Os libros apodéranse do corazón de Vigo

O centro de Vigo é unha festa cultural. Centos de persoas atópanse dende este xoves 26 de xuño cunha nova edición da Feira do Libro de Vigo, un certame que se estreou co pregón de Inma López Silva. A escritora nada en Santiago de Compostela e autora de libros como “Neve en abril” ou “Memoria de cidades sen luz” apelou a esas tradicións vigueses, a esas singularidades que ten a urbe galega como chamar “patatillas” ás patatas fritas ou a esa rebeldía ao volante nas turborrotondas. López Silva amosou na súa intervención a súa fantasía. “Montar unha librería en Vigo, unha librería pequena”. A pregoeira seguiu amosando os seus soños, un mundo paralelo no que a xente lle pedía aos autores galegos autógrafos como outra xente fai con Mario Vargas Llosa ou Michael Crichton.

Inma López Silva fixo unha defensa da lingua, da nosa cultura galega. Non esqueceu esa irrupción da extrema dereita, esa dereita “cosmopaleta” que considera o galego máis como unha ameaza que como unha oportunidade. A escritora tampouco esqueceu do entorno, dese decorado no que desenvólvese esta nova edición da Feira do Libro de Vigo, un evento que terá lugar a carón dun edificio tan emblemático como o MARCO, un museo na actualidade que outrora foi prisión.

A Feira do Libro de Vigo está composta por quince casetas, ‘stands’ que xa este mesmo xoves xa recibían a clientes de todas as idades. Todas aquelas persoas que queiran mercar un libro terán a súa disposición un desconto dun 10%. A oferta é moi variada. Hai dende publicacións comerciais e diferentes xéneros para satisfacer todos os gustos literarios. En definitiva, miles de historias, reais ou ficción, para comezar o verán coas mellores lecturas.

O evento que terá lugar ata o vindeiro 6 de xullo tamén ofrecerá unha morea de actividades que se desenvolverán nalgún dos ‘stands’ participantes, con dúas bibliotecas (Neira Vilas e Juan Compañel), a editorial Galaxia, o Centro de Documentación Feminista de Vigo e dez librarías (Cortizas, Pedreira, Cartabón, Nobel Gran Vía, Lafer, Don Papel, Casa del Libro, Mendinho, Librouro e Libros para Soñar).

A continuación, podes consultar a programación completa:

Xoves, 27 de xuñoVenres, 28 de xuñoSábado, 29 de xuñoDomingo, 30 de xuñoLuns, 1 de xulloMartes, 2 de xulloMércores, 3 de xulloXoves, 4 de xulloVenres, 5 de xulloSábado, 6 de xullo
12:30 h - INAUGURACIÓN co pregón de Inma López Silva

18:00 h SINATURA Cándido Paniagua Pousa asina "O caderno de erros" na caseta de Nobel Gran Vía
19:00 h PRESENTACIÓN de Beleza Vermella, de Arantza portabales acompañada por Diego Giráldez e Francisco Castro
19:00 h SINATURA Juan José Rodríguez Castro asina "El aroma de las cartas de la tata Rosa" na caseta de Librouro
19:00 h SINATURA Raquel Senra, ilustradora de "Conto da travesía das musas" asina na Libraría Don Papel
19:45 h PRESENTACIÓN da colección Feminismos de Galaxia con Inma López Silva, Carme Adán, Chis Oliveira e Amada Traba
20:30 h PRESENTACIÓN de "Por puntos" de Manuel Portas

12:00 h SINATURA Lucía Lourido Moldes asina “Más meditación, menos medicación” na caseta Nobel Gran Vía
12:00 h INFANTIL Contacontos en Lingua de signos con Esther García
12:30 h OBRADOIRO básico de LSE con Esther García
18:00 h SINATURA José Julio asina “O cirrio e o dron” na caseta da Libraría Pedreira
18:00 h INFANTIL Concerto presentación de “Canta miña pedra canta” con Xoán Curiel
19:00 h SINATURA Óscar Vázquez Lima asina “Ángeles Robados” na caseta de Librouro
19:15 h PRESENTACIÓN de “A casa do paralelo 54” de Iria Collazo López
20:00 h PRESENTACIÓN de “Aprende Banda Deseñada” con FIZ de Kiko da Silva
20:00 h SINATURA Diego Giráldez asina na caseta de Mendinho

12:00 h SINATURA Isabel Villanueva asina “O galego mola” na caseta da libraría Don Papel
13:00 h ESPECTÁCULOS “Cantos de traballo das mulleres do mar”. Banda sonora da novela “A gran travesía de Chiruca Macallás”. Espectáculo musical de Xurxo Souto
17:30 h PRESENTACIÓN de “Sementes viaxeiras” de Yolanda Castaño e Xosé Tomás
18:00 h SINATURA Marcos Viturro Gómez asina “Patadas na boca” na caseeta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “Pelo de nube” de Dani Vieitez e Iria Iglesias
19:00 h SINATURA Luís Denis Crispin asina “Paraños” na caseta de Librouro
19:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo

12:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo
18:00 h SINATURA Gabriel G. Estévez asina “Matrioskas” a caseta de Nobel Gran Vía
19:00 h SINATURA Sonia Mirón asina “Mi corazón en una caja de zapatos” na caseta de Librouro
19:00 h SINATURA Héctor Cajaraville asina na caseta da libraría Pedreira
19:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo

