En xullo de 2011 chegaba as tendas un novo disco titulado “Admirando a condición”. Era o primeiro álbum de estudo de María Xosé Silvar, ou máis ben, de Sés. Agora, seis anos despois, a cantaoutora bergantiñá dálle unha volta a ese primeiro disco. (Re)edítao, (re)faino e (re)admírao.
Este primeiro de decembro, Sés volve cun novo tema ollando ese primeiro disco. Chega cunha peza inédita, “Readmirando a condición”, que abre o seu xa quinto disco que suma ademais as once cancións dese primeiro álbum.
A cantautora galega, que fai soamente un ano presentaba un novo disco “Opoñerse á extinción”, marcado polo blues e o rock máis autóctono, reedita agora o seu primeiro álbum con este tema inédito marcado, como de costume, pola denuncia social chea de actualidade.
Así, en “readmirando a condición” Sés tira de refraneiro popular para “rir por non chorar” ante as incoherencias, amansamento e falta de xuízo crítico da sociedade.
“Que morra a coherencia, benvidos os farsantes” porque “non hai necesidade de recapacitar”. O novo tema enfróntanos as nosas contradicións máis profundas coa musicalidade habitual dunha das máximas expoñentes da música galega contemporánea.
O novo álbum poderase mercar a partir de 1 de decembro na súa páxina web oficial e tamén no Culturgal que esta fin de semana se celebra en Pontevedra, onde estará asinando discos.
Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series
Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse
"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados
Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar
Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL