sétima arte. Ademais de achegar o cine aos barrios coas sesións do cinema ao aire libre, o evento volve converter ao Museo MARCO e o Instituto Camões en dúas salas de cinema. Ambos emprazamentos volverán a acoller a proxección das curtametraxes da sección oficial, un apartado que está composto por máis dunha trintena de obras galegas, lusófonas e de animación que se poderán gozar dende o 30 de abril ata o 5 de maio.

O próximo 30 de abril dará comezo a sección oficial da nova edición Festival Primavera do Cine en Vigo. Nesta ocasión, para o apartado de curtametraxes, realizouse unha selección de 34 traballos. Entre as obras escollidas cabe destacar Madness de João Viana ou Altas cidades de Ossadas, de João Salaviza, ambas estreadas na Berlinale, Mariñeiro de Juan Galiñanes, unha peza documental con Celso Bugallo ou Americano, o último traballo do vigués Fon Cortizo.

Másnoticias

Vigo se despide de uno de sus templos de la noche y la música en la ciudad

18/09/2025

Vigo gana una nueva ruta gastronómica con tapas llenas de fantasía para el público más 'freak'

18/09/2025

Sección galega

Nesta edición serán nove os traballos que conforman a sección oficial de curtametraxes galegas e dividiranse en dous bloques.

Dentro do primeiro bloque atópanse: Mariñeiro de Juan Galiñanes, un falso documental protagonizado por Celso Bugallo que aborda as dificultades do traballo no mar e que recibiu a Mención Especial do Xurado na última edición do Ourense Filme Festival (OUFF); Plus ultra de Samuel M. Delgado e Helena Girón, unha peza de ficción experimental que fabula sobre a colonización; ou Beautiful Boy de Fran X. Rodríguez, unha historia sobre o consumismo que estivo nomeada a Mellor Curtametraxe na última edición dos Premios Mestre Mateo.

No segundo bloque poderanse ver: A nena azul de Sandra Sánchez, unha cinta de ton fantástico sobre a filla dun mariscador furtivo que non atopa ao seu pai; Americano de Fon Cortizo, un documental impactante sobre a vida de Xavier, un poeta cun pasado tráxico que atopou na poesía unha saída á dor e a ira; ou Uganda de Fernando Tato que profunda na necesidade que temos de cando en vez de revelar os segredos que nos oprimen.

Sección lusófona

Esta sección compóñena ata un total de 12 traballos en lingua portuguesa de diferentes países distribuídos en tres bloques. O pistoletazo de saída á nova edición do Festival Primavera do Cine, darao o primeiro bloque o 30 de abril ás 19:30 horas no Auditorio do Instituto Camões.

Os asistentes a este primeiro pase gozarán de historias como Madness de João Viana, estreada na Berlinale de 2018, unha historia que reflexiona sobre o colonialismo e como pode chegar a converterse nunha enfermidade mental.

No segundo bloque de curtametraxes lusófonas destacan: Equinócio de Ivo M. Ferreira, un drama sobre a perda da memoria; Altas cidades de Ossadas de João Salaviza, un relato sobre Karlon, o pioneiro do Cape Verde Creole Rap e estreado na Berlinale de 2017; ou Terrain Vague de Latifa Saïd, seleccionado en TISFF de Grecia en 2017 ou no Festival Internacional de Curtametraxes Vila do Conde.

O último bloque está composto por pezas como: Pele de luz de André Guiomar, un documental sobre a persistencia da maxia negra nalgunhas comunidades de Mozambique e que formou parte da sección oficial de Doclisboa 18 e gañou o Premio do Xurado ao Mellor Curto da Categoría A Raia no Festival Internacional de Curtos Via XIV de Verín; ou Flutuar de Artur Serra Araújo, unha historia en clave poética sobre a mesquindade e o absurdo.

Sección de animación

Para pechar a selección de curtametraxes do VIII Festival Primavera do Cine haberá ata 13 curtametraxes de animación divididos en dous bloques.

No primeiro deles poderanse ver pezas como: El rejoj de Borja Santomé, unha curta en branco e negro de estilo pictórico que trata sobre a viaxe interna e externo da costa á gran cidade en clave de experimentación pasional; Á tona de Filipe Abranches, a curiosa historia do naufraxio dun aviador que obtivo a Mención Especial do Xurado na Monstra do Festival de Animaçao de Lisboa de este mesmo ano; Soy una tumba do recoñecido animador Khris Cembe que conta a historia do paso forzado á madurez dun neno ao ser testemuña dun crime e que obtivo o Premio do Público e o Premio á Mellor Curtametraxe Nacional no 3D Wire Fest e tamén o premio á Mellor Curtametraxe de Animación nos últimos Mestre Mateo; ou Rãzao entre dois volumes de Catarina Sobral que obtivo a Mención Especial do Xurado no Short of the Year en 2018.

No segundo inclúense cintas como: La noche de Martín Romero, unha idílica aventura de amor entre unha muller lúa e un home lobo; Luscofusco de Javier Portomeñe que nos ensina todos eses seres máxicos que só se poden ver durante o luscofusco; ou Entre Sombras de Mónica Santos e Alice Guimarães, un traballo que obtivo múltiples premios e mencións como Mellor Curta de Animación pola Academia Portuguesa de Cinema (2019) o Premio do Público á Mellor Curta na Monstra Lisboa Animated Filme Festival (2019) ou o Premio do Público no Piccolo Festival of Animazione (2018) entre outros.

Temas: Festival Primavera do Cine de Vigofestivalesfestivales de cinefestivales de cine en GaliciaPrimavera do CineVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X