17:00 h ESPECTÁCULOS Recital poético do grupo Habelos Haylos
17:30 h PRESENTACIÓN de “El Amor aún sabe donde vivo” de Esther González Sánchez
18:00 h SINATURA Esther Álvarez Pérez asina Tinta de Limón na caseta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “A utopía que diluíu o vento” de Suso Díaz con Miguel Alonso e Xosé L. Méndez Ferrín
19:00 h PRESENTACIÓN de “Anatomía de un abrazo” de D’Angelo. Participan Yago Spark, Natary Feel e Cedecé
19:00 h SINATURA José K. Cancelo Enríquez asina “La logia del tránsito” na caseta de Librouro
19:45 h PRESENTACIÓN de “O último barco” de Domingo Villar

11:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta da libraría Lafer
17:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta da libraría Lafer
18:00 h INFANTIL Concerto – presentación de “A nena e o grilo” con Magín Blanco
18:00 h SINATURA Yesica Prol asina “El guardabosques” na casta de Nobel Gran Vía
18:00 h SINATURA Anaír Rodríguez e Abi Castillo asinan “Pioneiras 2” na caseta da secretaría
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
19:00 h PRESENTACIÓN de “Dragal V” de Elena Gallego Abad coa participación de Fran Alonso e posterior sinatura na Secretaría
19:30 h PRESENTACIÓN de “Os tempos e o clima de Galicia” de Alberto Martí, Joan José Taboada, Dominic  Royé e Xavier Fonseca
20:00 h SINATURA Antonio Seijas asina “O soño da serpe” na caseta de Librouro
20:00 h COLOQUIO “Vigo, cidade de novela” con Pedro Feijoo, Manuel Esteban e Ledicia Costas. Modera Fran Alonso

18:00 h SINATURA Mónica Penas Vázquez asina “Ovo de paspallás” na caseta de Nobel Gran Vía
18:00 h OBRADOIRO arredor do libro QuokkaMoka de María Solar e o ilustrador Víctor Rivas
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
18:30 h SINATURA Luís Dávila asina “O bichero” na casta de Librouro
18:30 h SINATURA Anxo Fariña asina na caseta da Secretaría
19:00 h COLOQUIO “Contra todo isto: Vivir sen permiso. A literatura e o pensamento en liberdade” por Manuel Rivas
19:00 h SINATURA Manuel Esteban asina na caseta da Libraría Pedreira
19:45 h PRESENTACIÓN de “Rosalía feminista” de Helena González Fernández, participa Fran Alonso
20:00 h SINATURA Iolanda Zúñiga asina na caseta da libraría Cartabón

11:00 h SINATURA Salvador Beloso asina “Memorias Instituto Santa Irene” na caseta de Nobel Gran Vía
17:00 h SINATURA David Gil Porteiro asina “Un regalo de vida: la historia de 700” na caseta da libraría Lafer
17:15 h PRESENTACIÓN de “El legado de la Salamandra” de Dossy Domaher. Participa Marcelo Saffores e Montse Copa
18:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “As nosas letras de Muller a Muller” pola ilustradora María Eiras
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
18:30 h SINATURA Ledicia Costas asina na castea da Secretaría
18:45 h PRESENTACIÓN de “Penumbra” de Daniel Landesa
19:00 h SINATURA Xosé Manuel González “Oli” asina “Ratos de viaxe” na casta de Libros para Soñar
19:30 h SINATURA Ana Fontenla asina na caseta da libraría Pedreira
20:15 h PRESENTACIÓN de “Galileo no espello da noite” de Xabier Paz
20:00 h SINATURA De Ana Cabaleiro na caseta da libraría Cartabón

11:00 h SINATURA Daniel Ugarte Otero asina “O coala” na caseta de Nobel Gran Vía
17:00 h SINATURA Antía Eiras asina “Los príncipes no existen… ¿o sí?” na caseta da libraría Lafer
18:00 h INFANTIL Concerto – presentación de “Cantamos” de Luis Vallecillo
18:00 h SINATURA Yesica Prol asina “El guardabosques” na caseta da libraría Nobel
19:00 h SINATURA Daniel Asorey asina na caseta da libraría Pedreira
19:00 h SINATURA Xosé Manuel González “Oli” asina “Ratos de viaxe” na caseta de Libros Para Soñar
19:15 h PRESENTACIÓN de “Actrices secundarias” de Clara do Roxo
20:00 h PRESENTACIÓN de “Versos e viceversos” de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martínez Ramos coa participación de An Alfaya
20:00 h SINATURA María Xosé Porteiro asina “Sándalo” na caseta de Librouro

12:00 h SINATURA Juan José Prieto Perrote asina “La sonrisa eterna” na caseta de Nobel Gran Vía
13:00 h COLOQUIO Falando de libros con… Elba Pedrosa e Selina Otero
17:00 h SINATURA Dona Ter asina “Crash Boom Bang” na libraría Lafer
18:00 h SINATURA Tito Pérez asina “O latexar do barrio” na caseta de Nobel
18:30 h INFANTIL Brinca Vai! De aquí para acolá! Con Paco Nogueiras
19:00 h SINATURA Óscar Sánchez Fernández asina “El mar es nuestro” na caseta da libraría Mendinho
19:00 h SINATURA Ramón Otero asina “Relatos para soñar” en Librouro
19:00 h SINATURA Nesa Costas asina “La broma” na caseta de Lafer
19:00 h SINATURA Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín asiann “Versos e viceversos” en Libros para Soñar
20:00 h PRESENTACIÓN de “Sulagar o soño” de Montserrat Villar González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*