O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres, 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 100 persoas).
Numerosas personalidades relevantes do mundo do audiovisual, que van desde actrices e actores ata directores e profesores, estarán presentes nestes coloquios, concibidos para abordar e poñer diante do público temas e actualidade que afectan ao mundo do cine, pero tamén da sociedade xeral. Os coloquios de AISGE -promovidos co apoio da Fundación AISGE, que rexe os dereitos de actrices e actores- serán un dos grandes atractivos das matinais do Festival de Cans.
O mércores, 23 de maio, estes encontros abriranse cun coloquio sobre pioneiros no oficio da intepretación, onde se analizará a evolución da profesión de actriz e actor nas últimas cinco décadas. A presenza de Manuel Lourenzo, agora nun momento de gran popularidade polo seu papel de Vicente Otero “Terito” na serie “Fariña”, será un dos grandes atractivos destes coloquios. Fóra desa enorme popularidade, Lourenzo é unha figura dunha extraordinaria dimensión, tanto como dramaturgo, como ensaísta, ou como actor nas orixes do teatro galego, e un gran narrador á hora de contar anécdotas arredor da súa ampla traxectoria. Neste coloquio, estará acompañado de Pilar Pereira, unha das actrices galegas de máis longa traxectoria, con multitude de papeis en máis de 50 anos de carreira no cine, no teatro ou nas curtametraxes.
O xoves, 24 de maio analizaranse as desigualdades entre actrices e actores e o debate que se está producindo sobre todo nos últimos meses, coas actrices Berta Ojea, Tamara Canosa e Mariana Fernández como relatoras. Berta Ojea é unha actriz de amplísima traxectoria que acadou gran popularidade no cine co papel de Ofelia no filme Mortadelo y Filemón de Javier Fesser, mais tamén unha profesional de referencia en ámbitos de igulaldade, desde a Secretaría de Igualdade da Unión de Actores y Actrices, que ela representa. Pola súa parte Tamara Canosa, que acaba de rodar o filme Trote con Xacio Baño e participou en filmes como Pradolongo, co que acadou un Mestre Mateo á mellor actriz, é unha destacada activista na defensa dos dereitos das mulleres no audiovisual, ademais de ser a vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual. O coloquio complétase coa presenza de Mariana Fernández, agora presente na serie “Fariña”, pero tamén antes moi popular polo seu papel de Maribel no “Show dos Tonechos”. Mariana Fernández é ademais profesora da Universidade de Vigo onde imparte clases de dirección escénica.
Por último, o venres 26 de maio, os Coloquios de AISGE estarán dedicados ao acoso sexual, tratando de analizar este tabú que se está derrubando desde hai uns meses. A actriz Nieve de Medina, coñecida por filmes como Los lunes al sol e El Bola, a coñecida actriz galega Nieves Rodríguez, Presidenta de AAAG (Asociación de actrices e actores de Galicia) e Isabel Blanco, delegada en Galicia de AISGE e Chimpín de Prata deste ano en Cans, protagonizarán o terceiro deste encontros.
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La Feria del Libro inaugura su primera jornada de vuelta a la Alameda de Vigo con Ledicia Costas y Pedro Feijoo entre los favoritos
O novo servizo da Universidade de Vigo ofrece á comunidade universitaria asesoramento para exercer calquera dereito básico
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL